23/4/08

Fin de semana: partidos decisivos

Liga Galega Cadete:
Derradeira xornada e non se pode pedir máis emoción. Agás o todo poderoso Depor, calquera dos catro aspirantes pode amarrar unha das dúas prazas de ascenso á División de Honra. Xuventú de Aguiño e Santiago téñeno mellor, desde logo, pois dependen deles e xogan na casa. Pero xa sabemos que no mundo do fútbol pode pasar calquera cousa, por iso hai que pelexar ata o asubío final. O Ferrol recibe ao Depor e depende dos outros tres, pero por lóxica tamén o intentará. E nós, que? De nada serve mirar atrás e lamentarse. Hai unha realidade que se impón: primeiro temos que gañar ao Montañeiros B e logo agardar un tropezo (derrota do Aguiño ou empate do Santiago, calquera serve). Gañar nunca é doado e ninguén regala nada, pero as dificultades vanas ter todos. Seguro. Pase o que pase, a intensidade e emoción desta complicada Liga queda demostrada con esta xornada final na que o equipo cadete da EFL que dirixe Montoto, coma sempre, está aí dando a cara e pelexando por todo.
Champións alevín:
Faltaron Adrián e Marcos á cita da Coruña por ter planificada con antelación unha excursión e, aínda que o encontro co Orillamar tivo certa igualdade, o resultado final de 6-1 parece unha lousa enorme para a volta. Pero quedan esperanzas: un partido inspirado por parte de todo o conxunto, un exceso de confianza do contrario, unha aportación extra de Adrián... Todo pode acontecer, pois o fútbol está cheo de fazañas deste tipo. O que de seguro non vai faltar é o apoio dos seareiros da EFL a unha categoría que leva unha temporada impecábel e que, polo futuro da Escola, debemos seguir mimando.

1 comentario:

Anónimo dijo...

k dia e o partido ( akkki) INFANTIS B