Levábanse xogados 15 minutos e só faltaba o máximo goleador da Escola de Fútbol para sumarse á festa. E como o fixo! A pesar da marcaxe tan estreita á que foi sometido polos dous centrais estradense, Adrián, "o matador", espetoulles 4 goles plenos de forza e calidade, que engadidos ao golazo de Edu na primeira parte redondearon o marcador.
Despois deste contundente resultado, xa co 2º clasificado a 11 puntos e o goal average particular a favor, o Infantil A gaña a LIGA, quere acabar invicto e prepara a fase de ascenso na que, aínda sendo favoritos, non convirá confiarse.
Pola EFL, aliñación de gala: Kevin na portería; Iago II, Serxio, Guille e César en defensa; Edu ,Juanillo, Marco e Brais no medio campo; Adrián e Dani en ataque. Tamén saíron: Currás, Serginho, Jorge Vilas Suso e Vítor.

1 comentario:
si señor campions de liga
k vos sodes
Publicar un comentario