Os de Sueiro e os de Pablo dirimen un interesante partido no cumio da táboa. Favoritos son os do A, con Brais en plan estelar e aínda sen perder ningún partido na Liga, pero do B xa sabemos que é capaz de todo. A cita é o sábado, ollo á hora, ás 12.00 da mañá. O ambiente na grada está garantido, o bo xogo tamén.
Cadetes A ou a necesidade de sumar 3 puntos: aínda que o Raio Sadense no parece un rival que poida frear aos de Montoto, tampouco convén confiarse. Os tres puntos son claves para enfrontar os partidos seguintes cos outros aspirantes ao ascenso, Santiago e Xuventú Aguiño.
Infantíl A: trámite co todopoderoso líder: Cos deberes xa feitos pola clasificación para a Fase de Ascenso, os de Richi renden visita ao Cidade de Santiago, que só perdeu un partido en toda a Liga. Será o domingo (atentos ao cambio horario do sábado) e dará a medida do noso equipo para os importantes momentos que se achegan nesta categoría.
1 comentario:
ola son curras dende franza e jodeme perderme o partidazo dos pekes espero k os ke estedes ai o disfrutedes xk vale a pena, eu seguro k estarei informado. animo campions. un saudo dende rennes.
Publicar un comentario