Segue adiante a
pretempada 2009-10 de fútbol 11.
IMPORTANTE:
Certificados Médicos: como sabedes, a Delegación habilitou un médico de Santiago para extender eses certificados. Pero soamente para aqueles aos que os seus médicos se negaron a facérllelos. Se estás nese caso: avisa á coordinación deportiva (tfno.: 629 80 56 08 ou 986 78 43 40) antes das 12 da mañá do luns 17.
Documentación: Pola problemática dos certificados
o prazo para traer a documentación alongase ata o xoves 20 de Agosto.
Pero OLLO: Quen non traia todo antes desa data inicialmente non terá ficha nin seguro, polo tanto non poderá xogar nin os amigábeis.
As novidades por categoría son:
EQUIPO XUVENIL:
-Toño segue traballando duro co grupo.
-Bo ambiente e nutrida asistencia.
-Faltan por incorporar Xosé Manuel, Mouriño, Xoan e Brei (de vacacións, aínda).
-O martes 18 saberase con certeza o día de inicio da Liga e o noso primeiro rival.
EQUIPO CADETE:
-Ata o martes 18 non haberá solución a o 2º equipo solicitado. De concedelo, a EFL agarda seriedade e compromiso dos xogadores implicados.
-Chama á atención o baixo nivel de asistencia aos adestramentos (onte, 14 de 23 anotados). Que pasa, cadetes? Trátase da Liga Galega, hai que facer un esforzo por parte de todos.
-Lucas é baixa: regresa coa súa familia a Brasil.
-Os que van ao campamento: deixar entregada a documentación.
EQUIPOS INFANTÍS:
-Primeiros amigábeis hoxe venres, con todos convocados:
Infantil A (Rafa): ás 18.00 en Barbadás contra o titular de Liga Galega.
Infantil B (César): ás 16.30 en Lalín contra o Chantada Infantil.
-Notable asistencia aos adestramentos.
-Bo ambiente. Calor inhumano ás 17.00.
Brais, un dos reforzos da EFL para o equipo Infantil, incorporouse esta semana aos adestramentos. Procede da SD Cruces e debutará hoxe no amigábel de Liga Galega ante o Barbadás