11/4/08

Outra interesantísima Fin de Semana

Xuvenil: visita a un Cruces cada vez máis poderoso.
Ao mellor o equipo xa está salvado, pero pode que non. Dependerá dos ascensos e descensos. Gañando libraría de todo mal. Empatando ou perdendo dependería do resultado dos seus rivais. O que está fóra de toda dúbida é a sensacional segunda volta que fixeron os nosos xuvenís.
Última hora: RESULTADO FINAL: 2-2, o Cruces empata no desconto. Partido intenso.
Con este resultado e as derrotas do Estradense e do Conxo C na casa, o equipo xuvenil da EF Lalín dirixido por César queda nunha espectacular 9ª posición e está matematicamente salvado, pois deixa a 7 equipos por debaixo.
NORABOA a XOGADORES e ADESTRADOR!! E ollo coas celebracións.

Cadete A: partido a cara de can en Aguiño.
Logo do 2-2 na ida e a un punto na clasificación, os dous precisan gañar. Tal e como están os catro aspirantes a dúas prazas polo ascenso, pode pasar de todo nestas tres xornadas que quedan. Se algo está emocionante, é esta tempada a Liga Galega Cadete.
Última hora: RESULTADO FINAL: 3-0: Non puido ser. Complícase o ascenso.
Benxamín: O campión de inverno visita o Municipal de Melide.
Outro atranco no camiño se os de Sueiro queren ser campións ao remate da xeira. O At. Melide. Non será doado, pero doutras máis duras teñen saído estes cativos comandados por un Brais cada vez máis contundente.
Última Hora: RESULTADO FINAL: 3-4, axustado, pero como tiña que ser.

No hay comentarios: