30/6/09

categoría XUVENIL 2009-10

Paso a paso imos concretando a tempada 2009-10 na EFL.
Xa hai Adestrador e Xogadores con reserva de praza
na EFL para a tempada 2009-2010 na CATEGORÍA XUVENIL.
Adestrador: Toño (García Montoto).
Xogadores:
1.-Pablo Zobra
2.-Diego (porteiro de Callobre)
3.-Xoel
(vai para o CD Lalín)
4.-David “Flor”
5.-Pacheco
6.-Novoa
7.-Dani Reboredo
8.-Roi
9.-Manuel
10.-Xosé Manuel
11.-Brei
12.-Adrián
13.-Diego Mouriño (queda na EF Lalín)
14.-David Alvarellos
15.-Juan Fdez.
16.-Xabier “Pato” (vai para a SD Compostela)
17.-Diogo
18.-Currás
19.-Javi
Toño abandona a categoría infantil para levar a nave xuvenil.

NOTA: se algún xogador fixo a reserva de praza e non figura aquí, poñerse inmediatamente en contacto co coordinador deportivo de fútbol 11 (Xabier Quiroga: 986784340 e 629 805 608).

XORNADA DE ARBITRAXE


Non eramos moitos, pero si unha pequena parte da Escola estivo no auditorio, tentando aprender máis sobre o regulamento, sobre todo, do fora de xogo e as faltas e incorrecións. Foi unha actividade máis dentro da nosa formación coma deportistas, en xeral, e futbolistas, en particular. Ademáis puidemos fotografiarnos con Bernardino González, ao que seguramente poidamos ver no mundial de Sudáfrica 2010.

28/6/09

REMATAMOS COMA CAMPIONES




Hoxe 28 de xuño, rematou a tempada para o derradeiro equipo da Escola: o alevín. E para elo nada máis que un partido contra o Porto de Xixón e un torneo en Ourense.
No primeiro, contra o Xixón, perdemos 4-3 (Brais 3), nun partido descafeinado, onde xogamos con 8 benxamíns. Pero foi un bo fin de festa.
E a acostumada alegría chegaba no Torneo de Ourense onde rematamos campións. Estaba claro que andabamos moi ben neste final de liga, pero ainda por riba os resultados acompañan. Neste torneo participaban 16 equipos dos grupos de Ourense máis nós. Os rivais máis fortes para o título eran os vellos coñecidos Ourense, Pabellón e Calasancio e a Ponte e o Ribeiro. No primeiro partido do grupo xogamos contra o Antela, onde, quizáis ainda durmidos (xogamos ás 9.30), empatamos 0-0. Depois 0-4 contra o Santa Teresita e a xogarnos o pase perante o Ourense. 0-2, primeiros de grupo e a cuartos contra o Barbadás. Nun partido un pouco espeso gañamos por 3 a 2. As semis contra o todopoderoso Pabellón, que nos domiñou, adiantouse no marcador, pero unha internada final de Fernando que acabou en corner, deunos a posibilidade de empatar que aproveitou Gonzalo. 1-1 e aos penaltis. Alí, a nosa experiencia e un gran Xosé Ramón fixéronos ser merecedores do paso á gran final. Nos esperaba un bo Arenteiro con Castor (aquel porteiro do vello Lalín) de entrenador. Partido algo pesado, con pouca intensidade polo cansancio e que rematou con 0-0 gracias, sobre todo, a o gran traballo defensivo de Dani Gómez e ás intervencións de Xosé Ramón. 0-0, prórroga e penaltis. Como sempre empezabamos marcando con Manu, pero o segundo mandabamolo ás nubes. Cando xa o Arenteiro se vía campión, apareceu X.R. que detivo o terceiro penalti, para empatar e o derradeiro para gañar. Dani Gómez foi o encargado de dar a puntilla. CAMPIÓNS!!!! OE OE OE.
Dous peros: Por segundo fin de semana consecutivo nos "rouban" o premio ao mellor porteiro, que xa non sabe que ten que facer para levalo. E o noso tirador de penaltis profesional Segundo que non puido traer un trofeo que nos facía moita ilusión.


NORABOA ALEVÍNS. DEIXASTES O PAVILLÓN MOI ALTO.

27/6/09

Coordinación Deportiva e baixas na EFL

Xa que os siareiros da EFL así nolo piden, a partir de hoxe iremos publicando noticias para a vindeira tempada. Tiñamos pensado comezar coa Directiva, pero aínda estamos recopilando os datos completos de todos os seus compoñentes, así que empezaremos pola Coordinación Deportiva e as baixas dos Adestradores en fútbol 11.
COORDINACIÓN DEPORTIVA:
As 5 persoas nomeadas pola Directiva que están traballando no eido deportivo, actuando sempre de xeito conxunto, son:
Richi Vázquez (coordinador categoría benxamíns)
Xabier Sueiro (coordinador da categoría alevín)
Xabier Quiroga (coordinador das categorías do fútbol 11)
Segundo Vázquez (Vicepresidente da EFL)
Xabier Gavieiro (Secretario da EFL)

baixas nos ADESTRADORES:
Como é sabido desde hai tempo, dous dos iniciadores do proxecto da Escola de Fútbol Lalín son baixa para esta tempada.
Trátase de César Reboredo e Xabier Montoto.
Despois de 6 tempadas de dedicación exhaustiva, os dous toman un merecido descanso como adestradores e coordinadores da EFL, á que teñen entregado tanto esforzo e coñecementos. Aínda que resulte unha obviedade dicilo, a sociedade lalinense, e maiormente a deportiva, estaralles sempre agradecida polo seu enorme labor formativo e organizativo. Que esta entrada sirva de sinxelo homenaxe para dúas persoas que, malia non adestraren na tempada 2009-2010, de seguro que seguirán en contacto coa EFL e aportando ideas.
De parte das xeracións de rapaces, de pais e nais, e de compañeiros da EFL:
MOITAS GRAZAS, AMIGOS!!!!!

23/6/09

XORNADA DE ARBITRAXE

Para tódolos membros da Escola: nenos, familias, adestradores,... o xoves 25 ás 18.30 no Auditorio Municipal, estamos invitados a unha Xornada sobre arbitraxe. Será de caracter didáctico e interactiva, onde poderemos coñecer mellor o regulamento. O organizador é o Colexio de árbitros de Lalín e entre os asistentes estará algún árbitro de primeira división.
Os que poidades, non dudedes en asistir ainda que estemos de vacacións futbolísiticas.

Aviso no San Xoan

Queremos lembrar a alevíns e infantís (as categorías que aínda seguen adestrando) que este martes 23, por ser festa de San Xoán, con salto das cacharelas incluídas, NON HABERÁ ADESTRAMENTO.

Para os infantís (e alevíns que asisten): xoves 25: adestramento en horario habitual con entrega de suadoiros e chuvasqueiro. Recoméndase ser un chisco coidadoso: traelos lavados e pregados nunha bolsa co nome do xogador.

21/6/09

WE ARE THE CHAMPIONS (CASI)




Tremendos fins de semana nos están dando os alevíns. Alegría tras alegría, sorpresa tras sorpresa, partido a partido estes chavalóns nos fan felices co seu xogo e o seu esforzo no campo. Este fin de semana xogabamos a fase final do prestixioso torneo do Polvorín. O venres e o sábado tiñamos os partidos do grupo e o domingo eran as semis e as finais. Vendo o grupo que nos tocaba (Milagrosa, Polvorín, Ponferradina, Valladolid e Atlético de Madrid) so preparamos a viaxe para venres e sábado. Dúas equipaxes, dous autobuses, cinco banderíns,... e a disfrutar do fútbol. Pero a sorpresa xa saltraba no primeiro partido. 1-1 contra o Valladolid (Erik) despois de dominar todo o encontro e mandar catro balóns aos paos. No segundo partido 2-1 contra a Milagrosa (Erik e Brais)e chegaba o coco do torneo: O Atlético de Madrid que nos gañou 7-1 (Manu) ainda que é un resultado demasiado amplo para o que aconteceu no partido. O sábado tiñamos dous partidos por diante e un ollo posto no que facía o Valladolid e así saber que había que facer para clasificarse. 6-0 ao Polvorín e, despois de facer contas, necesitabamos gañar por sete goles a Ponferradina. Con calma e confianza en nós mesmos sabiamos que todo podía chegar. 1-0 no segundo 18 e 4-0 no minuto 10. Todo de cara. 5-0 ao descanso e 6-0 no segundo 30 da segunda parte. Quedaban 16 minutos para conseguir un só gol. Pero marcaron eles e facían falta 2. O primeiro a falta de 10 minutos e o último de Dani Gómez a falta de 30 segundos, que nos deu a clasificación para as semifinais. Alegría, festa e a descansar que nos esperaba o Racing de Santander.


O domingo máis do mesmo. Gran xogo, máis esforzo, calidade defensiva e ofensiva e 2-0 ao Racing de Santander (que veremos pronto na tele en Brunete), con goles de Brais e Erik. Reseñar un golazo de Xavi Pulga que a árbitro non deu ao pensar que dera na cruceta. E chegaba a final. Música da Champions, saída ao centro co árbitro e o outro equipo, alineacións pola megafonía, todo un emocionante espectáculo. E empezaba a final contra o Atlético de Madrid. Rápidamente se poñían cun 2-0, pero a falta de 5 minutos para o descanso Martín facía o 2-1 e xa no derradeiro minuto Manu (especialista contra o Atlético) facia o empate dun zurdazo. 2-2 no tempo de lecer. Comenzaba a segunda igual que a primeira con eles golpeando 3-2, pero primeiro un punteirazo de Martín e logo un gran gol de Dani Gomez a pase de Fernando nos poñían por diante, 4-3. Pero a desgracia cegouse con nós e gol do porteiro contrario de saque. 4-4. Resultado definitivo e aos penaltis. Só despois de 6 penaltis cada equipo foron capaces de gañarnos.


Pero, ainda que choramos da rabia, non nos imos, para nada, infelices deste torneo. Dimos espectáculo futbolístico, fomos os vencedores morais e sobre todo, demos unha grande imaxe da Escola. Mostra delo é que todos os adestradores, público, organización,... viñeron a felicitarnos, non só unha vez, senón cada vez que nos cruzabamos. Os adestradores do Racing viñeron a felicitar aos nosos rapaces e o propio público do Atlético recoñeceu o noso traballo. Xente do Valladolid quería levarse algo do Lalín (un banderín, un pin, o que sexa) como recordo do que posiblemente foi o mellor equipo do torneo. E cando nos iamos a comer e atopamos aos xogadores do Val Miñor, aplaudiron con moito respeto e admiración ao noso equipo. ¡¡E que acababamos de facerlle fronte a un gran Atlético de Madrid!! Todo felicidade e emoción. Pena que estes días, coma todos, nalgún momento se teñan que rematar.


Como resumo, segundos clasificados, por diante do Racing, Valladolid, Celta,... Martín Dabobe no 7 ideal do torneo e con 3 trofeos ao mellor xogador do partido contra Milagrosa, Ponferradina e Polvorín, Sueiro cun pantalón do Atlético que lle regalaron os místeres como recoñecemento ao equipo, Erik coa camiseta do 19, máximo goleador do torneo, que o foi buscar para darlla,... e Dani Gómez coa mochila do mellor xogador do equipo dada pola afección. Sería duro esquecerse de alguén porque todos estiveron moi ben, pero nos gustaría destacar o grandísmo traballo de Xosé Ramón, Dani Jacobo, Dani Gómez e Fernando que estiveron impresionantes.

19/6/09

Fin de semana de Torneos

Aínda que boa parte dos equipos da EFL remataron as súas competicións, o deporte continúa cos adestramentos e moitos torneos de verán.
De primeiras hai que felicitar a uns espectaculares Alevíns, clasificados este venres no Torneo do Polvorín de Lugo como segundos de grupo. Agora teñen que enfrontar un sábado complicado, pero que pode levalos ata as finais do domingo. TORNEOS INFANTÍS:
sábado 20: O Infantil A de Willy desprázase a Ourense para competir nun duro Torneo no que figuran equipos do poderío do Pavillón ou o Celta (cos que se enfrontan pola mañá). Os recén ascendidos a Liga Galega deben seguir demostrando o seu alto nivel.

domingo 21: O infantil B de Toño vai a Arzúa para disputar o 1º Torneo de fútbol 11 da Escola de Fútbol de Arzúa. Xogarán dous partidos na 1ª fase (ás 11.00 contra o Arzúa A, ás 13.20 contra o San Pedro) e pola tarde outro partido definitivo para a clasificación final. Regreso pasadas as nove.
Lembrar que para este torneo do domingo os xogadores convocados deben levar bañador e gorro, para poder usar as piscinas que hai ao lado do campo.

15/6/09

TORNEO DO POLVORÍN


Xa temos rivais para o torneo do Polvorín a celebrar toda a fin de semana do 19 ao 21 de xuño. Estamos encadrados no grupo A xunto a Polvorín, Milagrosa, Valladolid, Ponferradina e Atlético de Madrid. Todo un luxo para os nosos alevíns, que neste ano se van enfrentar a 4 primeiras (Atlético, Depor, Valladolid e Sporting de Xixón). O peor os horarios, xa que empezamos a nosa participación o venres ás 16.20 contra o Valladolid, co correspondente problema coas clases dos nenos. Así a convocatoria se fará en función de quen ou quen non poida asistir. O segundo partido será o venres ás 19.40 contra a Milagrosa e o terceiro as 21.40 contra o Atlético de Madrid e a descansar para o día seguinte. O sábado xogaremos, despois de comer, contra o Polvorín ás 16.00 e contra a Ponferradina ás 21.20. Todo un horror de horario.

Se clasifican dous de cada grupo así que imos loitar por ser un dos equipos que xoguen as semis o domingo.

Se non tedes nada que facer a fin de semana, anímadevos e ide apoiar aos vosos alevíns.
ÁNIMO que torres máis altas xa caeron.


E xa temos aos 12 convocados para o torneo. Destacar que David, a pesar de estar citado, non poderá xogar ao atoparse enfermo, ocupando Martín a súa praza.

14/6/09

OLE, OLE E OLE

Este sábado, tanto o equipo alevín, coma o benxamín nos desprazamos a Lugo a xogar a fase previa do torneo organizado pola scd Polvorín. O resultado para os dous equipos foi desigual. Por un lado, os benxamíns tiñan, en principio un grupo asequible, co Viveiro como rival para a clasificación. Pero estabamos equivocados e equipos descoñecidos para nós como o Lumieira ou o San Roque, resultaron ser bos equipos. Empezamos bastante nerviosos, coma sempre, e non fomos capaces de desenvolver o noso xogo. Os nervios fixeron que xogaramos fútbol directo contra equipos con maior poderío físico o que nos levou a perder os dous primeiros partidos. 0-3 co Lumieira (posiblemente foi un resultado xusto) e 1-3 co San Roque, nun partido no que acusamos falta de definición. No derradeiro partido, onde o resultado era intrascendente, fomos capaces de xogar o balón con máis calma e de dominar o partido para impoñernos por 1-0 (José Luis).
Pero as boas noticias chegaron da EFL alevín. Comenzabamos o torneo con problemas na convocatoria. Se quedaban en casa por diversos motivos Xabi Rey, Martín, Alberto e Guille, o que nos obrigaba a viaxar cun equipo con 7 xogadores de primeiro ano. Pero alí non pareciamos máis xóvenes. A garra, esforzo e calidade fixeron que a nosa idade non se notara e iamos gañando os partidos con bastante facilidade. 0-3 a Comercial (David, Dani Jacobo e Dani Gómez), 0-4 ao Burela (Dani Gómez 2, Erik 2) e a xogarnos o pase co Viveiro, campeón da súa liga. Os resultados anteriores facían posible o pase ainda perdendo por 3 goles, así que xogamos con bastante tranquilidade co balón, pero moi intensos cando non o tiñamos. 2-1 (Brais e Erik) foi o resultado final e a esperar o sorteo de semis. Non queriamos ao coco Victoria, nin ao Calasancio. Así xa celebramos o resultado do sorteo, cando nos tocou o Viveiro que pasou coma mellor segundo. Xogamos, coma todo o torneo, un fútbol de altísimo nivel, combinando, circulando o balón,... pero ao final 1-1 (Cristian). Empatáronnos faltando 2 minutos, despois de fallar múltiples ocasións, incluído un penalti. Chegaba a lotería dos penaltis, que esta vez fixeron xustiza. Manu, Xabi Pulga e Brais marcaban para os nosos, mentres Xosé Ramón paraba o segundo deles. Estabamos na final, e o que nos buscabamos, a clasificación para o seguinte fin de semana. O derradeiro partido foi outra cousa. Foi máis unha pachanga onde os dous equipos xogamos relaxados (as verdadeiras finais xa foran antes) e onde gañou o Calasancio, ainda que nós fomos mellores no que a fútbol se refiere.
En resumo, gran fútbol desplegado polos nosos alevíns, donos da posesión do balón en tódolos partidos e agora a esperar rivais entre o Racing de Santander, Salamanca, Valladolid, Benfica, Atlético de Madrid, Celta, Val Miñor, Lugo, Milagrosa, Residencia e Calasancio. Mañá xa saberemos o calendarios e poderemos informar máis deste prestixioso torneo.

Os benxamíns, en cambio, pagaron a súa inexperiencia e o nervosismo, pero de todo se aprende e hai que seguir crecendo e mellorando. É un problema que sempre temos de pequenos e hai que convencerse de que o balón hai que tratalo ben para poder gañar os partidos e non que con alonxalo da nosa portería xa está o traballo feito.

FIN DE SEMANA

PARTIDOS do 13 e 14 de XUÑO

INFANTIL: E.F. LALÍN- C.D. CALASANZ : 2-1 (Adrián e Dani )

O INFANTIL DA E.F.L. NOVO EQUIPO DE LIGA GALEGA !!!!!!!

ALEVÍNS : Torneo do Polvorín Lugo (sábado todo o día)
BENXAMÍNS: Torneo do Polvorín Lugo (sábado todo o día)

10/6/09

TORNEO DO POLVORÍN


Este sábado a EFL participará no prestixioso torneo do Polvorín. Serán o equipo alevín e o benxamín os que se acheguen a Lugo para participar nesta fase previa que da acceso á fase final que se disputará os días 19,20 e 21 de xuño.

O torneo está organizado en 3 grupos de catro en cada categoría onde so o mellor pasa as semifinais. Tamén se clasifica o mellor segundo de grupo. Os benxamíns están no grupo A, xunto a Lumieira, San Roque e Vivieiro e os alevíns no grupo C coa Comercial, Viveiro e Burela. Son grupos complicados, pero confiamos nos nosos equipos. Outros rivais importantes para acadar o pase a fase final son o Ourense, Victoria, Calasancio e Vilalbés.

Se logramos o noso obxectivo poderemos xogar contra equipos coma o Racing Sntander, Atlético de Madrid, Salamanca, Celta, Valladolid ou o Benfica de Lisboa.

Se queredes máis información podedes entrar na páxina do Polvorín: sdcpolvorin.es

BENXAMÍNS: TORNEOS DE ARZUA E COPA DO FUTURO

Os benxamíns da EF Lalín acadaron o terceiro posto no torneo de fútbol-7 organizado pola ED Arzúa.

Os resultados na fase de clasificación foron:
EF LALÍN 3 - ARZÚA "B" 1
EF LALÍN 7 - DORNEDA 1
EF LALÍN 5 - ESTRADA "B" 2

Nas semifinais o noso equipo caeu dorrotado por 4-1 contra o Estrada "A". Na final de consolación acadouse a victoria por 3-1 contra o Estrada "B".

O campeón do torneo foi o Arzúa "A" que derrotou na final ao Estrada "A" por 4-2.

O equipo Prebenxamín da EF Lalín participuo este fin de semana pasado na Copa do futuro, que se celebrou en Lalín. Os resultados dos partidos foron:

EF LALÍN 1 - ESTRADA 2
EF LALÍN 7 - FORCAREI 0
EF LALÍN 1 - REDONDELA "B" 4

9/6/09

TORNEO DE ARZÚA


O domingo os nosos alevíns desplazáronse a Arzúa para disputar o "IV Torneo EDA TGM CIDADE DE ARZÚA". O primeiro rival ó que nos enfrontamos foi o San Pedro (At Oleiros) ,un rival o que soubemos manexar de principio a fin a pesar de encaixar dous goles en sendos despistes da nosa zaga. O resultado final foi de 6-2 (3 Martín, 1 Alberto , 1 Xabi Pulga e 1 Brais). Todo presaxiaba un bo torneo para os nosos intereses e máis despois de batir por 1-0 (Brais) o Bodegón Arzúa, nun partido no que destacaron por riba de todo as dúas defensas. Pero todo cambiou ó redor das 12:40 do mediodía cando nos enfrontamos ó anfitrión do torneo o "EDA TGM ARZÚA" (1-4) A pesares de adiantarnos no marcador cun gol de estratexia de Martín, os anfitrións doblegáronnos nun partido no que amosaron máis ilusión e gañas de gañar ca nós. Con motivo desta derrota pasamos 2ºs de grupo.Pola tarde enfrontámonos ó Cruces (0-5). Según ían transcorrendo os minutos víase que os xogadores cruceños tiñan moitos ánimos de "VENDETA" despois de deixalos sen Galo Cup ante o seu público o pasado fin de semana. Hai que admitir que o Cruces comandados por un Lorenzo en plan Xavi, un Rubén en plan estrela e un Xoaquín asemellando a Koeman no gol de falta contra a Sampdoria foi xusto vencedor. A clave do partido estivo en que nos pechamos atrás nunha primeria metade desastrosa(0-4). Na segunda puxémoslle máis gañas e sacamos o orgullo para evitar despois do vistona primeira parte que o resultado non fose de escándalo.Na final de consolación enfrontámonos por segunda vez no día o anfitrión e o resultado foi 4-1.(Fernando, Brais , Xose Ramon e Dani Gómez) .Nesta ocasión os nosos si foron ese equipo ó que nos teñen acostumados, orden atrás, dominio da posesión do balón e sobre todo "xogar como un equipo" e non facer a guerra cada un pola súa conta.O final solo puidemos traer para Lalín o trofeo de 3º Clasificado. O ansiado trofeo pola deportividade non foi posible ainda que o mercemos. Para rematar, desexarlles moita sorte os nosos para o torneo de Polvorín.

8/6/09

ASEMBLEA ORDINARIA DE SOCIOS/AS.

O DÍA 12 DE XUÑO ÁS 21,30 NO SALÓN DE ACTOS DO I.E.S. LAXEIRO CELEBRARASE UNHA ASEMBLEA ORDINARIA DE SOCIOS COA SEGUINTE ORDE DO DÍA:
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2.- Peche económico da tempada 2008-09 e estado de contas da EFL.
3.- Planificación da próxima tempada: equipos, cadro técnico, cuotas...
4.- Suxerencias e preguntas.


RESERVA DE PRAZA.
Lembrámosvos que ata o día 20 de xuño está aberto o prazo de inscrición para xogadores de 7 a 16 anos que non pertencen á EFL e queiran incorporarse a próxima tempada. Para iso deben pasar pola oficina da EFL no Manuel Anxo Cortizo de 18,00 a 20,00 h. de luns a venres.

É IMPRESCINDIBLE QUE TODOS/AS OS QUE QUEIRAN FORMAR PARTE DA EFL FAGAN A RESERVA. É posible que despois, en setembro non haxa prazas.

Os que xa pertenzan á EFL e non fixeron a RESERVA por despiste, que a fagan urxentemente, sobre todo na categoría cadete, pois é nesa categoría onde hai dúbidas entre inscribir 1 ou 2 equipos. Se inscribimos 1, só dispoñemos de 25 fichas e xa hai 22 inscritos. Se chegásemos a 28, inscribiriamos 2 equipos.
FASE DE ASCENSO INFANTIL.
C.D. CALASANZ - E.F. LALÍN: 1-3

Sempre dixemos que o equipo infantil da EFL tiña calidade, gol, etc. Pero tamén sabiamos que xogara unha liga pouco competitiva e, quizais por iso, xurdían dúbidas: ¿E se na fase de ascenso nos toca un equipo con poderío físico e que saiba a que xoga, seremos quen de dobregalos? Nada mellor para saír de dúbidas ca que nos tocase un equipo así : o C.D. Calasanz da Coruña, poderoso fisicamente, con calidade e cunha afección que case encheu esta fin de semana as bancadas da Grela II e animou aos seus continuamente.

Os escasos siareiros da EFL que nos desprazamos (non eramos máis de 30) vivimos algo angustiados o comezo de partido porque nos primeiros minutos o dominio do Calasanz era total. Pero as dúbidas empezaron a despegarse cando, na primeira contra (minuto 6), Adrián controla un balón perto da área, desfaise en velocidade dos dous centrais e remata á escadra para poñer o 0-1. A partir dese momento, os nosos asentáronse no campo e, aínda que o Calasanz tiña maior posesión do balón, controlaron ben o partido e ningún equipo creaba ocasións de gol claras. Pero case a piques de irnos ao descanso, un pequeno empuxón dun dos nosos defensas na área foi sancionado polo colexiado con penalti. Kevin nada puido facer e co 1-1 chegabamos ao descanso.

No descanso, os móbiles fumegaban. Chamada de Montoto, de Quiroga, de siareiros... que querían coñecer o resultado. E entrada de Sueiro nas instalacións da Grela II. Con el chegou a tranquilidade: non pasa nada, cousas do fútbol.... dicía cando algúns dos pais lle comentaban que o contrario estaba empregándose con demasiada intensidade e o colexiado non cortaba o xogo brusco.

Mentres, Willi, no vestiario, daba as últimas consignas para a 2ª parte.Nós non sabemos cales foron esas consignas, habería que preguntarlles aos xogadores, pero foran as que foran, funcionaron.

Na segunda parte o noso equipo foi superior, baste con dicir que o Calasanz só tirou un par de veces á nosa portería e sen excesivo perigo. Pola contra, os nosos infantís, cando tiñan a pelota tentaban tocala e cando a tiña o contrario presionaban continuamente, sempre con dous ou ata tres xogadores nosos rodeando ao contrario. O esforzo que fixeron todos, o que correron, o que se sacrificaron merece todos os eloxios. E así chegou o 2-1 nun tiro cruzado de Dani. Pouco despois, nunha vaselina de Adrián a pase de Marco, é un defensor do Calasanz quen saca o balón de debaixo dos paus cando xa se coaba e, cinco minutos máis tarde nunha xogada similar, outra vez un defensor volve sacar o balón co porteiro batido. Como, pese ao noso dominio, o balón non quería entrar, xa dabamos por bo o resultado cando Brais entra na área regatea ao contrario e... cambadela. Edu transformaría o penalti no definitivo 1-3.

E aí acabou a primeira parte dunha eliminatoria que terá continuación o próximo DOMINGO no Manuel Anxo Cortizo. O resultado é bo, sen dúbida, e se antes a eliminatoria estaba ao 50%, agora está un pouco mellor para nós. Pero coidado co Calasanz, é un gran equipo e se nos fiamos pasarémolo moi mal. Así que xa sabedes, o domingo (probablemente ás 12,00 ,pero xa vos informaremos) ten que acudir todo o mundo ao Manuel Anxo Cortizo a animar aos infantís porque ESTE TEN QUE SER O ANO DO ASCENSO!

GRAZAS A TODO O EQUIPO POLO QUE NOS FIXESTES DISFRUTAR , PERO LEMBRADE QUE ISTO AÍNDA NON REMATOU. QUEDAN 80' ¡¡

4/6/09

FASE DE ASCENSO INFANTIL.
Superada con éxito a primeira eliminatoria contra o C. Compañía de María, os nosos infantís prepáranse para a segunda eliminatoria, a que dá o pase a Liga Galega. O rival é o C.D. Calasanz da Coruña, un bo equipo, que vai esixir dos nosos infantís o máximo esforzo, pero sabemos que o darán todo e confiamos plenamente neles. ¡Ten que ser o ano do ascenso!
E a afección ten que responder e ir animalos o domingo ás 12,00 na Grela II. Para que os siareiros do noso equipo poidan desprazarse á Coruña, sairá un autobús da Praza da Mariña o mesmo domingo ás 9,15 h. retornando ao remate do partido.

Todos a animar aos infantís !