A Coordinación deportiva da Escola de Fútbol Lalín, ante o inicio dos adestramentos na 1ª semana de agosto e sen ánimo de crear alarma, acaba de tomar unha medida preventiva ante a GRIPE A que se fai extensiva a xogadores e adestradores:
Todos os deportistas da EFL deben vir provistos dunha botella, bote ou recipiente individualizado para hidratarse durante as sesións de adestramento.
Todos os deportistas da EFL deben vir provistos dunha botella, bote ou recipiente individualizado para hidratarse durante as sesións de adestramento.

Estes deben ser reutilizábeis, é dicir, cando se acabe o líquido poderán encherse de novo de auga da traída ou da auga embotellada que merca a EFL. Así, cada deportista terá o seu bote exclusivo e levarao e traerao da casa, sendo responsábel do seu coidado e limpeza. Pode e debería estar personalizado co nome a rotulador, ser o da súa bici ou de calquera marca que lle praza (mira os exemplos da foto). O único que se lle esixe é que se distinga do dos demais.
Finalmente lembrar que quen non o traia non poderá beber do dos outros compañeiros e sempre lle quedará unha billa que seguramente xa usaron moitas outras persoas, pois de inicio (repetimos, como sinxela medida hixiénica preventiva) a EFL non vai poñer a disposición do grupo nin as tradicionais garrafas de 5 litros nin as botellas de 1´5, e moito menos botellas pequenas de usar e tirar que estarían ciscadas a centos polo recinto deportivo.
A EFL só aportará auga para encher os botes individuais.
Por se alguén non le o blog, faille un favor, coméntallo antes de iniciar os adestramentos.
1 comentario:
Decision muy acertada pero debe ser
de extricto cumplimiento , al igual
que el pago de las cuotas todos
debemos pagar y si no podemos por
algun motivo siempre existe el
dialogo.
Publicar un comentario