Ninguén agardaba estas dúas derrotas seguidas do Cadete A ante rivais directos. Mellor dito, contábase solucionar o ascenso neses partidos. Pero a realidade é que este grupo 1 da Liga Galega (lembremos: a categoría máis alta na que a EF Lalín ten equipo) está resultando moi forte e competitiva. Deixando á parte ao Depor B, que non pode ascender, a pelexa por dous postos que leven á División de Honra segue aí. Agora téñeno mellor o Xuventú de Aguiño e o Santiago, pois solucionaron o golaverage con nós e xa só dependen deles, pero polo visto tampouco lles resulta doado gañar a outros rivais. Todos frouxean nos momentos clave. Mesmo o Ferrol, estrepitosamente goleado na última xornada, recuou por méritos propios.
En fin, que faltan dous partidos e temos menos posibilidades das que tiñamos hai quince días, pero os seareiros da EF Lalín debemos estar máis ca nunca co equipo que dirixe Montoto. O partido contra o Residencia é outra final, e esperemos que contra o Montañeros B aconteza outro tanto. Cheguen onde cheguen, pase o que pase, os xogadores desta magnífica xeración (con cinco tempadas na EFL e moitos campionatos e ascensos no seu haber) deben saber que o papel realizado nesta dura competición está sendo moi importante. Como importantes son todos eles para nós. Por iso, e porque sempre se entregaron ata o límite e nunca tiraron a toalla, estamos cos cadetes ata o final.

3 comentarios:
¿E CERTO QUE DIEGO PEÑA,O PORTEIRO DOS CADETES VAI FACER UNHA PROBA CO ATLETICO DE MADRID?
Si. Trátase dunhas probas ás que, voluntariamente, pode acudir calquera xogador. Confirmouno o pai, que é quen o levará a Madrid.
noraboa peña e moita sorte.
Publicar un comentario