Trátase da 1ª experiencia cun vídeo neste blog. A ver se sae.
A toma, moi caseira (polo tanto, magnífica) realizouse nas finais do Torneo interno (ou internacional?) da categoría pre-benxamín. Sueiro estaba alí para dar fe deste momento para a historia. A barreira de catro xogadores que se forma ante unha falta directa é un modelo a copiar por cantas escolas de fútbol desexen mellorar nesta estratexia. Pasará aos anais da EFL e do You Tube. Palabra.30/12/07
Cuíña e a EFL
29/12/07
Camilo "contactando"


27/12/07
II Torneo Alevín de Nadal en Compostela

O equipo da EFL, dirixido por Rafa Dacosta, CAMPIÓN en Compostela.
Resultados e goleadores dos partidos:
EF Lalín-Cambados:7-3 (Adrián 4, Manu 2 e Rodrigo)
Cambados-Conxo: 6-6

-E teremos.
26/12/07
Finais do Torneo Interno Pre-Benxamín
25/12/07
FELIZ NAVIDADE da EFL

Segundo lemos en Vieiros.com:
Moito antes de que o Papá Noel ou Santa Claus viñese importado dende outras latitudes, en Galiza había unha figura mítica propia do Nadal: O Apalpador. Mais nestes tempos de présa e consumo, o persoeiro autóctono ficou no esquecemento.
O Apalpador seica é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesa das altas montañas. Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Caladiñamente, apalpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben alimentados. Logo de desexarlle que no ano vindeiro non pasasen máis fame, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.
Algúns cren que se trata dun costume de orixe pre-cristián que no seu momento debeu estar espallado por todo o país e que foi desaparecendo progresivamente.
Bo Nadal e deportivo Aninovo
Algúns cren que se trata dun costume de orixe pre-cristián que no seu momento debeu estar espallado por todo o país e que foi desaparecendo progresivamente.
Bo Nadal e deportivo Aninovo
20/12/07
O Partido
18/12/07
Collendo estilo

16/12/07
As "batallas" de Mario
Aínda que todos sabemos do valor de Mario García Louzao, o capitán do equipo Infantil A e participando no cadete B da EF Lalín, pode que moitas veces pase desapercibido "ese outro labor" de conxunto, sobre todo cando xoga no medio campo. Polas instantáneas que tiramos no partido contra o Cidade de Santiago vemos mellor tal comportamento.
Mario sempre está disposto a competir, sempre aparece activo, sempre dando axudas aos compañeiros, sempre cortando o balón ou o xogo dos contrarios, sempre poñendo toda a carne no asador e entregándose ao máximo. Porque converte cada xogada de cada partido nunha auténtica batalla que dá os seus resultados e beneficia aos demais. Nunha Escola coma a nosa, na que intentamos que predomine o xogo combinativo, Mario é un exemplo a seguir, porque o fútbol tamén é contacto e pundonor. Por iso, Chapeau para el!

4/12/07
COMENTARIOS no blog
Apertura a comentarios.
Ata hoxe tiñamos pechada a posibilidade de escribir comentarios no blog da EFL. Os exemplos do que se ve en Internet eran e son o suficientemente irrespetuosos como para permitilos. Se agora abrimos esta posibilidade é a modo de proba: para que fagades suxestións, comentedes o que vos preocupa, digades o que queredes dicir e fagades que todo mellore, pero sen insultos, evitando a linguaxe soez e vulgar ou as opinións infundadas e irrespetuosas cara a entidades ou persoas. Esa será a única limitación.
Se logramos que os nosos comentarios ou opinións sexan formativos e educados, como pretendemos que sexa a Escola de Fútbol Lalín, seguiremos permitíndoos. Así que, xa que esta bitacora é cousa de todos, participar toca!
Se logramos que os nosos comentarios ou opinións sexan formativos e educados, como pretendemos que sexa a Escola de Fútbol Lalín, seguiremos permitíndoos. Así que, xa que esta bitacora é cousa de todos, participar toca!
2/12/07
Cheroki: un infantil en Liga Galega cadete

O sr. Floro, un clásico

Golpe de autoridade

Nun esperado partido no que se enfrontaban os dous primeiros clasificados da Liga Alevín, SD Cruces e EF Lalín A, con moito ambiente e público nas gradas, o equipo que dirixe Willy deu un golpe de autoridade na competición e venceu cun contundente 10-1, o que deixa a Liga case (porque tampouco convén fiarse) sentenciada.
Cun xogo combinativo espectacular e un equipo moi ben estruturado, no que as individualidades estaban ao servicio do colectivo, os lalinenses, da mao dun matador Adrián, puxeron en pé a un público emocionado (o lalinense) e resignado (o cruceño).
Noraboa, rapaces!Cun xogo combinativo espectacular e un equipo moi ben estruturado, no que as individualidades estaban ao servicio do colectivo, os lalinenses, da mao dun matador Adrián, puxeron en pé a un público emocionado (o lalinense) e resignado (o cruceño).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)