26/8/07

Torneo Lalín CUP infantil e cadete

Aínda que discreta na clasificación, meritoria actuación dos equipos da EFL ante equipos de superior categoría.

Clasificación Final CADETE:
1º.-RC Celta de Vigo
2º.-Pontevedra
3º.-Conxo
4º.-EF Lalín
5º/6º.-Pabellón e Sta. Mariña

Clasificación Final INFANTIL:
1º.-RC Celta de Vigo
2º.-Santiago
3º.-Pabellón
4º.-Sta. Mariña
5º.-EF Lalín
6º.-Cidade Santiago

24/8/07

Torneo LALÍN CUP: o Celta "mira" para a EFL

Coincidindo coa Lalín Cup de Futbol 11 nas categorías Infantil e Alevín, o RC Celta de Vigo observará in situ a varios xogadores da EFL.
O Torneo, que se celebra o sábado 25 pola tarde e o domingo 26 pola mañá e que conta cun elenco de equipos moi poderosos, convértese así nun bo escaparate para as promesas lalinenses.
TORNEO INFANTIL:
Grupo A: EF Lalín, Santiago e Sta.Mariña.
Grupo B: Celta, Cidade Santiago e Pavillón.
TORNEO CADETE:
Grupo A: EF Lalín, Pontevedra(por baixa do Dínamo de Kiev) e Sta. Mariña.
Grupo B: Celta, Conxo e Pavillón.

22/8/07

Categorías, equipos e adestradores 2007-2008

Resolveuse parcialmente a quiniela do Equipo Técnico da EFL.
Despois de intentar conseguir a fichaxe dalgúns adestradores que fixesen posíbel presentar un cadro técnico máis completo (incluso cun especialista en porteiros), os adestradores para a vindeira tempada serán:
César Reboredo seguirá de coordinador e adestrador do equipo xuvenil.
Xabier Montouto fará o mesmo, levando o Cadete A, e Toño García terá a seu cargo o cadete B.
En infantís: Richi Vázquez será coordinador da categoría e adestrador do equipo A, e Xabier Quiroga pasa a ocuparse do Infantil B.
Rafa Dacosta incorpórase á categoría Alevín como coordinador, onde segue Willy Alonso como adestrador.
Xabier Sueiro prosegue de coordinador e adestrador de Benxamíns, con Pablo Castro como adestrador. A fichaxe sorpresa para esta categoría é TOÑO GONZÁLEZ, que compatibilizará o seu traballo na EFL co de xogador do CD Lalín.

19/8/07

Haberá 2º equipo CADETE 2007-08!


A Directiva e o Equipo Técnico da EFL, a pesar das dificultades previstas por só ter 25 xogadores confirmados na categoría, decidiu NON DAR DE BAIXA o 2º equipo cadete para a tempada 2007-2008. Así pois haberá CADETE A en Liga Galega e CADETE B en 1ª autonómica.
En tal decisión pesou máis o beneficio que para os actuais xogadores cadetes, e para os que o vindeiro ano o serán, representa o ter 2º equipo en competición, que a reducida plantilla ou as debilidades dun equipo que ascendeu a 1ª na tempada anterior. Coa axuda dos infantís e algún que outro desdobre de cadetes, ademais dos que aínda poidan anotarse, contamos saír adiante.

8/8/07

Convenio co RC Celta de Vigo

PROSEGUEN OS CONTACTOS ENTRE A EFL E O CELTA
Despois da decisión tomada pola Asemblea no final de Tempada, na que se debateu e rexeitou a proposta celtista, a EFL redactou un acordo con novos termos. Fundamentalmente a nova proposta de Convenio que se lle fixo chegar ao Celta implica manter sempre a independencia económica e deportiva da EFL.
Dado o cambio de dirixentes no seo do RC Celta, houbo que agardar un tempo para que a estudasen e en Agosto reiniciáronse os contactos entre as dúas entidades.
O borrador do novo Convenio está a ser debatido e depurado polas dúas Directivas. De inicio hai vontade de chegar a un acordo e asinalo en Setembro.

1/8/07

Tempada 2007-2008

DATAS de INICIO dos ADESTRAMENTOS e horarios
Categoría BENXAMÍN: martes 4 de Setembro, ás 18.00 horas
Categoría ALEVÍN: luns 3 de Setembro, ás 17.00 horas
Categoría INFANTIL: luns 20 Agosto, ás 17.00 horas
Categoría XUVENIL:
Empezaron o luns 6 Agosto. 3-4 sesións semanais
horario: de 19.00 a 21.00
Categoría CADETE:
Empezaron o luns 30 Xullo.
4 sesións semanais: luns, martes, xoves e venres.
horario: de 18.30 a 20.30