Durante as catro tempadas que estivo na Escola de Fútbol Lalín, onde se formou desde a pretempada 2003-2004, ano da súa fundación, Xosé Luís, ademais das súas enormes cualidades deportivas, sempre se distinguiu polo seu traballo e magnífico comportamento. Ao longo das categorías infantil, cadete e xuvenil, baixo as ordes de Montouto na primeira e de
César nas tres últimas, a pesar dalgunhas lesións que tivo que soportar, formouse como un magnífico central e mellor compañeiro e alumno. Os membros da EFL queremos felicitalo e, ao tempo, poñelo de exemplo de seriedade e constancia. O seu debut en 3ª é un premio para el e para todos nós
.
Nestas fotos vemos a súa evolución. Aí o temos desde os inicios na pretempada de infantís nas beiras do campo, pois o de herba artificial estábase facendo, pasando polas formacións infantil, con algún lance de xogo, a cadete, coa celebración do ascenso, ata o equipo xuvenil.
Noraboa, Rucho.

1 comentario:
hhhhhhhhhhhhhhhoooooooooooooolllllllllllllaaaaaaaaaaaa!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Publicar un comentario