16/7/09

"Históricos" coa EFL: Currás e Diego Mouriño

DAVID CURRÁS na EFL
Botabamos de menos algunhas reservas de praza. As deses xogadores que sempre estiveron con nós. Pensabamos que algunha vez teñen que deixarnos, que despois de seis tempadas algúns toman as súas decisións e buscan novos vieiros. Pero non. Currás non podía deixarnos. Hoxe inscribiuse na Escola, no que sempre foi o seu equipo desde o ano 2003. Benvido de novo, chavalote!

DIEGO MOURIÑO:
NON ao CD LALÍN
Este é outro caso, pero moi significativo, porque é outro histórico que fixera reserva de praza, deses que desde a tempada 2003-2004 forman parte da nosa familia. A Noticia é: Diego Mouriño, segundo nos confirmou el e seu pai, non irá para o CD Lalín e segue outra tempada máis na EFL. Queremos facer un bo equipo xuvenil. Queremos xente comprometida. E este é un punto de inflexión para decisións que se teñen tomado sen reflexionar.
Quedan aínda algúns flecos para ofrecerlle un plantel supercompetitivo a TOÑO, o adestrador, pero outros virán e ao mellor xa non terán sitio. Polo de agora, desde a EFL, CHAPEAU para DIEGO e grazas por confiar en nós!
(as fotos da dereita son da pretempada 2003-2004, a da esquerda é de Mouriño nun partido da última tempada)

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Si señor, dous bos xogadores que deciden seguir con nos.
Xente tan comprometida coma eles é a que fai medrar un clube.
Grazas diego e grazas currás.

Anónimo dijo...

ole para estos dous grandes compañeiros!
moita sorte.