18/11/07

Da 1ª tempada da EFL: 2003-2004

Esta foi a foto oficial da Escola de Fútbol Lalín na súa 1º tempada de existencia, a 2003-2004. Desde aquelas houbo moitos cambios (entre eles un aumento espectacular de xogadores, algúns adestradores que se foron e outros que viñeron, pasar de 6 a 10 equipos, nova Directiva, etc), pero se algo queda deste enorme labor é que, sen dúbida, serviu e serve de sementeira para o deporte e para a formación persoal. Algúns dos rapaces que están nesta foto compiten en categorías superiores, outros farano axiña, algúns non. Moitos seguen con nós, intentando aprender, xogando, pasando o tempo. Pero todos facendo amigos. A historia da nosa Escola, como a propia vida, é o que ten. Por iso cando botamos a vista atrás, xa na quinta tempada da EFL, decatámonos de que foi cousa de todos e que todos aprendemos algo. E seguiremos nese empeño.
E agora: búscate entre os "fundadores"!

No hay comentarios: