5/5/08

A xornada da EFL

Semella que aos benxamíns lles afectou o novo mes ou o Torneo de Vigo. Maio recende a flores e, si, foron tres as derrotas noutros tantos partidos do Torneo doméstico. Está claro que os rivais eran de moita entidade, que ía calor, que non estivemos ben ou que unhas veces se gaña e algunhas se perde. Pero xa había ben tempo que non se producía algó así. Non é unha desfeita, por suposto. É deporte. É xogo. Pero haberá moitos que xa anden coa mosca detrás da orella. Que pasa, pois? Non pasa nada. E se o miramos desde outra óptica? Coa derrota do equipo A o campionato vai ferver ata a derradeira xornada. Non é mellor que seguir en tensión? Ceder por primeira vez ante un rival (nada menos que un intratábel Callobre, falamos do seu campo) entra na lóxica. Así Sueiro xa mira para a visita final á Estrada. Aí estamos. E foi precisamente no país de Trasdeza onde caeron tamén os de Pablo. Era lóxico. E ídem para os de Toño. Neste caso os de Melide sacábanlles a cabeza a todos os nosos do C. Pero a cativiños pelexaron, competiron, que é o que se esixe. O demais darao o tempo. Senón, ao tempo.
En fin, que aínda temos unha Liga viva na EF Lalín. Mentres as demais categorías van esmorecendo co remate das súas competicións, os Benxamíns collen protagonismo.

No hay comentarios: