Se xa estaba arrasando en goles na súa categoría (leva 36 na 1ª autonómica infantil), na primeira convocatoria co equipo de Montoto, nada menos que a Liga Galega Cadete, o infantil de 1º ano Adrián Iglesias Moure resolveu o partido aprazado contra a Comercial de Lugo en 45 minutos: el provocou o penalti do 1-0 e meteu coa xerga o 2º gol que pechaba o marcador. Espectacular.
Pero realmente Adrián non fixo máis que manifestar a neta superioridade do equipo cadete da EFL en todo o partido, pois por dominio, claras ocasións de gol e creación de xogo colectivo os dezaos foron moi superiores a un equipo que ocupaba os postos altos da táboa. Importante vitoria, pois, que sitúa aos nosos cadetes nos postos de privilexio e con todas as aspiracións intactas para unha segunda volta que se intúe moi competida.


2 comentarios:
Uno de los valores de la vida es la " Humildad " , formais un grupo
impresionante , enhorabuena a todos , jugadores y cuerpo tecnico por la temporada que estais haciendo. FELICES FIESTAS.
muy buen partido en general contra el comercial , y ademas IMBATIDOS en CASA ,lla estais ahí arriva . os lo mereceis CAMPEONES
Publicar un comentario