Mostrando entradas con la etiqueta Da Pequena Historia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Da Pequena Historia. Mostrar todas las entradas

30/12/07

Cuíña e a EFL

Xosé Cuíña non era, nin moito menos, un asiduo do campo de fútbol, pero remexendo no arquivo fotográfico da Escola de Fútbol Lalín atopamos unha imaxe que nos relaciona, aínda que só sexa un chisquiño. Trátase da tomada naquel sábado 13 de Decembro do 2003, cando se procedía á inauguración do campo de fútbol de herba artificial. Nun discreto segundo plano, á dereita, atopamos ao político de Filgueira acompañado de xogadores da Escola e doutras personalidades (Fraga, Louzán e Crespo). No seu pasamento, convén recordalo na nosa Pequena Historia.

25/11/07

O escudo da EFL

A EFL tén un escudo oficial, e a ninguén dos que estivemos metidos na movida inicial se lle escapa que foi algo así como para saír do paso. A encarga fíxoselle no ano 2003 a Francis, o de Marcaxe, quen, seguindo as nosas indicacións, elaborou varios bocexos como os de arriba, para logo resolvermos nunha reunión coma moitas das que tiveron lugar daquelas, cando a Escola empezaba a camiñar. Seguramente é discutíbel a escolla, pero por ser prácticos e simples, optouse pola da esquerda abaixo. E listo.

18/11/07

Da 1ª tempada da EFL: 2003-2004

Esta foi a foto oficial da Escola de Fútbol Lalín na súa 1º tempada de existencia, a 2003-2004. Desde aquelas houbo moitos cambios (entre eles un aumento espectacular de xogadores, algúns adestradores que se foron e outros que viñeron, pasar de 6 a 10 equipos, nova Directiva, etc), pero se algo queda deste enorme labor é que, sen dúbida, serviu e serve de sementeira para o deporte e para a formación persoal. Algúns dos rapaces que están nesta foto compiten en categorías superiores, outros farano axiña, algúns non. Moitos seguen con nós, intentando aprender, xogando, pasando o tempo. Pero todos facendo amigos. A historia da nosa Escola, como a propia vida, é o que ten. Por iso cando botamos a vista atrás, xa na quinta tempada da EFL, decatámonos de que foi cousa de todos e que todos aprendemos algo. E seguiremos nese empeño.
E agora: búscate entre os "fundadores"!

8/11/07

ai, aqueles xuvenís!

Foi o primeiro equipo da categoría xuvenil da Escola de Fútbol Lalín. Tempada 2004-2005. Os siareiros máis botados para diante dicían de todo (sempre malo), e entre o Equipo Técnico a máxima era que, de inicio, "nin lle apuntaban".
Entón chegou Xulio Mariño. E tocoulle ao novato. Pero sacou o látigo e... Chapeau para el. Traballo intenso e serio cun plantel no que había moitos rapaces que fixeran de todo menos xogar ao fútbol. Xa na metade da liga para gañarlles había que ir ao libro. Ao final, como corrían, como competían!
En fin, ondandarán aqueles xuvenís do 2004?

3/11/07

"O truco"

Investigando na galería de recordos da EFL, acabamos de descubrir o truco empregado por "mister ascenso" nas celebracións do remate do partido. O exemplo aconteceu no sufrido partido de volta da Fase de Ascenso Infantil contra a Comercial de Lugo na tempada 2004-2005. E como tres imaxes valen máis que mil palabras, obsérvese atentamente a secuencia de fotogramas.
Foto 1: Inicio da xogada. Montouto e mais o equipo collen carreira ao lonxe.

Foto 2: Xa preto dos siareiros e en velocidade, orde de mergullarse.
Foto 3: Remate da faena. O mister bota o freo e todos a rasparse.
Habilidoso, cando menos.
Pero agora estades avisados.

31/10/07

Aquel partido, aquel recordo

Foi o primeiro equipo campión de Liga da Escola de Fútbol Lalín, o que todos admiraron, o que todos animaron. E pasou á nosa pequena historia. Pero ese día cadrou triste. Vese nas facianas, nas maneiras, nas mesmas bágoas pasadas adrede a sepia. Porque se todas as derrotas doen, aquela derrota co Callobre na casa doeu aínda máis.

28/10/07

Clásicos da EFL


Nunca faltarán nunha galería dos nosos xogadores, pero son algo máis ca iso. Sons eses que sempre están aí, forman parte de nós, como tamén a EFL forma parte das súas vidas. Son, en definitivas, clásicos.