2/4/08

Partidos decisivos

Despois da trepidante fin de semana pasada, varios partidos desta presentan importantes alicientes para a EFL e os seus seareiros. A emoción está en dúas categorías.
Xuvenil: indispensábel gañarlle ao Noia.Son tres puntos, pero a competición está que ferve a só dúas xornadas para o remate. Santiago B, Conxo C, Estradense e Cruces compiten coa escuadra de César por fuxir da queima de 1ª que seguramente collerá a dous. A encarnizada loita decídena non só os enfrontamentos entre eles (por exemplo, Cruces-EF Lalín no derradeiro partido), senón cada choque, pois hai moitos equipos implicados en loitar por meterse na Fase de Ascenso. Interesantísima Liga e pelexa ata o derradeiro minuto na que nin por asomo se contaba que lograse estar o equipo xuvenil. Nestes intres é cando máis hai apoiar para lograr o obxectivo. Ánimo, pois, e ao campo o sábado ás 19.00!
Cadetes A: 3 puntos de ouro ante o Santiago.
Tampouco a Liga Galega pode estar máis competida e emocionante. Catro equipos (Xuventú de Aguiño, Ferrol, Santiago e EF Lalín) pelexan a morte por dúas prazas para o ascenso (o Depor, xa campión de Liga, non pode). E o domingo hai un enfrontamento directo no Manuel Anxo Cortizo. O Cadete A de Montoto recibe ao Santiago, que ven de gañarlle ao líder. Quen caia derrotado perde moitas opcións nesta parte final, quen gañe descarta case definitivamente ao contrincante. Non serve o empate, por moito que o golaverage particular nos favoreza. Así pois, o domingo ás 12.00 de novo ao campo, seareiros!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola a todos!Animo a todas as persoas que veñan ó campo o sábado as 19:00 porque o partido dos xuvenis está que
trona. Espero que o campo estea cheo porque vai ser algo inolvidable.Tamen animo ós cadetes a gañar o domingo.Canutas e Sanchez teñen que ir convocados cos xuvenis pofavor!!!!!!!!!!Ánimo ós dous equipos!!!Un saúdo!!!

Anónimo dijo...

APOYEMOS ENTRE TODOS AL EQUIPO A HACER HISTORIA, ESTE MOMENTO NADIE SE LO PODIA IMAGINAR, FORMAIS UN GRUPO HUMANO IMPRESIONANTE, SOIS COMO UN GRUPO DE AMIGOS QUE JAMAS DEJARAN DE SERLO, ANIMO Y ENTRE TODOS AYUDEMOLES A CRUZAR LA META SE LO MERECEN CON CRECES, NO ME OLVIDO DE LA LABOR DE JAVIER MONTOTO QUE ES DIGNA DE MENCION,EN EL FONDO ESTOY MUY UNIDO CON ESTE GRUPO LOS HE VISTO CRECER Y LES TENGO APRECIO, OS DESEO LO MEJOR.