Este sábado 28 de xuño a EF Lalín pecha o "quiosco" por esta tempada nas dúas categorías de fútbol 7 (alevín e benxamín, pois como informamos os prebenxamíns xogan pola tarde a Copa do Futuro en Vigo). E convén despedir a tempada como se merece: con alegría polo ben feito.
Hai que coller vacacións (os adestradores precísanas, por simple desgaste ante tanto cativo estrebillante) despois dun duro e exitoso traballo (lembremos que son os campións das súas respectivas ligas) e para iso nada mellor que o xa tradicional enfrontamento contra os nosos amigos do Puerto de Gijón.

12.00: EF Lalín-Puerto de Gijón (alevín, campo 1)
12.00: EF Lalín-Puerto de Gijón (benxamín, campo 2)
No hay comentarios:
Publicar un comentario