29/4/08

TORNEO PreBenxamín F7 en VIGO

II Torneo Galaico Portugués de Fútbol 7

Categoría Prebenxamín (xogadores nados no 2000 e 2001)

1º de Maio 2008

ORGANIZADOR: UD Santa Mariña, de Vigo

Equipos participantes:

Grupo A Grupo B

Tyde C.F. Cruceiro de Hío

E.F. Lalín Ponte Ourense C.F.

Rápido Bahía Ponte da Lima

E.F.B. Moañesa Salgueiriños C.F.

O Condado C.F. E.D. Val Miñor

Santa Mariña A Santa Mariña B

Resultados Liguilla previa:

E.F. Lalín-R.Bahía de Aldán: 0-1

Santa Mariña A- E.F. Lalín :1-2

Tyde C.F.- E.F. Lalín :1-1

E.F. Lalín - O Condado C.F.:4-0

E.F. Lalín - E.F.B .Moañesa:6-0

CLASIFICADOS COMO 2º DE GRUPO.

SEMIFINAIS: Val Miñor- E.F. Lalín: 1-1 (perdemos nos penaltis)

POLO 3º E 4º POSTO: Sª Mariña-E.F. Lalín: 2-1

CLASIFICACIÓN FINAL DA E.F.L. : 4º POSTO.

CAMPIÓN DO TORNEO: PONTE OURENSE.

27/4/08

Torneo Alevín CONCELO de TOURO

CALENDARIO II TORNEO FÚTBOL 7 ALEVÍN CONCELLO DE TOURO

GRUPO A

GRUPO B

SD. TOURO

CD. CONXO

SILLEDA

AT. MELIDE

CALLOBRE

EDA ARZUA

SAN MARCOS

SAN MAMEDE

GRUPO C

GRUPO D

E.F. LALIN

SD. CRUCES

SP. ESTRADA

X. OROSO A

BODEGÓN ARZÚA

TORDOIA

X. OROSO B

BANDEIRA

XOVES 1 DE MAIO

PARTIDO

HORA

BODEGÓN ARZÚA – E.F. LALIN

16,00

E.F. LALIN – SP. ESTRADA

17,30

X. OROSO B – E.F. LALÍN

19,00

CHAMPIONS ALEVÍNS: non puido ser

Era complicado superar o 6-1 da ida e non foi posíbel. Con 2-0 (Adrián e Marcos) aos 10 minutos parecía que a eliminatoria cobraba unha nova cor para a EF Lalín, pero o Orillamar non é un equipo calquera. Teñen física e técnica, e en canto viron que debían aplicarse a tope, o partido cambiou para duro e competido, con ocasións para os dous contendentes. Co 2-1 chegou o descanso nunha mañá de calor. Na segunda parte xa foi querer e non poder. Empatou o Orillamar nun remate de cabeza e a súa maior envergadura e idade impuxo o ritmo ante un equipo, o noso, con maioría de xogadores de primeiro ano. 2-2 final e aí acabou para nós a fase de campións alevín.Aplausos ao remate para xogadores e adestradores (Willy Alonso e Rafa Dacosta) que traballaron toda tempada con seriedade e dedicación. Ademais, hai que felicitalos polo seu magnífico comportamento. Agora chegan os Torneos.

26/4/08

Dani Riádigos volve aos adestramentos

Que Dani Riádigos empece a trotar e a realizar exercicios de recuperación e fortalecemento é unha boa noticia, non só para o xogador, tamén para a EF Lalín e para os infantís, a catro semanas do incio da Fase de Ascenso á Liga Galega. A cuestión é se dará chegado a tempo, pois todos sabemos que non é o mesmo deixar as muletas e facer carreira continua ca estar en forma para competir contra os mellores xogadores e equipos galegos da categoría. Aínda que de Dani podemos agardar sempre o máis positivo, pois a ninguén lle pasan desapercibidas as súas enormes facultades físicas, a pregunta que todos nos facemos agora é: estará entre os convocados por Richi para o primeiro partido, o 18 de Maio?

CADETES: non houbo carambola

Quedaba algunha esperanza e o equipo cumpriu co seu cometido (gañar, e de que forma, na casa do Montañeros B), pero dependiamos doutros. Era unha complicada carambola a catro bandas que non se produciu, pois os que o tiñan na súa mao non erraron. Incluso o Ferrol foi quen de superar ao Depor B, pero tampouco lle serviu de nada. Xuventú de Aguiño e Santiago son novos equipos de División de Honra Cadete.A pesar desta pequena decepción final, hai que dicir que o equipo que dirixe Montouto, no seu primeiro ano no Grupo I da Liga Galega Cadete, fixo unha tempada excelente. Estivo sempre nos postos de arriba, loitou ata a derradeira xornada polo ascenso, regalounos partidos impresionantes e foi sempre moi competitivo. SOBRESALIENTE, pois, para o adestrador e para unha xeración de magníficos xogadores que, ben seguro, seguirá dando alegrías aos seareiros dezaos.
Os números, nunha liga tan esixente, dan conta do seu alto nivel, pois dos 30 partidos disputados, foron quen de gañar 19, empatando 2 e perdendo 9. Acadaron 66 goles a favor e recibiron só 34. Nos goleadores houbo empate a 18 entre o eterno goleador, Iker, e un sorprendentemente resolutivo David Alvarellos. Pero este dato individualizado non é senón a mostra de que, ante todo, o equipo actuou sempre como un bloque compacto.
Que a foto, en sepia e con algunhas ausencias, sirva como
homenaxe a un equipo e a unha xeración xa Clasica na EFL.Arriba: Montoto (adestrador), Manuel, Sánchez, Canutas, Mouriño, Alvarellos, Peña, Xabi e Méixome. Abaixo: Xosé Ramón, Iker, Pacheco, Roi, Xosé Manuel, Novoa e Xesús Brei.

23/4/08

bola na rede

non importa se entra ou non a bola na rede, non importa se vai ou non vai, se gañas ou perdes tampouco importa
non importa se choras ou ris, non importa se berran ou non
importa o que ti sentes

Fin de semana: partidos decisivos

Liga Galega Cadete:
Derradeira xornada e non se pode pedir máis emoción. Agás o todo poderoso Depor, calquera dos catro aspirantes pode amarrar unha das dúas prazas de ascenso á División de Honra. Xuventú de Aguiño e Santiago téñeno mellor, desde logo, pois dependen deles e xogan na casa. Pero xa sabemos que no mundo do fútbol pode pasar calquera cousa, por iso hai que pelexar ata o asubío final. O Ferrol recibe ao Depor e depende dos outros tres, pero por lóxica tamén o intentará. E nós, que? De nada serve mirar atrás e lamentarse. Hai unha realidade que se impón: primeiro temos que gañar ao Montañeiros B e logo agardar un tropezo (derrota do Aguiño ou empate do Santiago, calquera serve). Gañar nunca é doado e ninguén regala nada, pero as dificultades vanas ter todos. Seguro. Pase o que pase, a intensidade e emoción desta complicada Liga queda demostrada con esta xornada final na que o equipo cadete da EFL que dirixe Montoto, coma sempre, está aí dando a cara e pelexando por todo.
Champións alevín:
Faltaron Adrián e Marcos á cita da Coruña por ter planificada con antelación unha excursión e, aínda que o encontro co Orillamar tivo certa igualdade, o resultado final de 6-1 parece unha lousa enorme para a volta. Pero quedan esperanzas: un partido inspirado por parte de todo o conxunto, un exceso de confianza do contrario, unha aportación extra de Adrián... Todo pode acontecer, pois o fútbol está cheo de fazañas deste tipo. O que de seguro non vai faltar é o apoio dos seareiros da EFL a unha categoría que leva unha temporada impecábel e que, polo futuro da Escola, debemos seguir mimando.

18/4/08

Co Cadete A ata o final

Ninguén agardaba estas dúas derrotas seguidas do Cadete A ante rivais directos. Mellor dito, contábase solucionar o ascenso neses partidos. Pero a realidade é que este grupo 1 da Liga Galega (lembremos: a categoría máis alta na que a EF Lalín ten equipo) está resultando moi forte e competitiva. Deixando á parte ao Depor B, que non pode ascender, a pelexa por dous postos que leven á División de Honra segue aí. Agora téñeno mellor o Xuventú de Aguiño e o Santiago, pois solucionaron o golaverage con nós e xa só dependen deles, pero polo visto tampouco lles resulta doado gañar a outros rivais. Todos frouxean nos momentos clave. Mesmo o Ferrol, estrepitosamente goleado na última xornada, recuou por méritos propios. En fin, que faltan dous partidos e temos menos posibilidades das que tiñamos hai quince días, pero os seareiros da EF Lalín debemos estar máis ca nunca co equipo que dirixe Montoto. O partido contra o Residencia é outra final, e esperemos que contra o Montañeros B aconteza outro tanto. Cheguen onde cheguen, pase o que pase, os xogadores desta magnífica xeración (con cinco tempadas na EFL e moitos campionatos e ascensos no seu haber) deben saber que o papel realizado nesta dura competición está sendo moi importante. Como importantes son todos eles para nós. Por iso, e porque sempre se entregaron ata o límite e nunca tiraron a toalla, estamos cos cadetes ata o final.

16/4/08

XUVENIL: excelente final

Sirva de homenaxe esta entrada a un equipo que tivo que superar unha Liga moi complicada no grupo 7 da Primeira Autonómica. Non resultaba doado librar dos seis ou sete últimos postos que poden descender (senón que llelo pregunten ao Estradense, ao Santiago, ao Conxo, ao Noia e a outros tres equipos que quedaron no pozo ou que aínda dependen doutros para manterse). Pois eles fixérono. E máis difícil e digno de destacar resulta se contamos coa remodelación que sufriu o equipo nesta xeira, con poucos xogadores da tempada pasada.SOBRESALIENTE, pois, para XOGADORES e ADESTRADOR, un César Reboredo que pelexou contra moitas adversidades e ante o que hai que descubrirse de novo polo seu magnífico traballo.
E se hai un feito que destacar deste equipo, foi o seu espectacular final de Liga, cos sete últimos partidos sen perder. Desde a derrota co At. Melide, o Xuvenil da EF Lalín acadou catro victorias e tres empates, marcando 18 goles a favor e nove en contra, o que fala ben ás claras dunha adecuada planificación e dun comportamento excepcional de todos os xogadores.

15/4/08

Chega a CHAMPIÓNS alevín!!!!

Case sen deixar tempo para dispoñerse, xusto ao remate da competición regular na que o equipo alevín da EF Lalín gañou todos os partidos, procedeuse ao sorteo entre os 32 campións de grupo de toda Galiza. É a emoción da CHAMPIÓNS ALEVÍN. E a sorte está botada.
Partido de ida: sábado,19 de abril:
ORILLARMAR SD-EF LALÍN (resultado 6-1(o equipo notou a falta de Adrián. Marcou Martín, transformando un penalti a Rodrigo))
Campo da Torre, a Coruña. 11.30 horas.
O partido de volta será en Lalín, o sábado 26 ou o domingo 27.
No caso de superar esta ronda, veriámonos as caras o 4 e 11 de maio contra o vencedor do Furia At.-Viveiro. E de superala, xa en cuartos de final, pode que sexa contra o verdugo do ano pasado, todo un Deportivo. Pero haberá que ir ao paso, pois non vai ser doado. MOITA SORTE.

11/4/08

Outra interesantísima Fin de Semana

Xuvenil: visita a un Cruces cada vez máis poderoso.
Ao mellor o equipo xa está salvado, pero pode que non. Dependerá dos ascensos e descensos. Gañando libraría de todo mal. Empatando ou perdendo dependería do resultado dos seus rivais. O que está fóra de toda dúbida é a sensacional segunda volta que fixeron os nosos xuvenís.
Última hora: RESULTADO FINAL: 2-2, o Cruces empata no desconto. Partido intenso.
Con este resultado e as derrotas do Estradense e do Conxo C na casa, o equipo xuvenil da EF Lalín dirixido por César queda nunha espectacular 9ª posición e está matematicamente salvado, pois deixa a 7 equipos por debaixo.
NORABOA a XOGADORES e ADESTRADOR!! E ollo coas celebracións.

Cadete A: partido a cara de can en Aguiño.
Logo do 2-2 na ida e a un punto na clasificación, os dous precisan gañar. Tal e como están os catro aspirantes a dúas prazas polo ascenso, pode pasar de todo nestas tres xornadas que quedan. Se algo está emocionante, é esta tempada a Liga Galega Cadete.
Última hora: RESULTADO FINAL: 3-0: Non puido ser. Complícase o ascenso.
Benxamín: O campión de inverno visita o Municipal de Melide.
Outro atranco no camiño se os de Sueiro queren ser campións ao remate da xeira. O At. Melide. Non será doado, pero doutras máis duras teñen saído estes cativos comandados por un Brais cada vez máis contundente.
Última Hora: RESULTADO FINAL: 3-4, axustado, pero como tiña que ser.

10/4/08

Homenaxe aos máis cativos

Ás veces botamos algo así como contas de quen sae moito e quen sae menos no blog e decatámonos de que algúns equipos están como marxinados. Nada diso, ou cando menos moi lonxe da nosa intención. Por iso hoxe queremos facerlle unha pequena homenaxe aos máis cativos, aos do equipo Benxamín C de Toño. E facémolo poñéndoos nese tono negro-sepia tan clásico que distingue ás formacións de sempre. Simplemente por iso e porque o futuro é seu.Nesta formación cadran de pé: Toño (adestrador), Blankiño, Marcos, Dani Ramos e Manuel. Anicados: Fran, Marcos Díaz, Álvaro, Jacobo, Guille e Carlitos.

9/4/08

Agora si: Selección Galega

Se hai uns meses era a convocatoria coa selección de Santiago, agora tócalle á Galega.
Adrián Iglesias Moure, Adrián para os seus compañeiros alevíns e infantís, está convocado para realizar un adestramento coa Selección Galega Alevín este xoves no campo de Santa Isabel. Irá xunto con Brais, do Cruces.
A nosa noraboa a este "matador" que desde que chegou desde Agolada non deixa de asombrar e progresar.

Lances do xogo

A plasticidade do deporte está fóra de toda dúbida, e os partidos dos equipos da EFL non quedan atrás. Xa que hai tempo nos pedíades máis fotos e menos texto (todo é discutíbel), aquí están algunhas da pasada fin de semana.

O xogo das fotos

Hai goles de todo tipo, pero a elaboración do que puidemos captar en seis instantáneas do Infantil A ao Silleda non lle fai xustiza á obra de enxeñaría colectiva que de certo significou.
Agora propoñémosche un xogo.
As fotos estas desordenadas: Intenta identificalas e ordenalas co momento
.

1º.-Recimil desde a banda fai unha parede cara ao interior con Adrián.

2º.-Recimil recibe, controla e conduce para a frontal da área, mentres Adrián se desmarca.

3º.-Recimil mete un pase polo interior da defensa para Adrián.

4º.-Adrián controla, orienta e enfronta ao porteiro.

5º.-Adrián amaga o disparo, pero fréase e mira.

6º.-Finalmente Marco, que chega seguindo a xogada, recibe de cara e marca.

7/4/08

A xornada da EFL

Unha vez superada a fin de semana e postos a valorar, hai esquecer a derrota na Liga Galega do equipo Cadete co Santiago e mirar para os partidos que virán, pois o próximo contrario é o Xuventú de Aguiño, que ven de perder co Depor B. Se ademais o Ferrol patinou na casa, todo segue moi parello. Isto non se acaba por perder un partido.
A alegría déronnola os Xuvenís coa súa avultada vitoria, 5-0 ao Noia, que enterra ao Santiago B e consolida aos de César como un dos mellores equipos deste intenso final de liga. Agora só queda o óso duro de Cruces, xa matematicamente libre do descenso.
Outra festa foi a do 3-2 ao Bandeira do Alevín A de Willy. Cun árbitro cabreado en exceso e marcador 2-2, parecía que aí morría o intento de gañar todos os partidos, pois o título de Liga xa estaba no peto. Sería Jorge Vilas, cun espectacular gol co peito a saque de esquina, o encargado de selar a vitoria nos derradeiros instantes. Non o collemos, pero si a enorme celebración.

5/4/08

Secuencias dun gol

1ª.-Desmarque de ruptura:2ª.-Control orientado en carreira:3º.-Definición ante saída de porteiro: Parece fácil, verdade?

2/4/08

Partidos decisivos

Despois da trepidante fin de semana pasada, varios partidos desta presentan importantes alicientes para a EFL e os seus seareiros. A emoción está en dúas categorías.
Xuvenil: indispensábel gañarlle ao Noia.Son tres puntos, pero a competición está que ferve a só dúas xornadas para o remate. Santiago B, Conxo C, Estradense e Cruces compiten coa escuadra de César por fuxir da queima de 1ª que seguramente collerá a dous. A encarnizada loita decídena non só os enfrontamentos entre eles (por exemplo, Cruces-EF Lalín no derradeiro partido), senón cada choque, pois hai moitos equipos implicados en loitar por meterse na Fase de Ascenso. Interesantísima Liga e pelexa ata o derradeiro minuto na que nin por asomo se contaba que lograse estar o equipo xuvenil. Nestes intres é cando máis hai apoiar para lograr o obxectivo. Ánimo, pois, e ao campo o sábado ás 19.00!
Cadetes A: 3 puntos de ouro ante o Santiago.
Tampouco a Liga Galega pode estar máis competida e emocionante. Catro equipos (Xuventú de Aguiño, Ferrol, Santiago e EF Lalín) pelexan a morte por dúas prazas para o ascenso (o Depor, xa campión de Liga, non pode). E o domingo hai un enfrontamento directo no Manuel Anxo Cortizo. O Cadete A de Montoto recibe ao Santiago, que ven de gañarlle ao líder. Quen caia derrotado perde moitas opcións nesta parte final, quen gañe descarta case definitivamente ao contrincante. Non serve o empate, por moito que o golaverage particular nos favoreza. Así pois, o domingo ás 12.00 de novo ao campo, seareiros!