30/12/07

Barreira "made in EFL" en vídeo

Trátase da 1ª experiencia cun vídeo neste blog. A ver se sae.
A toma, moi caseira (polo tanto, magnífica) realizouse nas finais do Torneo interno (ou internacional?) da categoría pre-benxamín. Sueiro estaba alí para dar fe deste momento para a historia. A barreira de catro xogadores que se forma ante unha falta directa é un modelo a copiar por cantas escolas de fútbol desexen mellorar nesta estratexia. Pasará aos anais da EFL e do You Tube. Palabra.

Cuíña e a EFL

Xosé Cuíña non era, nin moito menos, un asiduo do campo de fútbol, pero remexendo no arquivo fotográfico da Escola de Fútbol Lalín atopamos unha imaxe que nos relaciona, aínda que só sexa un chisquiño. Trátase da tomada naquel sábado 13 de Decembro do 2003, cando se procedía á inauguración do campo de fútbol de herba artificial. Nun discreto segundo plano, á dereita, atopamos ao político de Filgueira acompañado de xogadores da Escola e doutras personalidades (Fraga, Louzán e Crespo). No seu pasamento, convén recordalo na nosa Pequena Historia.

29/12/07

Camilo "contactando"


Aínda que as "cousas" de Camilo son exquisiteces técnicas que hai que degustar sen ollar nin para o resultado nin para o sistema (ou sexa, miralas con ollos que gustan da creatividade), o certo é que por veces nos agasalla con loitas corpo a corpo que lle dan ese toque de excepción que todo xogador precisa. Non é que Camilo fuxa habitualmente do contacto, é que non se considera capacitado para levalo a cabo. Nesa consideración mental radica o erro. E sirvan de exemplo estas dúas instantáneas (case calcadas, por diante e por atrás), nas que nos decatamos de que o fútbol é un deporte de contacto. Así pois, se hai que ir á batalla, vaise. Incluso Camilo.

27/12/07

II Torneo Alevín de Nadal en Compostela

Nestas fotos (en experimental "collage fusionado") están os xogadores que formaron a selección alevín da EFL que o este sábado 29 de Decembro, en Santiago de Compostela, participaron no II Torneo de Nadal do Deportivo Conxo, fútbol 7 categoría alevín.
O equipo da EFL, dirixido por Rafa Dacosta, CAMPIÓN en Compostela.
Resultados e goleadores dos partidos:
EF Lalín-Conxo: 3-2 (David, Xabi "a Pulga" e Adrián)
EF Lalín-Cambados:7-3 (Adrián 4, Manu 2 e Rodrigo)
Cambados-Conxo: 6-6 -Teremos que aumentar as vitrinas para os trofeos?
-E teremos.

26/12/07

Finais do Torneo Interno Pre-Benxamín

Estas son algunhas das fotos da festa do fútbol que se viviu o sábado 22 no campo de fútbol. Rematou o Torneo interno da EFL con toda a intensidade. Moito público, diversión e emoción entre os máis novos da Escola. Xa falta pouco para a liga, pero semella que non dá chegado.

25/12/07

FELIZ NAVIDADE da EFL


Segundo lemos en Vieiros.com:
Moito antes de que o Papá Noel ou Santa Claus viñese importado dende outras latitudes, en Galiza había unha figura mítica propia do Nadal: O Apalpador. Mais nestes tempos de présa e consumo, o persoeiro autóctono ficou no esquecemento.
O Apalpador seica é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesa das altas montañas. Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Caladiñamente, apalpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben alimentados. Logo de desexarlle que no ano vindeiro non pasasen máis fame, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.
Algúns cren que se trata dun costume de orixe pre-cristián que no seu momento debeu estar espallado por todo o país e que foi desaparecendo progresivamente.

Bo Nadal e deportivo Aninovo

20/12/07

O Partido

Domingo 23, 12.00 horas:
ese é o momento que non hai que perder.
Os "Gladiadores da EFL" reciben ao todo poderoso DEPOR B na pugna polo campionato de Liga Galega Cadete. É o PARTIDO.
Non puido ser. 1-3, resultado final.

18/12/07

Collendo estilo

Chámase Daniel Álvarez Portela, alias Dani. Chegou á Escola a principios desta tempada co seu irmán, o infantil Iván. Dani, ademais dese chisco de traste que todo crío debe ter, xoga nos benxamín, está sempre enredando polo campo, axuda no que pode aos adestradores (e máis que lle mandaran) e, por riba, perfecciona o estilo, que de certo mellorou. Para mostra, a foto. Que máis se lle pode pedir a esta futura figura do balompé?

16/12/07

As "batallas" de Mario

Aínda que todos sabemos do valor de Mario García Louzao, o capitán do equipo Infantil A e participando no cadete B da EF Lalín, pode que moitas veces pase desapercibido "ese outro labor" de conxunto, sobre todo cando xoga no medio campo. Polas instantáneas que tiramos no partido contra o Cidade de Santiago vemos mellor tal comportamento.Mario sempre está disposto a competir, sempre aparece activo, sempre dando axudas aos compañeiros, sempre cortando o balón ou o xogo dos contrarios, sempre poñendo toda a carne no asador e entregándose ao máximo. Porque converte cada xogada de cada partido nunha auténtica batalla que dá os seus resultados e beneficia aos demais. Nunha Escola coma a nosa, na que intentamos que predomine o xogo combinativo, Mario é un exemplo a seguir, porque o fútbol tamén é contacto e pundonor. Por iso, Chapeau para el!

4/12/07

O FUTURO xa está con nós



Campionato Prebenxamín EFL: Emoción e intensidade .
Que ben o pasan os tíos estes!

COMENTARIOS no blog

Apertura a comentarios.Ata hoxe tiñamos pechada a posibilidade de escribir comentarios no blog da EFL. Os exemplos do que se ve en Internet eran e son o suficientemente irrespetuosos como para permitilos. Se agora abrimos esta posibilidade é a modo de proba: para que fagades suxestións, comentedes o que vos preocupa, digades o que queredes dicir e fagades que todo mellore, pero sen insultos, evitando a linguaxe soez e vulgar ou as opinións infundadas e irrespetuosas cara a entidades ou persoas. Esa será a única limitación.
Se logramos que os nosos comentarios ou opinións sexan formativos e educados, como pretendemos que sexa a Escola de Fútbol Lalín, seguiremos permitíndoos. Así que, xa que esta bitacora é cousa de todos, participar toca!

2/12/07

Cheroki: un infantil en Liga Galega cadete

Auténtico papelón o que superou Cheroki este domingo. Se xa non é fácil debutar nunha categoría superior, moito peor é facelo de porteiro, en Liga Galega cadete e ante un óso duro de roer como foi o Xuventú de Aguiño. Arroupado por Alex Sánchez, que pasou todo o partido animándoo, o gardarredes cumpriu como un campión debaixo duns paus que estaban moi moi lonxe. Ademais, tralo maior tropezo do Depor B, os cadetes fixéronse co liderato.

O sr. Floro, un clásico

Se hai un seguidor que vive intensamente cada partido, ese é Floro, o avó de Diego Peña, porteiro cadete. Este domingo, aínda sen ter ao neto no campo, seguiu ordenando desde a banda, aleccionando, cabreándose e ofrecendo a súa retranca, mesturada con eses necesarios apontamentos técnicos que non pasan desapercibidos para ninguén. Cando el está, seguramente o equipo non precisa máis ca estar atento ás consignas deste verdadeiro clásico da EFL. Sábeno os cadetes A.
Que siga así moitos anos!

Golpe de autoridade

A Liga Alevín, case sentenciada.
Nun esperado partido no que se enfrontaban os dous primeiros clasificados da Liga Alevín, SD Cruces e EF Lalín A, con moito ambiente e público nas gradas, o equipo que dirixe Willy deu un golpe de autoridade na competición e venceu cun contundente 10-1, o que deixa a Liga case (porque tampouco convén fiarse) sentenciada.
Cun xogo combinativo espectacular e un equipo moi ben estruturado, no que as individualidades estaban ao servicio do colectivo, os lalinenses, da mao dun matador Adrián, puxeron en pé a un público emocionado (o lalinense) e resignado (o cruceño).
Noraboa, rapaces!

30/11/07

Que pasa cos porteiros?

Diego Peña, o único porteiro cadete, LESIONADO

Non sería noticia que un xogador se lesione. Entre tantos ata é normal. Pero a nova da EFL que traemos aquí ten a súa gravidade, pois trátase do único porteiro do que dispón o equipo cadete A, pero é que no B tampouco hai porteiros, pois está xogando Alex e, ás veces, Cheroki, os dous infantís.


Agardando que non sexa nada
(ou que os antiinflamatorios obren o milagre co seu xeonllo), atrevémonos a amosar unha galería dos posíbeis substitutos das categorías inferiores (excluído Tino, o xuvenil) aos que Montouto e Toño poderían botar mao en caso de extrema necesidade.

Aquí están Alex, Xosé Ramón, Álvaro, Martín, Marcos, alias "Motoreta", Guille, Cheroki, Alex e Kevin. E non vai máis, se acaso algún fenómeno benxamín que, de seguro, aparecerá.

28/11/07

MiniTorneo Benxamín

RESULTADOS:
DEUSES–DRAGÓNS EFL: 7-5

ATL. VACALOURA–ENDEMONIADOS: 2-4
MAGOS DO BALÓN–GUEPARDOS: 5-1
CLASIFICACIÓN:


Equipo

PX

PG

PE

PP

*

Pt

1

ENDEMONIADOS

5

3

1

1

5

15

2

GUEPARDOS.

5

3

0

2

7

14

3

AT. VACALOURA

5

3

0

2

5

14

4

DEUSES

5

3

0

2

5

14

5

MAGOS BALÓN

5

1

2

2

5

11

6

DRAGÓNS E.F.L

5

0

1

4

4

7

*GOLEADORES:
12 goles: Dani Fernández, Dani Gavieiro
10 goles:Nico
9 goles:Fran Rodríguez, Edgar
8 goles: Guille
7 goles: Santi
6 goles: Jacobo, Carlos
5 goles: Santorum, Rubén F, Oscar
4 goles:Fran García e Álvaro
3 goles:Brais, Daniel Ramos, Borja
2 goles :Fernando, Lorenzo, Martín, Marcos Diéguez, Facundo e Manuel.
1 gol:Cristian, Blanki, Santi Rojas, Nacho, Ángel, José, Dani Álvarez e Rubén

27/11/07

A EFL contra a VIOLENCIA de XÉNERO

Os dez equipos da E.F. Lalín saíron facer o quecemento o día 25 de novembro coas camisolas contra a violencia de xénero doadas pola Concellería de Igualdade do Concello de LALÍN.

25/11/07

PICHICHIS

Non está no noso ánimo o fomentar unha competitividade que non é boa, ademais de que en certos casos son diferentes as dificultades e o número de encontros xogados, e que incluso hai xogadores que compiten en distintas categorías ou equipos. Pero ben, xa que facemos unha clasificación de goleadores da EFL, estas son as fotos dos nosos Pichichis. Polo de agora van diante -aínda que falta Manu Rego, que desbancou a David no alevín A-, pero que non se descoiden que os demais apretan. Chama a atención a dura competencia á que David Alvarellos, sen xogar de punta, somete a Iker no cadete A, e os moitos goles que meten infantís e alevíns. E cando cheguen os benxamíns, tremer toca.

O escudo da EFL

A EFL tén un escudo oficial, e a ninguén dos que estivemos metidos na movida inicial se lle escapa que foi algo así como para saír do paso. A encarga fíxoselle no ano 2003 a Francis, o de Marcaxe, quen, seguindo as nosas indicacións, elaborou varios bocexos como os de arriba, para logo resolvermos nunha reunión coma moitas das que tiveron lugar daquelas, cando a Escola empezaba a camiñar. Seguramente é discutíbel a escolla, pero por ser prácticos e simples, optouse pola da esquerda abaixo. E listo.

23/11/07

CONVOCATORIA PREVIA SELECCIÓN

Xogadores da E.F.Lalín convocados para adestrar coa Selección de Santiago:Categoría sub-17: Xoel Sánchez Crespo (xuvenil)
Categoría sub-15: José Ramón Blanco e Iker Hurtado (cadetes)
Categoría alevín fútbol 7: David García Val, Adrián Iglesias Moure, Manu Rego Fdez. e José Ramón (alevíns)

21/11/07

MiniTorneo Benxamín

RESULTADOS:

XORNADA 4:
DEUSES–MAGOS DO BALÓN: 7-3
ATL. VACALOURA–GUEPARDOS: 2-5
DRAGÓNS EFL–ENDEMONIADOS: 4-6
CLASIFICACIÓN:

Pos

Equipo

PX

PG

PE

PP

Gol.

Pt

1

ATL. VACALOURA

4

3

0

1

5

13

2

OS GUEPARDOS

4

3

0

1

6

13

3

ENDEMONIADOS

4

2

1

1

5

11

4

OS DEUSES

4

2

0

2

5

11

5

MAGOS DO BALÓN

4

0

2

2

5

7

6

DRAGÓNS DA E.F.L

4

0

1

3

4

6

XORNADA 4: sábado 24 novembro:
15.30:
DEUSES–DRAGÓNS EFL:
16.00: ATL. VACALOURA–ENDEMONIADOS:
16.30: MAGOS DO BALÓN–GUEPARDOS:
GOLEADORES:

12 goles: Dani Gavieiro

8 goles: Fran Rodríguez

7 goles: Dani Fernández, Nico

6 goles: Santi, Jacobo, Guille, Carlos

5 goles: Edgar

4 goles: Santorum, Fran García, Álvaro

3 goles: Rubén F., Óscar, Borja

2 goles: Fernando, Daniel Ramos, Lorenzo, Martín, Brais, Marcos Diéguez, Facundo e Manuel

1 gol: Blanki, Santi Rojas, Nacho, Ángel, José e Rubén

18/11/07

Da 1ª tempada da EFL: 2003-2004

Esta foi a foto oficial da Escola de Fútbol Lalín na súa 1º tempada de existencia, a 2003-2004. Desde aquelas houbo moitos cambios (entre eles un aumento espectacular de xogadores, algúns adestradores que se foron e outros que viñeron, pasar de 6 a 10 equipos, nova Directiva, etc), pero se algo queda deste enorme labor é que, sen dúbida, serviu e serve de sementeira para o deporte e para a formación persoal. Algúns dos rapaces que están nesta foto compiten en categorías superiores, outros farano axiña, algúns non. Moitos seguen con nós, intentando aprender, xogando, pasando o tempo. Pero todos facendo amigos. A historia da nosa Escola, como a propia vida, é o que ten. Por iso cando botamos a vista atrás, xa na quinta tempada da EFL, decatámonos de que foi cousa de todos e que todos aprendemos algo. E seguiremos nese empeño.
E agora: búscate entre os "fundadores"!

13/11/07

MiniTorneo Benxamín

RESULTADOS:
XORNADA 3:
DEUSES – GUEPARDOS: 4-3
ATL. VACALOURA – DRAGONES E.F.L.: 4-2
MAGOS DO BALÓN – ENDEMONIADOS: 7-7 (Magos pp)

XORNADA 4: sábado 17 novembro:
15.30:
DEUSES–MAGOS DO BALÓN: 7-3
16.00: ATL. VACALOURA–GUEPARDOS.: 2-5
16.30: DRAGÓNS EFL–ENDEMONIADOS: 4-6

9/11/07

Un histórico que nos deixa

Por motivos laborais, a familia de Hugo trasládase a Cataluña. Desde a EFL só queremos desexarche o mellor. Lembraremos o teu sorriso e as magníficas tardes de fútbol que nos deches.
Todos, en especial Sueiro, botarémoste de menos.

Ata pronto, amigo!

Torneo Benxamín

MiniTorneo EFL Benxamín 2007.
EQUIPOS:

OS DEUSES: Daniel Ramos, Edgar, Lorenzo, Guille, Curri, X.Manuel, Iker. ADESTRADORES: Alex R. e Cristian.
OS ENDEMONIADOS: Nico, Jacobo, Marcos Diéguez, Álvaro, Brais, Nachete, Aarón. ADESTRADORES: Fernando e Erik.
ATl. VACALOURA: Santorum, Fran R., Ángel, Blanki, Manuel, Fernando, Ainize. ADESTRADOR: Currás.
OS GUEPARDOS: Rubén Nogueira, Dani Gaviero, Borja, Santi R., Carlos, Dani Álvarez, Facundo.ADESTRADOR: Hugo.
MAGOS DO BALÓN: Rubén Ferreiro, Santi G., Rubén Sánchez, José R., Marcos Díaz, Óscar, José Machado. ADESTRADOR: Alex.
DRAGÓNS DA EFL: Dani Fdez., Cristian, Antonio, Martín, Sergio, Fran García, Santi Buján. ADESTRADOR: Brais.
NORMAS:
-Cada equipo estará composto por 7 xogadores.
-Xogárase a Fútbol – 5. (ou 6).
-Ningún xogador pode xogar todo o partido nin no mesmo posto.
-Cada 5 minutos o árbitro parará o partido e faranse os cambios.
-Os partidos serán de 30’ (15x2).
-O equipo gañador sumará 4 puntos. En caso de empate xogaránse uns penaltis sumando 3 puntos o gañador da tanda e 2 puntos o perdedor. O equipo que perde o partido sumará 1 punto.
-O gol de cabeza vale doble.
-O equipo onde marquen 5 xogadores diferentes sumará un punto extra.
-Os dous primeiros clasificados xogarán a final o 15 de decembro.

RESULTADOS:
XORNADA 1
:
DEUSES – ENDEMONIADOS: 4-7
ATL. VACALOURA – MAGOS BALÓN: 5-0
DRAGÓNS DA E.F.L.- GUEPARDOS: 3-7
XORNADA 2
:
DEUSES – VACALOURA: 1-4
ENDEMONIADOS-GUEPARDOS: 2-7
DRAGÓNS E.F.L.- MAGOS EFL: 5-5 (Magos pp)

8/11/07

ai, aqueles xuvenís!

Foi o primeiro equipo da categoría xuvenil da Escola de Fútbol Lalín. Tempada 2004-2005. Os siareiros máis botados para diante dicían de todo (sempre malo), e entre o Equipo Técnico a máxima era que, de inicio, "nin lle apuntaban".
Entón chegou Xulio Mariño. E tocoulle ao novato. Pero sacou o látigo e... Chapeau para el. Traballo intenso e serio cun plantel no que había moitos rapaces que fixeran de todo menos xogar ao fútbol. Xa na metade da liga para gañarlles había que ir ao libro. Ao final, como corrían, como competían!
En fin, ondandarán aqueles xuvenís do 2004?

3/11/07

"O truco"

Investigando na galería de recordos da EFL, acabamos de descubrir o truco empregado por "mister ascenso" nas celebracións do remate do partido. O exemplo aconteceu no sufrido partido de volta da Fase de Ascenso Infantil contra a Comercial de Lugo na tempada 2004-2005. E como tres imaxes valen máis que mil palabras, obsérvese atentamente a secuencia de fotogramas.
Foto 1: Inicio da xogada. Montouto e mais o equipo collen carreira ao lonxe.

Foto 2: Xa preto dos siareiros e en velocidade, orde de mergullarse.
Foto 3: Remate da faena. O mister bota o freo e todos a rasparse.
Habilidoso, cando menos.
Pero agora estades avisados.

31/10/07

Aquel partido, aquel recordo

Foi o primeiro equipo campión de Liga da Escola de Fútbol Lalín, o que todos admiraron, o que todos animaron. E pasou á nosa pequena historia. Pero ese día cadrou triste. Vese nas facianas, nas maneiras, nas mesmas bágoas pasadas adrede a sepia. Porque se todas as derrotas doen, aquela derrota co Callobre na casa doeu aínda máis.

28/10/07

Clásicos da EFL


Nunca faltarán nunha galería dos nosos xogadores, pero son algo máis ca iso. Sons eses que sempre están aí, forman parte de nós, como tamén a EFL forma parte das súas vidas. Son, en definitivas, clásicos.

19/10/07

Xuvenís: loitando contra os elementos

A categoría máis complicada e da que máis xogadores nos levan......e que aínda haxa quen tira pedras contra o propio tellado!

11/10/07

Os alevíns, a punto

Categoría problemática: só dous equipos de fútbol 7 e arredor de 40 xogadores. Como se soluciona isto? Xa que non se fixeron as reservas anticipadamente (para a vindeira tempada hai que poñerse serios), os adestradores están pensando nun sistema rotatorio.

30/9/07

Equipos 2007-2008

BENXAMÍN B: De pé: e Pablo(adestrador).
Anicados:
.
BENXAMÍN A: De pé: Sueiro(adestrador), Lorenzo ,Brais, Alex, Rivas, Manu.
Anicados:
Rubén, Martín, Fran, X. Manuel e Oscar
BENXAMÍN C: De pé: Toño Glez. (adestrador), Blankiño, Marcos, Dani, Manuel
Anicados: Fran, Marcos Díaz, Álvaro, jacobito, Guille e Carlitos
ALEVÍN B: De pé:Martín Sandá, Martín, Xoan, Ionatan, Diego, Xesús e Rafa (adestrador). Anicados: Iago , Leo, Alberto, Marco, Brian, Brais , Martín Dabobe e David.ALEVÍN A: De pé:Marcos "Motoreta", Adrián, Manu, Dani Areán, Rodrigo, Jorge, X.Ramón e Willy (adestrador). Anicados: Serginho, David, Xabi "a Pulga", Xabi Rei e Dani Gómez.
INFANTIL B: Arriba:Iván, Saviola, Michi, Kevin, Iago I, Serxio, Boyan, Xabi, Alan, Currás e X.Quiroga (adestrador). Abaixo: Camilo, Brais, Iago II, Dani Currucha, Roni, Novegil e Uxío.
XUVENIL: Arriba: César(adestrador), Álvaro, Cruces, Tino, García, Víctor, Dani, Xoel, Iván, Mariño e Cesarinho(2º adestrador). Abaixo: Kevin, Mesi, César, Miguel, Vilatuxe, Rubén, Marcos e Adrián.
CADETE B: Arriba: Toño(adestrador), Alló, Novoa, Méixome, Xabi, Rubén, Dani, Currás e Alex. Abaixo: Cambeiro, Pablo, Brian, David, Mario e Juan.
CADETE A: Arriba: Marcelo(delegado), Alvarellos, Manuel, Alex, Mouriño, Diogo, Canutas, Montouto (adestrador). Abaixo: Xabi, Diego, X.Ramón, Brian, Roi, Iker, Pacheco e Pablo.
INFANTIL A: Arriba: Richi(adestrador), Kevin, Michi, Pájaro, Cheroki, Mario, Mouriño, Iván e Recimil. Abaixo: Carlos, Ioni, Juanillo, Marco, Rubén, Guille e Dani.