12/5/08

Vaia co re-Sorteo: CIDADE DE SANTIAGO!

Era visto!, que dirían os vellos unha vez sabido o rival do EF Lalín infantil no novo sorteo. Non houbo sorte. Tocou nada menos que o, posiblemente, mellor equipo desta Fase de Ascenso a Liga Galega: o Cidade de Santiago. Todo un coco. Campión de Liga destacadísimo da zona de Santiago (só unha derrota en todo o campionato) e favorito en todas as quinielas. Ademais, xa non virán confiados a Lalín, pois lembrarán e moito o 7-1 da pasada tempada en alevíns (algúns coñecidos veranse de novo as caras no campo). Pero hai que mirar ese espello. Daquela foi algo polo estilo: eran favoritos, estaban invictos, clasificáranse en Arousa... E zapatazo ante os nosos "cativiños" moi concentrados. E na Liga regular só foron quen de gañarnos 2-1 e con apuros. Por iso hai que dicir tamén que se a EF Lalín non tivo sorte, tampouco o Cidade de Santiago a tivo, e estarán lamentando ese primeiro sorteo impugnado polo Calasanz. Saben que loitaremos por pasar.
Así pois, ida en Lalín o domingo 18 ás 11.00 da mañá. Alí teñen que estar animando os seareiros da Escola. Pero todos, eh.
Volta na fin de semana seguinte en Santiago. Quen supere a eliminatoria terá como rival ao vencedor do
enfrontamento Ordes-Santa Comba.
Para abrir boca, as fotos pertencen ao partido de Liga EFLalín-Cidade desta mesma tempada. Ah, e Mario non se lle quedou coa camiseta na segunda.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

ANIMO RAPACES, NON PASA NADA.SI QUEREMOS,PODEMOS.E SI PODEMOS, DEBEMOS GAÑAR.EN SANTIAGO FOI UN 2-1,PERO PUIDO SER Ó REVES.SÓ NECESITAMOS UN POCO MAIS DE SORTE DA QUE TIVEMOS ALÍ E XA ESTÁ.ANIMO!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Teño unha suxestion.A predicion do tempo para lalin cambiade de paxina vez porque esta non acerta nin unha.Por exemplo leva 4 dias seguidos dicindo que a tronar e non pasou na de eso e que nen sequera a chovido moito como ahi dician.

Anónimo dijo...

vos gañade e nada mais eu vouvos animar sorte ke gañedes o domingo e animo ke juanillo, luis e michi estaran pronto para axudarvos