Vanse queimando etapas de inicio de adestramentos na EFL. Primeiro empezaron os
cadetes de Montoto, logo tocoulle a quenda aos
xuvenís de César, e os que seguen son os dous equipos infantís que levarán
Toño García e Xabier Quiroga.

Aviso, por se algún aínda non se enterou: A cita é este
venres 8 de Agosto: todos
os nacidos os anos 95 e 96 que fixeron a preinscrición (aínda que tamén haberá algún alevín e outros de proba) deben estar
vestidos ás 18.00 horas con
tenis ou zapatillas de deporte, isto para evitar evitar as inoportunas bochas e realizar algúns traballos físicos por fóra do campo, pois parece que a ocupación das instalacións vai ser un dos problemas cos que haxa que lidar de aquí en adiante.
Na foto da tempada pasada vemos a Juanillo, que se perdeu a Fase de Ascenso por unha lesión da que seica está case restablecido. Estará o venres con todos os seus compañeiros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario