31/7/09

César Reboredo, fillo, adestrador do Infantil B

A principal incógnita que quedaba por resolver no fútbol 11 da Escola xa ten solución. Hai adestrador para o equipo infantil B de fútbol 11. Trátase de César Reboredo Valdés, fillo de César, ex-presidente, fundador e adestrador na EFL desde a súa creación. César, que xa colaborou durante varias pretempadas coa Escola (ver foto inferior, pai e fillo cunha das plantillas de xuvenís de hai anos) regresa de completar os seus estudos de fisioterapia en Valencia e representa unha valiosísima incorporación para o deporte de toda a comarca. Aínda que a Escola levaba tempo intentado contar cos seus servizos, pois todos sabemos da súa valía e da seriedade que aplica no seu traballo, nunca fora posíbel concretar esta fichaxe. Por iso estivemos agardando ata a última hora, xusto cando dan comenzo os adestramentos (lembramos, xoves 6 ás 18.00 vestidos, con tenis e botella). César Reboredo acompañará a Rafa Dacosta na categoría infantil.
Desde a EFL dámoslle a benvida e desexámoslle o mellor.

30/7/09

As novidades dos xogadores

GUILLE (infantil): despois da súa espectacular tempada en alevíns, estabamos sorprendidos de que Guille non fixese a preinscrición na EFL para xogar en infantís. Foi un malentendido, pois si que a fixera, pero non atopamos o papel da reserva. Así, despois dunha conversa de Sueiro co pai, Guille está anotado para a tempada 2009-10 na que seguramente compatibilizará rugby e fútbol. Pedímoslle disculpas polo erro e dámoslle a benvida a un camarada que nunca nos abandonou.
DAVID "FLOR" (xuvenil): parece que David vai ter problemas para seguir xogando ao fútbol. Postos en contacto con el para convocalo á pretempada, indicounos que terá que deixalo por matricularse en "adultos", que ten un horario de clase que coincide cos adestramentos. Mala sorte para el e para a EFL. Moralexa para todos: estuda o que debes e non terás problemas para o que che gusta.
ULTIMA HORA: Toño, o adestrador, insistiu en contar con David. Púxose en contacto con el e ofreceulle, incluso, realizar adestramentos fóra do seu horario. David ten case decidido volver cos seus compañeiros. Magnífica noticia.
XOSÉ RAMÓN (xuvenil): despois do que falamos con el, o de Silleda decidiu aceptar a proposta do CD Lalín e, aínda sen recuperar de todo, empezou a adestrar con Román.

Por certo que o CD Lalín está a cumprir estritamente o acordado coa EFL: ningún dos xogadores preinscritos na EFL adestra co CD Lalín xuvenil. Xosé Ramón e Iker xa non se anotaran, aínda que figuraban na lista dos que lles interesaban, e dos outros solicitados, Xoel e Mouriño, só o primeiro aceptou a proposta. En canto aos que non se inscribiron na EFL nin figuraban nesa lista de necesarios para o CD Lalín, está claro que son libres de facer o que crean oportuno e non deberan recibir nin a primeira crítica por parte dos nosos seareiros. A EFL, por suposto, nunca poñerá ningunha pega ás súas decisións e terá para os nosos ex-xogadores a máxima consideración. A ninguén se lle oculta, ademais, que o equipo xuvenil do CD Lalín é a saída lóxica dos nosos deportistas.

Renuncia a División de Honra

Esta foto é a do CD Lugo, o campión da pasada Liga Galega Cadete, grupo 1. E a que ven poñela aquí? Pois porque eles acadaron o ascenso á División de Honra Cadete e nós poderiamos estar competindo con eles na tempada 2009-10. Como? Pois porque á Escola de Fútbol Lalín ofrecéuselle na mañá deste pasado sábado o ascenso administrativo por renuncias de equipos a estar nesa liga. A chamada colleu desprevenido ao Secretario, Dani Gavieiro, que inmediatamente se puxo en contacto coa Coordinación Deportiva, cos adestradores e co Presidente para tratar de dar, en dúas horas, unha contestación.
A resposta, unha vez analizados pros e contras tivo en conta o deportivo, en función do equipo que teremos (case todos de 1º ano, pois os da foto xa son na súa maioría xuvenís), a viabilidade económica e tamén o apartado organizativo. Todos estaban de acordo en que non era o momento oportuno para dar ese salto. Somos unha Escola de Fútbol na que prima a formación e non un Club que pretende estar no cumio das divisións sen ter en conta outras consideracións.
A resposta, pois, foi NON AO ASCENSO ADMINISTRATIVO á DIVISIÓN DE HONRA CADETE. O seguinte equipo ao que se lle ofertou foi o Bergantiños. Estes, ao parecer, aceptaron.

29/7/09

botes e botellas contra a gripe A

A Coordinación deportiva da Escola de Fútbol Lalín, ante o inicio dos adestramentos na 1ª semana de agosto e sen ánimo de crear alarma, acaba de tomar unha medida preventiva ante a GRIPE A que se fai extensiva a xogadores e adestradores:
Todos os deportistas da EFL deben vir provistos dunha botella, bote ou recipiente individualizado para hidratarse durante as sesións de adestramento.
Estes deben ser reutilizábeis, é dicir, cando se acabe o líquido poderán encherse de novo de auga da traída ou da auga embotellada que merca a EFL. Así, cada deportista terá o seu bote exclusivo e levarao e traerao da casa, sendo responsábel do seu coidado e limpeza. Pode e debería estar personalizado co nome a rotulador, ser o da súa bici ou de calquera marca que lle praza (mira os exemplos da foto). O único que se lle esixe é que se distinga do dos demais.
Finalmente lembrar que quen non o traia non poderá beber do dos outros compañeiros e sempre lle quedará unha billa que seguramente xa usaron moitas outras persoas, pois de inicio (repetimos, como sinxela medida hixiénica preventiva) a EFL non vai poñer a disposición do grupo nin as tradicionais garrafas de 5 litros nin as botellas de 1´5, e moito menos botellas pequenas de usar e tirar que estarían ciscadas a centos polo recinto deportivo.
A EFL só aportará auga para encher os botes individuais.
Por se alguén non le o blog, faille un favor, coméntallo antes de iniciar os adestramentos.

22/7/09

Diego, Xosé Ramón e Javi

Xullo é un mes nos que toca confeccionar os planteis de fútbol 11. Logo virá construír equipos, tarefa de adestradores.
No caso XUVENIL, desde o final da tempada pasada intentamos que se consolide un grupo que recolla boa parte dos xuvenís e dos que pasan de cadetes. Despois dos acordos co CD Lalín (lista de xogadores que interesan a Román, e lista dos nosos inscritos), aínda quedan algúns xogadores cun destino indefinido (Brian, Miguel, Pato, Felipe, etc.). Engadiuse David Currás e decidiu ficar na EFL Diego Mouriño, como informamos. Agora hai que falar de tres puntais que estaban o ano pasado no equipo cadete.
DIEGO: o porteiro de Callobre (que fixera reserva de praza), aínda que tiña unha proposta do Compostela, ven de confirmar que xogará a tempada 2009-10 coa EFL. É o único porteiro xuvenil que temos e a noticia é moi importante para o equipo.
XOSÉ RAMÓN: lesionado de gravidade ao final da tempada anterior e aínda sen recuperar de todo, o de Silleda non fixo reserva de praza na EFL e figura na lista de solicitados polos xuvenís do CD Lalín. Pero ten dúbidas. Desde a Escola queremos o mellor para el (tanto polo seu valor deportivo como polo magnífico comportamento que sempre tivo), e que tome a decisión que crea conveniente. Para iso ofrecémoslle empezar a pretempada cos xuvenis da EFL e realizar un plan de recuperación específico que fortaleza o seu xeonllo. Iso sen ningún compromiso. Logo que el e a súa familia decidan o que consideren oportuno. Agardamos a súa resposta.
JAVI: desde Chapa acaba de confirmar que segue na EFL, o que representa ter unha boa colleita do anterior equipo cadete e asentar un plantel de garantías para a dura liga de 1ª autonómica xuvenil. Benvido tamén.
ULTIMÍSIMA HORA: Xabier Fdez Cabanas, máis coñecido como "Pato", xuvenil procedente dos cadetes e que fixera a reserva de praza, deixa a EFL. Por proximidade á Estrada e outras facilidades, a tempada que ven xogará no Compostela. Desde Lalín desexámoslle o mellor.

21/7/09

Fútbol 11: HORARIOS Inicio PRETEMPADA

Xa temos os horarios para que se presente o fútbol 11.
As DATAS de inicio de PRETEMPADA eran:
CATEGORÍA CADETE: luns 3 de agosto
CATEGORÍA XUVENIL: martes 4 de agosto
CATEGORÍA INFANTIL: xoves 6 de agosto

Os HORARIOS, eses días e para cada categoría:
-ás 17.30 no campo, para aclarar vestiarios, datas de adestramentos...
-ás 18.00 vestidos de faena (preparados para adestrar).
NOTAS:
-Recordamos que para estes primeiros adestramentos é preciso traer zapatillas deportivas ("tenis") e botas de fútbol (se se quere). Nos dous casos, mellor usadas (non merquedes aínda botas), pois nas pretempadas sempre hai problemas coas vinchocas ou bochas (ademais das maniotas).
-Vir dispostos (concienciados), porque as pretempadas de fútbol 11 non son de coña.
-Ao remate dese 1º adestramento, cada xogador deberá recoller a información da súa documentación para tramitar canto antes a ficha e ter así un seguro.

18/7/09

Os rivais do fútbol 11

Antes de nada debemos aclarar que se no blog nos estamos centrando no fútbol 11 é porque está a piques de empezar: en agosto adestramentos, plantillas de xogadores, calendario, fichas... O fútbol 7 estará un mes máis de vacación porque a súa "movida" comenza en setembro. Así pois, seguimos a informar.
Estes son os nosos competidores no fútbol 11 na tempada 2009-10, a de máis nivel nos seis anos de existencia da EFL, pois os infantís A estarán no Grupo 1º da Liga Galega Infantil, a máis alta, os cadetes competirán no grupo 1º da Liga Galega Cadete na que hai moitos equipos B (polo tanto maioritariamente de 1º ano, coma nós). Pola súa banda, os xuvenís terán unha dura proba nesa 1ª autonómica, tan competitiva, pero cos xogadores que quedan esta tempada poden facer cousas importantes. Finalmente o equipo infantil B, como canteira para o A, compite no grupo 6º da 2ª autonómica.
Primeira autonómica xuvenil, grupo 7º (Santiago)
Inicio competición: sábado 5 de setembro
1.ATL. MELIDE (D)
2.FLAVIA SD
3.DUBRA SD
4.ATL. OLEIROS
5.CACHEIRAS SD
6.CD CONXO C
7.PORTO DO SON CF
8.AD NICRARIENSE
9.PEÑA BODEGÓN ARZÚA
10.ED XUVENTUDE OROSO
11.SD CRUCES
12.EF LALÍN
13.NOIA CF (A)
14.SILLEDA CF (A)
15.ED VAL DO ULLA-RIBADULLA (A)
16.SDC RECESENDE
Promocionan a Liga Galega: 5 primeiros
Descenden: 4 últimos

Liga galega cadete, grupo I
Inicio competición: sábado 5 de setembro

1.XUVENTU AGUIÑO (D)
2.RC DEPORTIVO “B”
3.VICTORIA CF “B”
4.IMPERATOR OAR
5.ORILLAMAR SD
6.SRD PORTUARIOS
7.MONTAÑEROS CFBG “B”
8.SD CIDADE SANTIAGO
9.CD CONXO “B”
10.BERGANTIÑOS CF
11.SANTA COMBA CF
12.RC VILALBÉS
13.SDC RESIDENCIA
14.EF LALÍN
15.BETANZOS CF (A)
16.OLÍMPICO CF (A)
17.CD LUGO “B” (A)
18.SP. ESTRADA (A)
Ascenden a División de Honra: 2
Descenden: 2 últimos

Liga galega infantil, grupo I
Inicio competición: sábado 5 de setembro (aínda por confirmar)
1.RC DEPORTIVO
2.VICTORIA CF
3.XUVENTU AGUIÑO
4.GALICIA CARANZA
5.ORILLAMAR SD
6.SRD PORTUARIOS
7.MONTAÑEROS CFBG
8.LA SALLE
9.CD CONXO “B”
10.BERGANTIÑOS CF
11.URAL CF
12.SDC RESIDENCIA
13.SANTIAGO DE COMPOSTELA CF
14.CD LUGO
15.ORDES SD (A)
16.EF LALÍN (A)
17.VIVEIRO CF (A)
18.SDC MILAGROSA (A)
Descenden: 4 últimos 2ª autonómica infantil, grupo 6ª (Santiago)
Inicio competición: mediados de setembro (sen confirmar)
1.SD COMPOSTELA (D)
2.AMIO SD
3.CD SAN MAMEDE
4.SD CIDADE SANTIAGO “B”
5.SAN PEDRO FC
6.ATL MELIDE
7.TORDOIA CF
8.CD BELVÍS
9.TOURO SD
10.CD Cia de MARÍA
11.SAN MARCOS CF
12.A ESCOLAS INMACULADA
13.EF LALÍN “B”
14.P BODEGÓN ARZÚA
Ascende: 1
Promociona: 2º
(Da tempada anterior: A = ascendido, D = descendido)

17/7/09

Brais e Rubén: Reforzos de Cruces para a Liga Galega

Sabemos que a Liga Galega Infantil vai ser esixente. Sabemos que hai que estar preparados para competir cos mellores equipos galegos e que teñen os mellores xogadores, pois trátase do máximo nivel nesta categoría en Galiza. Para iso intentamos que estean coa EFL os xogadores máis importantes da bisbarra.
Se hai uns días adiantabamos a "fichaxe" de Rubén (infantil de 1º ano), agora temos que dar a nova de Brais. O bravo xogador de Cruces acaba de tomar a decisión (xunto coa súa familia) de xogar a Liga Galega Infantil coa Escola de Fútbol Lalín. Aínda que non dispoñemos de fotos deles, dámoslles a benvida aos dous e agardamos sigan aprendendo e facendo amigos.
Aínda que a ninguén lle agrada perder xogadores, cómpre indicar a boa disposición do Cruces para que estes dous puntais do seu equipo infantil veñan xogar este importante campionato, feito que desde a EFL agradecemos.
NOTA INFORMATIVA: por un erro de comprobación das datas de nacemento colocamos a Cristian Bohórquez como infantil. Pois NON, Cristian é cadete na tempada 2009-2010.

16/7/09

"Históricos" coa EFL: Currás e Diego Mouriño

DAVID CURRÁS na EFL
Botabamos de menos algunhas reservas de praza. As deses xogadores que sempre estiveron con nós. Pensabamos que algunha vez teñen que deixarnos, que despois de seis tempadas algúns toman as súas decisións e buscan novos vieiros. Pero non. Currás non podía deixarnos. Hoxe inscribiuse na Escola, no que sempre foi o seu equipo desde o ano 2003. Benvido de novo, chavalote!

DIEGO MOURIÑO:
NON ao CD LALÍN
Este é outro caso, pero moi significativo, porque é outro histórico que fixera reserva de praza, deses que desde a tempada 2003-2004 forman parte da nosa familia. A Noticia é: Diego Mouriño, segundo nos confirmou el e seu pai, non irá para o CD Lalín e segue outra tempada máis na EFL. Queremos facer un bo equipo xuvenil. Queremos xente comprometida. E este é un punto de inflexión para decisións que se teñen tomado sen reflexionar.
Quedan aínda algúns flecos para ofrecerlle un plantel supercompetitivo a TOÑO, o adestrador, pero outros virán e ao mellor xa non terán sitio. Polo de agora, desde a EFL, CHAPEAU para DIEGO e grazas por confiar en nós!
(as fotos da dereita son da pretempada 2003-2004, a da esquerda é de Mouriño nun partido da última tempada)

8/7/09

Inicio dos adestramentos F-11 e Noticias da EFL

Mentres algúns negrean nas praias, mentres outros fichan polo Real Madrid, mentres uns poucos estudan para setembro; mentres outros andan na herba e mentres vai pasando o tempo...
Xa temos confirmadas as DATAS de INICIO dos ADESTRAMENTOS de FÚTBOL 11 na EFL. Para que fagades plans, digamos.

categoría cadete: LUNS 3 DE AGOSTO.
categoría xuvenil: MARTES 4 DE AGOSTO.
categoría infantil: XOVES 6 DE AGOSTO.
(para a semana confirmaremos os horarios)
NOTICIAS DA EFL:
-Rubén (de Cruces): ven para o infantil da EFL.
-Os 4 xogadores da EFL que o adestrador do equipo xuvenil do CD Lalín solicita para reforzar o seu equipo son:
Iker e Xosé Ramón (sen reserva de praza).
Xoel e Diego Mouriño (con reserva feita).
Agora xa depende deles.
O compromiso do CD Lalín é que os demais xogadores preinscritos na EFL seguirán con nós e non poden adestrar co CD Lalín.

5/7/09

categoría INFANTIL 2009-10

Avance da categoría infantil, que competirá con dous equipos na tempada 2009-10.
Adestrador de LIGA GALEGA Infantil, grupo I: Rafa (Dacosta)
Adestrador de 2ª División Autonómica, grupo 6º da zona de Santiago de Compostela: por decidir
Xogadores:
1.-Ionatan (p)
2.-Edu Diéguez
3.-Martín
4.-Luís Manuel
5.-Marcos Galego
6.-Javi Cacheda
7.-Santi
8.-Xesús Mouriño

9.-Serginho
10.-Manu Rego
11.-Adrián
12.-Aitor
13.-Suso
14.-Jorge Vilas
15.-Rodrigo.
16.-Alex Bouzas
17.-Isidro
18.-Brais Areán (novo)
19.-Rubén Fdez. (novo)
20.-Jorge Brey
21.-Dani Areán
22.-X. Ramón (p)
23.-Martín Sandá (p)
24.-Marco A. Barcala
25.-David Domínguez
26.-Serxio Soto
27.-Xabier Barreiro
28.-Xabi Rei
29.-Ionatan Glez Pazos.
30.-Iván Calvo

31.-Leo
32.-Iago Vázquez
33.-Alberto Meixide

34.-Víctor Alves
35.-Dani Caxide
36.-Martín Dabobe
37.-Dani Jacobo
38.-Dani Gómez
39.-Cristian Simon
40.-Gonzalo
41.-Marcos Glez. García

42. Guille (p)
43.-Rubén (de Cruces, novo)
44.-Brais
(de Cruces, novo)

45.-Marcos Areán (de Agolada, novo)

Rafa Dacosta volve á Escola de Fútbol Lalín para dirixir o equipo na Liga Galega Infantil. Moitos dos que figuran na lista xa estiveron ás súas ordes na tempada 2007-2008, polo que non haberá problemas de adaptación.

En canto ao adestrador do segundo equipo infantil, logo de barallar varios nomes, estamos á espera de que esas persoas concreten o seu futuro laboral na tempada que vén. Polo tanto aínda non tomamos a decisión nin adiantamos nomes. Mantemos a incógnita. Cando se resolva, comunicarémolo neste blog.

NOTA: xa sabedes, se algún xogador non figura aquí, convén poñerse en contacto cos coordinadores da EFL.

3/7/09

Categoría CADETE 2009-10

Este é un avance da CATEGORÍA CADETE que competirá cun único equipo na Liga Galega Cadete, grupo 1
Adestrador
: Willi (Alonso)
Xogadores (inscritos na EFL):
1.-Alex Reboredo(p)
2.-Adrián “Cheroki” (p)
3.-Mario
4.-Iván López
5.-Rubén
6.-Recimil
7.-Luís Mouriño
8.-Pájaro
9.-Kevin (p)
10.-Iago I
11.-Xabi Carballude
12.-Michi
13.-Alberto “Currás”
14.-Juanillo
15.-Edu
16.-César
17.-Lucas
18.-Guille
19.-Serxio
20.-Marco
21.-Dani Riádigos
22.-Brais

23.-Miguel Anxo Barcala Lorenzo (novo)
...-Diéguez (baixa por marchar de Galiza)
...-Cristian Bohórquez (baixa)
Esta tempada Willi Alonso ascende co seu equipo de final de Liga infantil á categoría Cadete.
Proximamente daremos datas e equipos cos que se compite.
NOTA: se alguén fixo a reserva de praza e non figura, que se poña en contacto cos coordinadores: Richi (benxamín), Sueiro(alevín) e Quiroga(fútbol 11).

2/7/09

A DIRECTIVA ao completo

Por fin temos os nomes e cargos no novo Equipo Directivo da Escola de Fútbol Lalín.
Son os seguintes:
PRESIDENTE: Fco. Xavier Ferreiro Vila
VICEPRESIDENTE I: Segundo Vázquez Vázquez
VICEPRESIDENTE II: Xosé Manuel Glez. Rodríguez
TESOUREIRO: Xosé Ricardo Santorum Faílde
SECRETARIO: Xavier Gavieiro Brea
VOCAL: Carlos Jorge Taboada
VOCAL: Manuel Fdez. Romero
VOCAL: Celso Glez. Rodríguez
VOCAL: Xavier Galego Fdez.
VOCAL: David Alvarellos Glez.
Nesta época de crise precisarán a colaboración de todos. Ninguén dubida de que a van ter.
MOITA SORTE.