Tiña que chegar e chegou. En Touro e ante un rival que ía arriba, aínda sen xogar ben, os pupilos de Toño foron quen de sacar os tres puntos e dar así un salto enorme na clasificación. Seguramente era o que precisaban para levantar a moral, para crer neles mesmos e no seu equipo, para collerlle o pulso á categoría. De aquí en adiante pode que sexa máis doado, pois xa se enfrontaron a todos os da parte alta da táboa. Por iso convén seguir adestrando como o están facendo, para mellorar. Alguén quere apostar como quedarán ao final: Nós dicimos que da metade para arriba. E vós?
Nas seguintes semanas faremos as fotos aos equipos infantís. Temos que actualizarnos despois do roubo que nos deixou a tres velas nas oficinas. Polo de agora vai un recorte vello de xogadores. Ah, Xosé Ramón foi o reforzo baixo os paus. Vítor o goleador. Noraboa!!!!
8/11/08
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
por fin era HORAS!!!!!!!! felicidades a Vítor por marcar 2 veña todos xuntos PODEMOS!!!!!!
xa iba sendo horas BEN SEGUIDE ASÍ
Publicar un comentario