Resolveuse parcialmente a quiniela do Equipo Técnico da EFL.
Despois de intentar conseguir a fichaxe dalgúns adestradores que fixesen posíbel presentar un cadro técnico máis completo (incluso cun especialista en porteiros), os adestradores para a vindeira tempada serán:
César Reboredo seguirá de coordinador e adestrador do equipo xuvenil.
Xabier Montouto fará o mesmo, levando o Cadete A, e
Toño García terá a seu cargo o cadete B.
En infantís:
Richi Vázquez será coordinador da categoría e adestrador do equipo A, e
Xabier Quiroga pasa a ocuparse do Infantil B.
Rafa Dacosta incorpórase á categoría Alevín como coordinador, onde segue
Willy Alonso como adestrador.
Xabier Sueiro prosegue de coordinador e adestrador de Benxamíns, con
Pablo Castro como adestrador. A fichaxe sorpresa para esta categoría é TOÑO GONZÁLEZ, que compatibilizará o seu traballo na EFL co de xogador do CD Lalín.