Contado coa volta á titularidade do seu xogador estandarte e coa identidade totalmente recuperada despois do tropezón de Ferrol, o equipo de Montoto gañou con todo merecemento ao, ata agora, galiño da categoría, todo un CD Lugo. Traballo colectivo, intensidade, agresividade e confianza nas propias posibilidades foron, de novo, as súas armas. Sabendo que a presenza de Iker arriba é unha garantía de gol e de dificultade para a defensa contraria, os da EFL maniataron aos xogadores de Lugo e, nunha magnífica primeira parte na que se erraron tres claras ocasións de gol e nunha resolutiva segunda, na que Iker logrou o gol da vitoria e foille anulado outro, meteron no peto os tres puntos que os empaqueta cos da zona de arriba.
De aquí en adiante pelexaremos por todo, ou esa foi a impresión que os seareiros da EFL levaron para o xantar.
Nun equipo no que todos estiveron a grande nivel, sobresaíu en defensa un Mario infranqueábel, un polivalente e poderosísimo Xosé Ramón no mediocampo, e en ataque todos os eloxios os levou a reaparición do goleador Iker, que fixo verdadeiros estragos na zaga luguesa.
Noraboa por volver ao bo rego, cadetes!!!!, que dirían os máis vellos.
De aquí en adiante pelexaremos por todo, ou esa foi a impresión que os seareiros da EFL levaron para o xantar.
Noraboa por volver ao bo rego, cadetes!!!!, que dirían os máis vellos.
2 comentarios:
luis saes moi ben wapo chamame cando queiras un bico pra luis da súa moza
iker ke wapo sales
eres un miss españa komparado kn los demas ...
JEJE
KUIDATE WAPO
I SIGE METIENDO MUCHOS
Publicar un comentario