
Xa sabemos que o paso do tempo e mais o moito uso ao que viñemos sometendo as instalacións do campo de herba artificial ía provocar un deterioro lóxico. Iso demostra que cumpren plenamente coa finalidade para a que foron creados. Non obstante son moitas as deficiencias que están a presentar e das que temos que dar conta canto antes, pois
non se está realizando o MANTEMENTO, tamén lóxico,
que debería realizarse. Se hai días xa tivemos un serio accidente ao esvarar un xogador da EFL, nesta entrada só queremos amosar
o lamentable estado dos vestiarios.

Se as fotografías non son o suficientemente claras, calquera pode pasar polo Estadio Manuel Anxo Cortizo e certificar as condicións nas que se atopan. Os
azulexos caen cada día. As
paredes desfanse pouco a pouco. O
perigo e as condicións hixiénicas son cada día máis penosas e o exemplo para os moitos equipos que nos visitan cremos que non é o que nos debe representar como entidade deportiva e como concello. Se queremos que os centos de rapaces que se ispen, duchan e visten aquí sexa o mellor posíbel,
¿non teremos algunha solución para esta auténtica desfeita?
2 comentarios:
isto e unha vergonza, eu son un xogador da efl que se ducha ali logo dos adestramentos e tes k andar cn m888888 coidado xk podeste cortar cun azulexo...
k o arreglen dunha p...vez
saludos
ai k areglelo pork alex rivas xa caeu e tuveronlle k poñer 4 pnt
Publicar un comentario