
Ante todo un Bertamiráns, o 3º clasificado da 1ª Autonómica do Grupo 7, ese grupo de esforzados e, por veces, problemáticos xuvenís que dirixe
César, ven de dar unha enorme sorpresa e sumar a domicilio os 3 puntos que os achega aínda máis a esa case imposíbel (vista así antes do inicio da Liga) salvación. Cun
Tino espectacular nos primeiros minutos baixo os paus, dous goles de
Mariño, o reforzo do cadete
Sánchez e o
magnífico comportamento de todos os implicados, o
1-3 final pon ao xuvenil da EFL ao lado do Cruces e a tiro de pedra do mesmo Estradense, que por certo visita Lalín o vindeiro sábado. Nin que dicir ten que, se hai resultados meritorios e importantísimos para a EFL, este é un deles.

6 comentarios:
moro e un dos mellores xogadores dos xuvenis a sua valia e o seu gran traballo para o servizo do equipo un gran capitan.acebedo tiña que seguilo moi de preto .e aragones tamen.un bikiño moro.
de lobeto ke te kere moito.
ainda que sei que che gusta aidajejejejejejejejej
ola!!
os xuvenis teñense q salvar si ou si,senon so haberia un eqipo en local e ai moitos xogadores,para un so eqipo,bueno,qeria pedirvos algunhas cousas para q o flog siga asi.....
*un foro
*mais videos*unha seccion de cada categoria con fichas dos xogadores(sei q e moi custoso,pero poderiades buscar rapaces q vos axudaran)
quero pedirvos a opinion sobre a incorporacion de oscar o equipo.
k algen conteste.
quero pedirvos a opinion sobre que se incorporase o equipo este chaval k se chama oscar
oscar flipa co seu 306 de 200 cv
pareceme unha falta de respeto deixar pasar comentarios que non tenhen que ver co tema!!!
Publicar un comentario