29/2/08
Damián, reforzo para os Xuvenís
26/2/08
Partidos importantes esta fin de semana

Pola súa banda os Alevíns A renden visita ao poderoso Cruces, o 2º clasificado a 3 puntos. Trátase do derbi final que xa vai decidir a liga. Tralo 10-1 da 1ª volta os de Willy non poden confiarse e no Camballón deben xogar tan ben como saben ante un rival que, ollo, só perdeu o partido de Lalín.

Finalmente, trala victoria ante todo un Nicrariense, os Xuvenís de César xogan un partido a cara de can ante o Carreira, rival directo ao que poden deixar ferido de morte. Se ao final descenden seis, só vale a victoria, pois os demais seguen sumando. A pregunta que nos facemos é: quen xogará porteiro?
20/2/08
Iker, Convocado coa Selección Galega!
De inicio trátase dun adestramento (que terá lugar hoxe mércores, 20 de febreiro do 2008, ás 16.00 horas no campo de Calo), pero todos o vemos como outro paso adiante.
É unha magnífica noticia para o xogador, para a súa familia, para a EFL e para todo o deporte dezao. Pola nosa parte só nos queda felicitalo e desexarlle moita sorte.
As fotos da EFL pertencen á tempada inicial (2003-2004) en alevíns, e a actual (2007-2008) en cadetes.
16/2/08
COMENTARIOS no blog
Apertura a comentarios.
Ata hoxe tiñamos pechada a posibilidade de escribir comentarios no blog da EFL. Os exemplos do que se ve en Internet eran e son o suficientemente irrespetuosos como para permitilos. Se agora abrimos este espazo é a modo de proba: para que fagades suxestións, comentedes o que vos preocupa, digades o que queredes dicir e fagades que todo mellore, pero sen insultos, evitando a linguaxe soez e vulgar ou as opinións infundadas e irrespetuosas cara a entidades ou persoas. Esa será a única limitación.
Se logramos que os nosos comentarios ou opinións sexan formativos e educados, como pretendemos que sexa a Escola de Fútbol Lalín, seguiremos permitíndoos. Así pois, xa que esta bitacora é cousa de todos, TOCA PARTICIPAR!
Ah, e por favor, MELLOR EN GALEGO
Se logramos que os nosos comentarios ou opinións sexan formativos e educados, como pretendemos que sexa a Escola de Fútbol Lalín, seguiremos permitíndoos. Así pois, xa que esta bitacora é cousa de todos, TOCA PARTICIPAR!
Ah, e por favor, MELLOR EN GALEGO
6/2/08
Adestradores EFL 2007-08
Trofeos da tempada 2006-2007
Quen máis o celebraron foron os cativiños, aínda que moitos deles xa pertenzan a unha categoría superior.
A nós só nos queda felicitalos e intentar que sigan nesa liña de traballo e bo comportamento.
Festa no Pontiñas

Fotos, bo ambiente e entrega de trofeos, para corresponder á colaboración que desde a xerencia do centro comercial teñen acordada coa directiva da Escola de Fútbol Lalín. Sen dúbida foron os máis pequenos os verdadeiros protagonistas. Acudiron en masa, levaron aos pais e formaron a festa coa súa alegría, ademais de conseguir entradas para o cine. E ademais, como debe ser, ían disfrazados.
1/2/08
Iker e Xosé Ramón na Selección de Santiago
Suscribirse a:
Entradas (Atom)