14/6/09

OLE, OLE E OLE

Este sábado, tanto o equipo alevín, coma o benxamín nos desprazamos a Lugo a xogar a fase previa do torneo organizado pola scd Polvorín. O resultado para os dous equipos foi desigual. Por un lado, os benxamíns tiñan, en principio un grupo asequible, co Viveiro como rival para a clasificación. Pero estabamos equivocados e equipos descoñecidos para nós como o Lumieira ou o San Roque, resultaron ser bos equipos. Empezamos bastante nerviosos, coma sempre, e non fomos capaces de desenvolver o noso xogo. Os nervios fixeron que xogaramos fútbol directo contra equipos con maior poderío físico o que nos levou a perder os dous primeiros partidos. 0-3 co Lumieira (posiblemente foi un resultado xusto) e 1-3 co San Roque, nun partido no que acusamos falta de definición. No derradeiro partido, onde o resultado era intrascendente, fomos capaces de xogar o balón con máis calma e de dominar o partido para impoñernos por 1-0 (José Luis).
Pero as boas noticias chegaron da EFL alevín. Comenzabamos o torneo con problemas na convocatoria. Se quedaban en casa por diversos motivos Xabi Rey, Martín, Alberto e Guille, o que nos obrigaba a viaxar cun equipo con 7 xogadores de primeiro ano. Pero alí non pareciamos máis xóvenes. A garra, esforzo e calidade fixeron que a nosa idade non se notara e iamos gañando os partidos con bastante facilidade. 0-3 a Comercial (David, Dani Jacobo e Dani Gómez), 0-4 ao Burela (Dani Gómez 2, Erik 2) e a xogarnos o pase co Viveiro, campeón da súa liga. Os resultados anteriores facían posible o pase ainda perdendo por 3 goles, así que xogamos con bastante tranquilidade co balón, pero moi intensos cando non o tiñamos. 2-1 (Brais e Erik) foi o resultado final e a esperar o sorteo de semis. Non queriamos ao coco Victoria, nin ao Calasancio. Así xa celebramos o resultado do sorteo, cando nos tocou o Viveiro que pasou coma mellor segundo. Xogamos, coma todo o torneo, un fútbol de altísimo nivel, combinando, circulando o balón,... pero ao final 1-1 (Cristian). Empatáronnos faltando 2 minutos, despois de fallar múltiples ocasións, incluído un penalti. Chegaba a lotería dos penaltis, que esta vez fixeron xustiza. Manu, Xabi Pulga e Brais marcaban para os nosos, mentres Xosé Ramón paraba o segundo deles. Estabamos na final, e o que nos buscabamos, a clasificación para o seguinte fin de semana. O derradeiro partido foi outra cousa. Foi máis unha pachanga onde os dous equipos xogamos relaxados (as verdadeiras finais xa foran antes) e onde gañou o Calasancio, ainda que nós fomos mellores no que a fútbol se refiere.
En resumo, gran fútbol desplegado polos nosos alevíns, donos da posesión do balón en tódolos partidos e agora a esperar rivais entre o Racing de Santander, Salamanca, Valladolid, Benfica, Atlético de Madrid, Celta, Val Miñor, Lugo, Milagrosa, Residencia e Calasancio. Mañá xa saberemos o calendarios e poderemos informar máis deste prestixioso torneo.

Os benxamíns, en cambio, pagaron a súa inexperiencia e o nervosismo, pero de todo se aprende e hai que seguir crecendo e mellorando. É un problema que sempre temos de pequenos e hai que convencerse de que o balón hai que tratalo ben para poder gañar os partidos e non que con alonxalo da nosa portería xa está o traballo feito.

No hay comentarios: