31/7/08

Os xuvenís, tamén

Está claro que o equipo xuvenil da EFL está supeditado ao CD Lalín, que segue a coller moitos xogadores (cada ano máis). Pero non hai caso. Onte empezaron a traballar os nosos xuvenís, con César e o seu fillo ao mando. Parecen poucos, pero hai que dicir que nunca este equipo empezou con máis xogadores nunha pretemporada da EFL. E haberá de sobra e acabarán fortes coma touros. Senón, ao tempo.Na foto, os primeiros que desexan cargar as baterías para a Liga.

Cadetes, xa

Parecen moitos, pero están repetidos nesta cuadrícula. Son os Cadetes da EFL tempada 2008-2009 que están a facer a pretempada con Xabier Montoto.Faltan algúns que seguen de vacacións, e tampouco sabemos se se apuntarán máis. De inicio hai só para un equipo.
Por certo, graciñas ao da mensaxe: o porteiro de Callobre chámase Diego, e non David como publicamos.

28/7/08

Presentación dos Cadetes

Chegou o momento de adestrar!
Martes 29 de xullo
inicio dos adestramentos do EQUIPO CADETE

Ás 18.00 horas, no campo de herba artificial,
ollo, con zapatillas, que haberá que moverse un chisco!
Están convocados todos os xogadores cadetes anotados na EFL.
E o mércores 30 (ás 19.30) irán os XUVENÍS.
Xa que aínda non dispoñemos de fotos a propósito, vai unha da reunión de Coordinadores Deportivos de hoxe mesmo.

23/7/08

Novos coordinadores de Fútbol 7

Segundo decisión consensuada entre eles -falamos de Xabier Sueiro e Richi Vázquez- para a vindeira tempada haberá modificacións na coordinación do fútbol 7 da Escola de Fútbol Lalín.
Richi, despois de dúas tempadas dirixindo e coordinando a categoría infantil de fútbol 11, encargarase no 2008-2009 dos benxamíns.

Pola súa banda Sueiro, e este é o cambio máis chamativo, despois das cinco tempadas que pasou adestrando e coordinando aos benxamíns, cambia para a categoría Alevín, onde se encontrará cos seus "vellos" coñecidos, os xogadores que dirixiu durante anos.
Os dous xa están entregados ao seu traballo organizativo, que terá a súa continuación en setembro co inicio dos adestramentos.

14/7/08

Datas de inicio dos adestramentos

Estas son as datas de inicio dos adestramentos da PRETEMPADA das diferentes categorías de fútbol 11 da EFL:
categoría CADETE: martes 29 de xullo: ás 18.00
categoría XUVENIL: mércores 30 de xullo: ás 19.30
categoría INFANTIL: venres 8 de agosto: ás 18.00

Os xogadores deberán presentarse no campo provistos de zapatillas deportivas e botas de fútbol, e estar vestidos á hora que se indica.

TORNEO LALÍN CUP: A fin de semana do 30 e 31 de Agosto celebrarase este Torneo nas categorías Infantil e Cadete. Os equipos participantes, algúns de moito nivel, están case todos confirmados. Cando teñamos a información completa, publicarémola neste blog. Estade atentos.

10/7/08

Matriculados tempada 2008-2009 (fútbol 7)

PREBENXAMÍNS (10): Carlos Otero, Fernando Gonzalez, Brais Vazquez, Celso Aaron, Francisco Fernández, Oscar Otero, Marcos Díaz , David Rodríguez, Martín Cuñarro, Cristian Machado.

BENXAMÍNS (31): Edgar Jorge, Xose M. Fernández, Jacobo Jorge, Francisco Rodríguez, Alberto Blanco, Francisco García, Alvaro Dieguez, Santi Garrido, Santi Rojas, Facundo Peyret, Jose L. González, Angel Mouriño, Iker Arca, Rubén Nogueira, Guille Fernández, Dani Gavieiro, Óscar Iglesias, Cristian Domínguez, Martín Lamas, Rubén Ferreiro, Rubén Sánchez, Manuel González, Dani Ramos, Jose Machado, Lorenzo J. Taboada, Borja Vázquez, Ignacio Buituron, Xose Rodríguez, Benito Villanueva , Gabriel Fernández, Santiago Rodríguez,

ALEVÍNS (29): Marcos Dieguez, Nicolás López, Alejandro Santorum, Alex Rivas, David Domínguez, Antonio Barros, Alex González, Fernando Agostini, Brais González, Cristian Reza, Santi Buján, Manu Fernández, Dani Fernández, Dani Jacobo, Javier Barreiro, Iago Vázquez, Jonathan González, Javi Rey, Xosé R.Carballude, Marco A. Barcala, Gonzalo Rojas, Cristian Simón, Leonel López, Guille Hernández, Daniel Cagide, Martín Sandá, Serxio Soto, Martín Dabobe e Erik Rajoy.

PARA ANOTARSE no fútbol 7: Teléfonos dos COORDINADORES:

Xabier Sueiro:676 011 473 Ricardo Vázquez:649 763 121

PLANTILLAS DE FUTBOL 11 2008-09

XOGADORES DA PLANTILLA DE XUVENÍS para a tempada 2008-2009 na EFL:

1.-Adrián García
2.-Roi Galego
3.-Marcos González
4.-Miguel Montoto
5.-David Alvarellos
6.-Diego G. Mouriño
7.-Diogo Rodríguez
8.-Antón Blanco
9.-Xosé M. Rodríguez
10.-Xesús Brey
11.-Brian V. Pacheco
12.-Manuel Lage
13.-Enrique Mouriño
14.-Matias Dabobe.
15.-Óacar Gallego
16.- Marcos Rodríguez
17.- Dani González
18.- Xoel Sánchez.
19.- Álex Domínguez.
20.- Cristian
XOGADORES DA PLANTILLA CADETE PARA A TEMPADA 2008-09:
1.-Mario García
2.-Adrián Nogueira
3.-Alex Reboredo
4.-Rubén Iglesias
5.-Juan J. Recimil
6.-Luís G. Mouriño
7.-Iván López
8.-Alberto Pájaro
9.-David C. Currás
10.-Juán Fdez.
11.-Dani Reboredo
12.-Pablo Zobra
13.-Adrián Novoa
14.-X.Ramón Blanco
15.-Xabier García
16.-Camilo Campos
17.-Boyan Slavov
18.-David Gómez
19.-Rubén Pájaro
20.-Brian Rajoy
21.-Diego Rguez
22.- Iker Hurtado.
23.- Javier Fdez Cabanas
XOGADORES INFANTÍS:
1.-Suso A. Otero
2.-Santi Daparte
3.-Ionatan Adán
4.-Diego Sánchez
5.-Alex Bouzas
6.-Serxio Ferreira
7.-Adrián Faílde
8.-César Montoto
9.-Marco Galego
10.-Martín Vidal
11.-Alberto González
12.-Iago I. Rodríguez
13.-Iago I. García
14.-Jorge Vilas
15.-Jorge Meijide
16.-Álvaro Pérez
17.-Dani Areán
18.-Brais Pérez
19.-Xavi Carballude
20.-Michi A. Díaz
21.-Xesús Mouriño
22.-Serginho Serantes
23.-Rodrigo Barcala
24.-Marcos Galego
25.-Guille Ulloa
26.-David García
27.-Manu Rego
28.-Edu Diéguez
29.-Alves Fernández
30.-Juanillo Fontao
31.-Adrián I. Moure
32.-Manuel Isidro Perdigón
33.-Manuel Glez Coego
34.- Kevín Varela P.
35.- Dani Riádigos
36.-Jorge Brei
37.-Edu Fdez.
PARA ANOTARSE no fútbol 11: Teléfono do COORDINADOR:
Xabier Montoto: 645 342 306

3/7/08

TEMPADA 2008-2009

Aínda que semellase que a EFL estaba parada, non é así. Había que deixar rematar o fútbol 7 para empezar a tomar decisións. E xa se tomaron.
Como adianto do que será a tempada 2008-2009, no apartado deportivo-organizativo a Escola de fútbol Lalín funcionará do seguinte xeito:
-Haberá un GRUPO DE TRABALLO ou XESTOR formado por:
César Reboredo
Xabier Montoto
Richi Vázquez
Xabier Sueiro
e Xabier Quiroga
.
A eles se engadirá, como representante da Directiva e Secretario da EFL, Xabier Galego.
-Haberá 3 COORDINADORES DEPORTIVOS:
1 de fútbol 11: Xabier Montoto
2 de fútbol 7 : Xabier Sueiro e Richi Vázquez (1 alevín e outro benxamín; eles decidirán que categoría coordinan)
-Os ADESTRADORES de fútbol 11 da tempada 08-09 serán:
categoría xuvenil: César Reboredo
categoría cadete*: Xabier Montoto
categoría infantil: Toño García e Xabier Quiroga

En próximas datas comunicaranse outras novas (lista de xogadores apuntados, data de inicio dos adestramentos, etc). Estade atentos.
*categoría cadete: agora mesmo temos 24 xogadores anotados, o que fai inviábel un 2º equipo. Para o coordinador de fútbol 11 o número mínimo para saír co 2º equipo é de 30. Se alguén que coñezades o ten pensado, que se apunte XA. A ver se completamos os 30 antes do 10 de agosto, data na que se decidirá dar de baixa, ou non, o 2º equipo cadete da EFL.