31/5/08

Torneo POLVORÍN de fútbol base

21-22 e 23 de xuño 2008,
no novo campo de herba artificial do Polvorín, LUGO,
impresionante, polos equipos que veñen competir, TORNEO DE FÚTBOL BASE da SDC Polvorín no que a Escola de Fútbol Lalín participará con dúas escuadras: unha alevín e outra benxamín.
Como di Sueiro, "os enfrontamentos son chulísimos". E complicados tamén. Vexámolos.
ALEVÍNS: grupo 3: sábado 22 de xuño:
10.00: Celta de Vigo-EF Lalín
16.30: Residencia-EF Lalín
18.30: Lorca Dep.-EF Lalín
21.00: Vilalbés-EF Lalín
Clasifica o 1º de grupo e os 3 mellores segundos dos 5 grupos de 5.
BENXAMÍNS: grupo E: sábado 22 de xuño:
11.00: Ponferradina-EF Lalín
14.00: CD Lugo-EF Lalín
19.00: Santander-EF LalínClasifica o 1º de grupo e os 3 mellores segundos dos 5 grupos de 4.
Os partidos na fase inicial son a 2 tempos de 12´.
Podedes ampliar información en www.sdcpolvorin.es/torneofb/

28/5/08

ASEMBLEA DA EF LALÍN

Este xoves, 29 de maio, ás 21.30 horas, no Salón de Actos do IES Laxeiro de Lalín, terá lugar a Asemblea Final de tempada da Escola de Fútbol Lalín. A ela están convocados todos os socios e socias (pais, nais ou titores legais dos xogadores).
En canto á orde do día, a Directiva e o Corpo Técnico da EFL renderán contas deportivas e económicas da tempada 2007-2008, e trazarán as liñas mestras da vindeira.
Todos aqueles interesados en facer preguntas, ofrecer suxestións, saber o estado da entidade ou mirar cara ao futuro non poden deixar de asistir. A EFL é de todos.

25/5/08

GALO CUP de Cruces: Torneo Alevín

FASE FINAL DO GALO CUP.
De moi bo hai que calificar o comportamento dos alevíns da EFL no Torneo de Vila de Cruces, no que chegaron á final ante un Villestro moi reforzado con xogadores doutros equipos de Santiago. Aínda así, no primeiro tempo aguantamos o tirón e fómonos ao descanso gañando (0-1). Só na segunda parte , cando fallaron as forzas polo cansazo, eles foron superiores e impuxéronse finalmente por un rotundo 4-1. Antes tiveramos que eliminar ao anfitrión , a S.D. Cruces, nun partido moi disputado.

Estes foron os seus RESULTADOS.
CUARTOS DE FINAL:
EF Lalín - SP. Estrada: 1-0
SEMIFINAL:
S.D. Cruces - EF Lalín: 1-2
FINAL:
Villestro - EF Lalín: 4-1

Fase de Ascenso Infantil: eliminados

Cidade de Santiago 4-EF Lalin 2 (Recimil e Adrián)
Se xa o resultado da ida era unha montaña, o nivel amosado polo cidade de Santiago no partido de volta fixo que resultase un imposíbel. Adaptados coma ninguén a unha rateira de campo de terra, o poder físico e mental do segundo ano fixo o resto. Aínda que sobrevivimos cun 2-2 ao remate do primeiro tempo (efectivo ao 100% pola nosa parte, e no que eles estragaron varias ocasións claras de gol), co terceiro tanto aos vinte minutos da reanudación, o equipo baixou os brazos e xa non foi capaz de sobrepoñerse. Merecida clasificación, pois, do Cidade, sen dúbida o equipo máis forte.
En todo caso hai que felicitar aos infantís, que plantaron cara e pelexaron canto deron nun campo que non nos era propicio e ante un rival superior. Despídense da Fase e da tempada coa cabeza moi alta.

22/5/08

Campionato Infantil en Silleda

24-31 MAIO- SILLEDA
GRUPO A: SD Silleda, EF Lalín, At. Melide
GRUPO B: SP Estrada, SD Cruces, Callobre CF

FASE PREVIA 24/05/08
(Partidos de dous tempos de 20´, cun descanso de 3´)

9.30

SD SILLEDA A-E.F. LALIN B

2-0

10.15

SD Silleda B-S.D. CRUCES

0-1

11

E.F. LALIN B-AT. MELIDE

2-2

11.45

S.D.CRUCES-CALLOBRE CF

1-1

12.30

SD SILLEDA A-AT. MELIDE

6-0

13.15

SD Silleda B-CALLOBRE CF

0-3












FASE FINAL: sábado 31-05-08

Partidos de 2 tempos de 25´, descanso de 5
15.30: Silleda A-SD Cruces: 5-1
16.30: Callobre CF-EF Lalín B: 0-3
18.00: Final: SILLEDA- EF LALÍN B: 3-0
Entre a 2ª semifinal e a final (17.30-18.00 h.) fíxose un campionato de penaltis por parellas (eliminatoria directa ó mellor de tres lanzamentos), nas porterías de Fútbol-7.

18/5/08

Non puido ser na ida

Partido de ida da Fase de Ascenso a Liga Galega.
EF Lalín 1 (Iván, de cabeza)-Cidade de Santiago 3
Nada que obxectar ao resultado, pois os santiagueses demostraron o seu poderío. Pero a EF Lalín tivo oportunidades para cambiar o signo do partido. Con 1-1 no marcador, Dani estragou un mao a mao co porteiro, e mesmo Adrián chegou desequilibrado a un claro rexeite. Logo o Cidade meteu o 1-2 nunha falta inexistente, pero Brais aínda tivo outra clarísima ocasión para empatar. E xa ao final o Cidade redondeou o resultado cun elaborado 1-3.
Bo ambiente, moita tensión e deportividade. Resaltar o esforzo e traballo de todos os xogadores nun enfrontamento ao que o noso equipo chegaba moi ferido, pois ás baixas de Juanillo e Luís houbo que sumar un Rubén que se sacrificou para poder xogar, e Dani, que chegou moi xustiño na súa recuperación. Aínda así, e coa metade de xogadores de primeiro ano, fíxoselle fronte a un sólido Cidade (todos de segundo). Queda a difícil volta, pero hai que xogala. Pola EF Lalín Richi aliñou a: Alex, Rubén, César, Guille e Iván; Recimil, Mario, Marco e Ioni; Pájaro e Adrián. Tamén xogaron Dani, Boyan e Brais. Cheroki e Serxio estiveron na convocatoria.

17/5/08

ESTREO DA ÚLTIMA PELÍCULA DE INDIANA JONES.
O próximo venres, día 23 de maio, ás 17,15 todos os xogadores da EFL. están convidados á presentación dos Torneos da FUNDACIóN DEPORTE EN LALIN nos cines FILMAX do Centro Comercial Pontiñas Haley. Ao rematar a presentación dos torneos, poderán asistir gratis ao estreo da ÚLTIMA PELI DE INDIANA JONES. Iso si, para poder identificalos deben levar posto o chándal da E.F.L.

Torneo do Depor (alevín e benxamín)

Sábado 17 de Maio (LETRAS GALEGAS TODO O ANO)
No Mundo do Fútbol, Abegondo.
Alí estarán dous representantes da EF Lalín para competir nun enorme Torneo de F-8 para alevíns e de F-7 para benxamíns.
GRUPOS e CALENDARIO da EFL:
ALEVÍNS:
grupo 8: Residencia B, SP.Meicende, EF Lalín.
10.00: EF Lalín- SP. Meicende
12.30: EF Lalín- Residencia BBENXAMÍNS:
grupo Y: Pavillón A, Eume, EF Lalín
10.50: EF Lalín- Eume (3-0)
12.05: EF Lalín- Pavillón A (0-3)
Para máis información sobre este Torneo (horario completo, normas, grupos...), consultar a ligazón do Deportivo nesta mesma páxina. A EF Lalín figura no lugar do Galicia GAITEIRA.

12/5/08

Vaia co re-Sorteo: CIDADE DE SANTIAGO!

Era visto!, que dirían os vellos unha vez sabido o rival do EF Lalín infantil no novo sorteo. Non houbo sorte. Tocou nada menos que o, posiblemente, mellor equipo desta Fase de Ascenso a Liga Galega: o Cidade de Santiago. Todo un coco. Campión de Liga destacadísimo da zona de Santiago (só unha derrota en todo o campionato) e favorito en todas as quinielas. Ademais, xa non virán confiados a Lalín, pois lembrarán e moito o 7-1 da pasada tempada en alevíns (algúns coñecidos veranse de novo as caras no campo). Pero hai que mirar ese espello. Daquela foi algo polo estilo: eran favoritos, estaban invictos, clasificáranse en Arousa... E zapatazo ante os nosos "cativiños" moi concentrados. E na Liga regular só foron quen de gañarnos 2-1 e con apuros. Por iso hai que dicir tamén que se a EF Lalín non tivo sorte, tampouco o Cidade de Santiago a tivo, e estarán lamentando ese primeiro sorteo impugnado polo Calasanz. Saben que loitaremos por pasar.
Así pois, ida en Lalín o domingo 18 ás 11.00 da mañá. Alí teñen que estar animando os seareiros da Escola. Pero todos, eh.
Volta na fin de semana seguinte en Santiago. Quen supere a eliminatoria terá como rival ao vencedor do
enfrontamento Ordes-Santa Comba.
Para abrir boca, as fotos pertencen ao partido de Liga EFLalín-Cidade desta mesma tempada. Ah, e Mario non se lle quedou coa camiseta na segunda.

6/5/08

Fase de Ascenso Infantil: xa hai rival

En principio (porque seica está impugnado por algún club) podemos calificar o sorteo para a Fase de Ascenso á Liga Galega Infantil para a EF Lalín como afortunado. Libramos do Cidade de Santiago, do Imperator e do Residencia, a priori os máis fortes. Correspondeunos o campión do Grupo 6º de segunda categoría autonómica Infantil: o SDR Numancia de Ares. Pero xa que as confianzas son o peor do deporte, convén non fiarse nadiña.
Primeiro partido en Lalín o 17 ou 18 (confirmarémolo), a volta en Ares. De pasar, tocaría un destes vellos coñecidos: Nicrariense ou Sp.Estrada.Algúns datos do noso rival: Fundación: 1948. Concello de Ares. Campo: Prados Vellos, herba artificial. Polo de agora non dispoñemos de foto do equipo, pero hai un vídeo en Internet.
Ver o blog: elnuman.blogspot.com, aí podedes ver algo do partido infantil Numancia-Meirás. Parecen grandotes.
Como o fixo na súa Liga? 1º clasificado do G6 de 2ª Autonómica infantil: xogados: 20; gañados: 18, empatados: 0, perdidos: 2; goles favor: 142, goles contra: 22; puntos: 54 (2º Portuarios: 53, 3º As Pontes: 46). Os dous partidos que perdeu foron ao remate da liga, cando xa estaba clasificado e precisamente ante o 2º e o 3º.

ÚLTIMA HORA: ao parecer confirmouse a impugnación do Calasanz e o SORTEO REPETIRASE o luns 12 de maio.

5/5/08

A xornada da EFL

Semella que aos benxamíns lles afectou o novo mes ou o Torneo de Vigo. Maio recende a flores e, si, foron tres as derrotas noutros tantos partidos do Torneo doméstico. Está claro que os rivais eran de moita entidade, que ía calor, que non estivemos ben ou que unhas veces se gaña e algunhas se perde. Pero xa había ben tempo que non se producía algó así. Non é unha desfeita, por suposto. É deporte. É xogo. Pero haberá moitos que xa anden coa mosca detrás da orella. Que pasa, pois? Non pasa nada. E se o miramos desde outra óptica? Coa derrota do equipo A o campionato vai ferver ata a derradeira xornada. Non é mellor que seguir en tensión? Ceder por primeira vez ante un rival (nada menos que un intratábel Callobre, falamos do seu campo) entra na lóxica. Así Sueiro xa mira para a visita final á Estrada. Aí estamos. E foi precisamente no país de Trasdeza onde caeron tamén os de Pablo. Era lóxico. E ídem para os de Toño. Neste caso os de Melide sacábanlles a cabeza a todos os nosos do C. Pero a cativiños pelexaron, competiron, que é o que se esixe. O demais darao o tempo. Senón, ao tempo.
En fin, que aínda temos unha Liga viva na EF Lalín. Mentres as demais categorías van esmorecendo co remate das súas competicións, os Benxamíns collen protagonismo.