23/7/08

Novos coordinadores de Fútbol 7

Segundo decisión consensuada entre eles -falamos de Xabier Sueiro e Richi Vázquez- para a vindeira tempada haberá modificacións na coordinación do fútbol 7 da Escola de Fútbol Lalín.
Richi, despois de dúas tempadas dirixindo e coordinando a categoría infantil de fútbol 11, encargarase no 2008-2009 dos benxamíns.

Pola súa banda Sueiro, e este é o cambio máis chamativo, despois das cinco tempadas que pasou adestrando e coordinando aos benxamíns, cambia para a categoría Alevín, onde se encontrará cos seus "vellos" coñecidos, os xogadores que dirixiu durante anos.
Os dous xa están entregados ao seu traballo organizativo, que terá a súa continuación en setembro co inicio dos adestramentos.

No hay comentarios: