Estaba cantado, pero había que ratificalo coas matemáticas. Por iso o contundente (aínda que pisando o freo) 0-9 ante o Estrada B é clarificador do dominio que o equipo de Willy exerceu nesta tempada sobre os seus rivais. Serviulle para facerse co campionato cando aínda restan 2 xornadas para o remate. E iso que moitos xogadores son de 1º ano e Adrián só xogou os partidos máis complicados.
Noraboa, de novo, a todos os alevíns. E agora a preparar a Fase de Campións, onde de seguro non o van ter doado, pero os partidos terán máis emoción.
30/3/08
29/3/08
O Infantil B CAMPIÓN de Liga

Para esta importante cita Quiroga aliñou ao seguinte equipo: 1.-Kevin, 2.-Iago, 3.-Roni, 4.-Michi, 5.-César, 6.-Jorge, 7.-Guille, 8.-Serxio, 9.-Boyan, 10.-Brais e 11.-Camilo. Tamén xogaron: Dani Currucha, Currás, Adrián, Faílde e Iván. Pero a noraboa vai tamén para os de ficha B que hoxe non foron convocados: Iago Opel,Xabi, Álvaro, Saviola, Novegil e Uxío.
Agora, tralo título de Liga do Infantil B, para culminar o seu ascenso a 1ª Autonómica terá que ascender o Infantil A á Liga Galega.
Agora, tralo título de Liga do Infantil B, para culminar o seu ascenso a 1ª Autonómica terá que ascender o Infantil A á Liga Galega.
28/3/08
Alevíns: a piques de proclamarse CAMPIÓNS!!
Entre as vacacións de Semana Santa e os Torneos, e porque trala contundente vitoria en Cruces estaba case feito, estivemos a piques de nos esquecer. Pero hai que dicilo: cando aínda quedan tres xornadas para rematar a Liga Alevín do grupo 4 da zona de Santiago, a EF Lalín pode, esta mesma fin de semana, refrendar o seu tradicional dominio proclamándose CAMPIÓN de Liga Alevín.
Aínda que os resultados non sexan o esencial na EF Lalín, tamén importa ver aos equipos no alto da clasificación para demostrar que sabemos competir. De acadar o título (o contrario queda lonxe, pois terían que perder os tres partidos, e lévanos todos gañados) noraboa por anticipado a todos os xogadores, non só os do A, e aos adestradores, Willy Alonso e Rafa Dacosta. E logo, a seguir adestrando para a Fase de Campións e para os Torneos.
Trepidantes Partidos
Os de Sueiro e os de Pablo dirimen un interesante partido no cumio da táboa. Favoritos son os do A, con Brais en plan estelar e aínda sen perder ningún partido na Liga, pero do B xa sabemos que é capaz de todo. A cita é o sábado, ollo á hora, ás 12.00 da mañá. O ambiente na grada está garantido, o bo xogo tamén.
Cadetes A ou a necesidade de sumar 3 puntos: aínda que o Raio Sadense no parece un rival que poida frear aos de Montoto, tampouco convén confiarse. Os tres puntos son claves para enfrontar os partidos seguintes cos outros aspirantes ao ascenso, Santiago e Xuventú Aguiño.
Infantíl A: trámite co todopoderoso líder: Cos deberes xa feitos pola clasificación para a Fase de Ascenso, os de Richi renden visita ao Cidade de Santiago, que só perdeu un partido en toda a Liga. Será o domingo (atentos ao cambio horario do sábado) e dará a medida do noso equipo para os importantes momentos que se achegan nesta categoría.
23/3/08
Bos resultados
Paso adiante do equipo Xuvenil: 2-1 ante o Estradense e tres puntos de ouro que certifican o impecábel final de tempada dos xuvenís de César. Agora mesmo só podemos deducir que, se ao final son seis os que descenden, ata o derradeiro partido a loita será fratricida entre o Cruces (con mellor calendario), un Estradese que hai pouco tempo estaba a dez puntos, e nós. Emocionante, pois.
O infantil A clasificado para a Fase de Ascenso:Despois dos seis puntos acadados nesta Semana Santa (4-1 ao Villestro e 2-0 ao Boiro) o equipo infantil A de Richi certifica con moita solvencia a súa clasificación para a Fase de Ascenso a Liga Galega Infantil. O final de Liga convértese así nun mero trámite para os cinco primeiros clasificados (Cidade, La Salle, SP.Estrada, Nicrariense e EF Lalín), que deberán preparar a dureza dunha Fase na que para nada conta a posición na Liga, pois un sorteo decide os contrarios.
20/3/08
Torneos Semana Santa
TORNEO BENXAMÍN CIDADE DAS BURGAS.
Xoves 20:
Val Miñor-EF Lalín: 0-4 (Brais 3, Cristian)
Ponte Ourense-EF Lalín: 1-1 (Brais)
4º de final: Conxo- EF Lalín: 2-1 (Brais)
para 5º a 8º: Viveiro-EF Lalín: 2-4 (Brais 2, Erik, Rivas)
A Seca-EF Lalín: 1-0
6º posto final do equipo Benxamín da EF Lalín
TORNEO ALEVÍN AROUSA F-7 (fase previa):
Grupo E: Sta.Mariña B, Conxo, Ordes, Moraña, EF Lalín
xoves 20:
16.00: EF Lalín-CD Ordes: 2-0 (Adrián, Martín)
18.00: Moraña CF-EF Lalín: 0-1 (Manu)
venres 21:
10.00: CD Conxo-EF Lalín: 1-2 (Alberto,Manu)
16.00: Sta. Mariña B-EF Lalín:1-0
Clasificado 1º de grupo.
(8º final): Arnelas A-EF Lalín: 0-2 (Alberto, Manu)
(4º final): Villestro-EF Lalín: 2-0 ELIMINADO
Campión Fase Previa: Villestro (por penaltis ao Sta. Mariña A)
TORNEO ALEVÍN SANTA MARIÑA F-7 (Cotogrande, Vigo):
sábado 22:
Grupo B: EF Val miñor, Sta.Mariña B, CD Lugo, EF Lalín
11.00: EF Lalín-CD Lugo: 1-0
13.00: UD Sta. Mariña B-EF Lalín: 1-3
16.30: EF Val Miñor-EF Lalín: 2-1
(4º de final): Santa Mariña A-EF Lalín: 6-1 ELIMINADO
Campión: Sta. Mariña A (2-1 ao Depor)
Por moito que dosifiques e varíes os xogadores, hai que estar cansos despois de tres días seguidos de Torneos.
Xoves 20:
Val Miñor-EF Lalín: 0-4 (Brais 3, Cristian)
Ponte Ourense-EF Lalín: 1-1 (Brais)
4º de final: Conxo- EF Lalín: 2-1 (Brais)
para 5º a 8º: Viveiro-EF Lalín: 2-4 (Brais 2, Erik, Rivas)
A Seca-EF Lalín: 1-0
6º posto final do equipo Benxamín da EF Lalín
TORNEO ALEVÍN AROUSA F-7 (fase previa):
Grupo E: Sta.Mariña B, Conxo, Ordes, Moraña, EF Lalín
xoves 20:
16.00: EF Lalín-CD Ordes: 2-0 (Adrián, Martín)
18.00: Moraña CF-EF Lalín: 0-1 (Manu)
venres 21:
10.00: CD Conxo-EF Lalín: 1-2 (Alberto,Manu)
16.00: Sta. Mariña B-EF Lalín:1-0
Clasificado 1º de grupo.
(8º final): Arnelas A-EF Lalín: 0-2 (Alberto, Manu)
(4º final): Villestro-EF Lalín: 2-0 ELIMINADO
Campión Fase Previa: Villestro (por penaltis ao Sta. Mariña A)
sábado 22:
Grupo B: EF Val miñor, Sta.Mariña B, CD Lugo, EF Lalín
11.00: EF Lalín-CD Lugo: 1-0
13.00: UD Sta. Mariña B-EF Lalín: 1-3
16.30: EF Val Miñor-EF Lalín: 2-1
(4º de final): Santa Mariña A-EF Lalín: 6-1 ELIMINADO
Campión: Sta. Mariña A (2-1 ao Depor)
Por moito que dosifiques e varíes os xogadores, hai que estar cansos despois de tres días seguidos de Torneos.
16/3/08
Paso de xigante do Xuvenil


Espectacular remontada do Infantil B
Faltaban 18 minutos para rematar o partido. As forzas andaban máis ca xustas pola semana na neve de moitos xogadores e a lousa do marcador falaba de 0-3 a favor do Cruces. Con este resultado o equipo Infantil B da EFL perdía toda opción de seguir meténdolle presión ao Valdulla na loita polo título. Xa non tiñan nada que perder. Había que queimar as naves. Así se fixo. E de que maneira. Ataque á desesperada e a contrareloxo. Pola heroica. E un tras outro foron caendo os goles ante a incredulidade dos afeizoados e xogadores do Cruces, que non daban feito ante a avalancha lalinense. Primeiro foi Boyán, case sen querer, logo un Adrián que estivo en todos os goles, a seguir Serxio engadiuse á festa e, ao cabo, un contrataque de Jorge permitiulle a Boyán poñer o definitivo 4-3. Emoción e alegría final de todo o plantel nun encontro que se recordará moito tempo no Manuel Anxo Cortizo e que permite seguir soñando.

Agora, cando só queda unha xornada, o líder Valdulla ten 26 puntos e visita a un At.Melide en horas baixas. O Infantil B está con 24 e vai a Cacheiras. Pero o empate a puntos favorece á EFL. Facede contas. Só ascende o primeiro.
Sanción aos cadetes A
Por fin saíu a sanción por aliñación indebida contra o Boiro do equipo Cadete A. Multa ao Delegado, multa á EFL e perda do encontro (e polo tanto dos 3 puntos gañados no partido) por 0-3. Lembremos que varios xogadores cadetes (en concreto Brian, Xosé Manuel e Dani) xogaran co equipo B un sábado de febreiro contra o Xuventú de Aguiño B, e logo foron aliñados ese domingo contra o Boiro co Cadete A. Houbo denuncia deste equipo e, xa que non pasaran as 24 horas regulamentarias (foran 23), o comité de competición resolveu aplicando a normativa.
Este pequeno "patinazo" non fai outra cousa que poñernos en alerta ante despistes e, á vez, darlle maior emoción a esa dura loita polo ascenso á División de Honra Cadete que manteñen os de Montoto.
15/3/08
Moderar comentarios
Desde que abrimos a posibilidade de facer comentarios no blog da EFL, aínda que de inicio parecía que eran interesantes e ofrecían valiosas observacións para unirnos máis, o certo é que nos últimos días estamos a recibir unha serie de mesaxes de difícil catalogación, que non fan máis que acender rancores persoais e que non podemos consentir. Cremos que a limpa competencia entre compañeiros por demostrarlle aos adestradores as cualidades para xogar nun once ou nun sete inicial é boa, pero se iso dá paso ás inimizades e celos ou á falta de educación e respecto cara ás persoas, entón non imos a ningunha parte.
Por iso, de aquí en adiante e porque nos resulta complicado poñer un límite, só imos admitir mensaxes con enderezo electrónico ou asinados. Acabouse o agocharse no anonimato. E de continuar con insultos ou disputas entre membros da mesma categoría ou equipo, prescindiremos totalmente deles. Non se trata de censurar (porque realmente xa non publicamos algúns moi subidos de ton), senón de mirar polo ben da Escola de Fútbol Lalín.
E agora xa podedes opinar sobre isto: É xusta esta medida? Pasástesvos un pouquiño ou non cos comentarios? Que podemos facer para mellorar?
E agora xa podedes opinar sobre isto: É xusta esta medida? Pasástesvos un pouquiño ou non cos comentarios? Que podemos facer para mellorar?
Cadetes B: rematan con nota
Os números do Cadete B foron: 22 partidos xogados (6 gañados, 5 empatados, 11 perdidos), 32 goles a favor, 43 na contra. Sumou 23 puntos e quedou na 9ª posición. David, como vemos na clasificación de goleadores, foi o pichichi con 12 goles.
13/3/08
Adestramentos EFL na Semana Santa
12.00: Alevíns A-B
12.30: partido Liga F-7: Alevín A-At.Melide: 2-1 (Manu 2)
Tarde: Ollo ao horario:
18.00: Infantil A
18.30: Cadetes A e B
19.30: Xuvenís
Martes 18:
16.00: Cadetes
18.30: Benxamíns
19.30: Xuvenís
Mércores 19:
10.30: Liga F-11: Infantil A-Villestro: 4-1 (Adrián 2, Recimil 2)
12.15: Liga f-7: Benxamín A-Silleda A: 5-4 (Brais 3, Manu, Rivas)
Benxamín B-Silleda B: 15-0 (Gavieiro 3, Erik 2, Cristian 2, Cristian Domínguez 2, Edgar 2, Santi 2, Nico e Rubén)
Xoves 20:
Torneo Benxamín en Ourense (ver outra entrada)
Torneo Alevín en Arousa (ver outra entrada)
Venres 21:
Torneo Alevín en Arousa (ver outra entrada)
Sábado 22:
Torneo Alevín en Vigo (ver outra entrada)
8/3/08
Grave lesión de Dani Riádigos
7/3/08
Torneo Benxamín en Ourense
5/3/08
Principian os Torneos Alevíns
Coma todas as tempadas chega a salsa dos Torneos de Fútbol 7.
Rompen as hostilidades os alevíns na Semana Santa. Estes son os acontecementos e os datos concretos que nos transmite Rafa Dacosta, o coordinador da categoría:
TORNEO AROUSA F-7 (fase previa):
xoves 20 e venres 21 de marzo
Grupo E: Sta.Mariña B, Conxo, Ordes, Moraña, EF Lalín
xoves 20:
16.00: EF Lalín-CD Ordes
18.00: Moraña CF-EF Lalín
venres 21:
10.00: CD Conxo-EF lalín
16.00: Sta. Mariña B-EF Lalín
(logo proseguirá a tarde cos oitavos, cuartos e semifinal)
TORNEO SANTA MARIÑA F-7 (Cotogrande, Vigo):
sábado 22 de marzo
Grupo B: EF Val miñor, Sta.Mariña B, CD Lugo, EF Lalín
11.00: EF Lalín-CD Lugo
13.00: UD Sta. Mariña B-EF Lalín
16.30: EF Val Miñor-EF lalín
(logo proseguirá a tarde cos cuartos, semifinal e final)
Agora toca merecer un posto na convocatoria, que faremos pública cando a decidan os adestradores.
Rompen as hostilidades os alevíns na Semana Santa. Estes son os acontecementos e os datos concretos que nos transmite Rafa Dacosta, o coordinador da categoría:
TORNEO AROUSA F-7 (fase previa):
xoves 20 e venres 21 de marzo
Grupo E: Sta.Mariña B, Conxo, Ordes, Moraña, EF Lalín
xoves 20:
16.00: EF Lalín-CD Ordes
18.00: Moraña CF-EF Lalín
venres 21:
10.00: CD Conxo-EF lalín
16.00: Sta. Mariña B-EF Lalín
(logo proseguirá a tarde cos oitavos, cuartos e semifinal)
sábado 22 de marzo
Grupo B: EF Val miñor, Sta.Mariña B, CD Lugo, EF Lalín
11.00: EF Lalín-CD Lugo
13.00: UD Sta. Mariña B-EF Lalín
16.30: EF Val Miñor-EF lalín
(logo proseguirá a tarde cos cuartos, semifinal e final)
Agora toca merecer un posto na convocatoria, que faremos pública cando a decidan os adestradores.
2/3/08
Os alevíns amarran a Liga

Tras uns comenzos equilibrados, o poderoso Cruces adiantouse da man de Brais, pero sería Adrián quen inmediatamente puxese as cousas no seu sitio, primeiro cun trallazo desde fóra da área que se colou polo ángulo, e a seguir cun remate de cabeza ao saque dun corner. 1-2 ao descanso, as espadas no alto e os estrategas, Fausto polo Cruces e Willy pola EFL, a reestruturar. Na segunda parte Brais adiantou a súa posición, o que favoreceu o espectáculo de ida e volta, con constantes ocasións, a maioría para os lalinenses. Manu puxo o 1-3, pero Brais respondeu axiña cunha xogada individual: 2-3. Logo volvería atinar Manu (2-4) e aí o partido deu a volta claramente para a EFL, que á contra puido golear, pois errou un penalti, dous goles anulados a Xabi "a pulga", dous remates ao pau e moitas ocasións para marcar. A viveza de Serginho pechou o resultado. O 2-5 final cumpre a tradición alevín.
NORABOA, rapaces e adestradores! (as fotos son do acontecemento)
Asalto ao liderato
Interesante se está a poñer a liga o Grupo 6 de fútbol 7 benxamín. Este sábado, arroupados polos siareiros da EFL, o equipo A que dirixe Sueiro foi quen de frear ao líder Estrada cun 2-0 e igualar con eles no cumio da clasificación, pero cun partido menos. Así as cousas, co equipo B da EFL que dirixe Pablo descansando, a liga estreitase e todo queda por dilucidar para os próximos enfrontamentos entre eles, aínda que o paso dado polo A, que realizou un partido moi serio, pode marcar a liga.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)