26/4/08

CADETES: non houbo carambola

Quedaba algunha esperanza e o equipo cumpriu co seu cometido (gañar, e de que forma, na casa do Montañeros B), pero dependiamos doutros. Era unha complicada carambola a catro bandas que non se produciu, pois os que o tiñan na súa mao non erraron. Incluso o Ferrol foi quen de superar ao Depor B, pero tampouco lle serviu de nada. Xuventú de Aguiño e Santiago son novos equipos de División de Honra Cadete.A pesar desta pequena decepción final, hai que dicir que o equipo que dirixe Montouto, no seu primeiro ano no Grupo I da Liga Galega Cadete, fixo unha tempada excelente. Estivo sempre nos postos de arriba, loitou ata a derradeira xornada polo ascenso, regalounos partidos impresionantes e foi sempre moi competitivo. SOBRESALIENTE, pois, para o adestrador e para unha xeración de magníficos xogadores que, ben seguro, seguirá dando alegrías aos seareiros dezaos.
Os números, nunha liga tan esixente, dan conta do seu alto nivel, pois dos 30 partidos disputados, foron quen de gañar 19, empatando 2 e perdendo 9. Acadaron 66 goles a favor e recibiron só 34. Nos goleadores houbo empate a 18 entre o eterno goleador, Iker, e un sorprendentemente resolutivo David Alvarellos. Pero este dato individualizado non é senón a mostra de que, ante todo, o equipo actuou sempre como un bloque compacto.
Que a foto, en sepia e con algunhas ausencias, sirva como
homenaxe a un equipo e a unha xeración xa Clasica na EFL.Arriba: Montoto (adestrador), Manuel, Sánchez, Canutas, Mouriño, Alvarellos, Peña, Xabi e Méixome. Abaixo: Xosé Ramón, Iker, Pacheco, Roi, Xosé Manuel, Novoa e Xesús Brei.

1 comentario:

Anónimo dijo...

sobresaliente para todos, habeis hecho una temporada extraordinaria
Aunque el año proximo no esteis juntos espero que mantengais la amistad.