31/8/08

O Depor, dobre campión da Lalín CUP

O Depor non deixou escapar a ocasión e levou os dous títulos, en infantil e cadete, da LALÍN CUP. A final de cadetes resolveuse a penaltis.
Resultados das finais:
CATEGORÍA INFANTIL:
RC Deportivo A Coruña - Santiago CF: 1- 0
Os infantís do Depor celebraron o triunfo.
CATEGORÍA CADETE:
RC Deportivo A Coruña - SP Xixón: 1-1
(campión por penaltis, o Depor) Os cadetes do Depor tiveron que chegar aos penaltis.

30/8/08

Lalín Cup 08: resultados e fotos

categoría CADETE :
grupo A

10.30: CD Lugo-EF Lalín : 2-2
11.30: RC Deportivo-CD Lugo : 3-0
12.30: EF Lalín-RC Deportivo : 2-3
campión: RC DEPORTIVO
grupo B
17.30: CD Conxo-Ponte Ourense : 1-2
18.30: SP Xixón-CD Conxo : 2-0
19.30: SP Xixón-Ponte Ourense : 1-1
campión: SPORTING XIXÓN
FINAL: DOMINGO 12.00: RC Deportivo- SP Xixón Sporting Xixón Cadete
CD Conxo Infantil
CD Conxo Cadete
Ponte Ourense Cadete
Ponte Ourense Infantil
Santiago CF Infantil
EF Lalín Cadete
categoría INFANTIL
:
grupo A

10.30: CD Lugo-EF Lalín : 1-0
11.30: RC Deportivo-CD Lugo: 1-0
12.30: EF Lalín-RC Deportivo: 0-3
campión: RC DEPORTIVO
grupo B
17.30: CD Conxo-Ponte Ourense : 1-2
18.30: Santiago CF-Ponte Ourense : 4-0
19.30: Santiago CF- CD Conxo: 4-0
campión: SANTIAGO CF
FINAL: DOMINGO 10.30: RC Deportivo- Santiago CF

26/8/08

PASO AOS ALEVÍNS


Empezaron os adestramentos na categoría alevín. Estos foron os valientes que adestraron duramente neste primeiro día.
Esperemos que vaian aparecendo os rezagados ao longo desta semana. Lembrar que imos adestrar pola mañá as 11.00 ata que comence a escola.
E a traballar duro que a liga empeza o 27 de setembro

25/8/08

HORARIOS da LALÍN CUP

Estes son os horarios da LALÍN CUP 2008.
FASE PREVIA: sábado 30 de agosto:
categoría CADETE (campo de herba artificial):
grupo A

10.30: CD Lugo-EF Lalín
11.30: RC Deportivo-CD Lugo
12.30: EF Lalín-RC Deportivo
grupo B
17.30: CD Conxo-Ponte Ourense
18.30: SP Xixón-CD Conxo
19.30: SP Xixón-Ponte Ourense

categoría INFANTIL(campo de herba natural):
grupo A

10.30: CD Lugo-EF Lalín
11.30: RC Deportivo-CD Lugo
12.30: EF Lalín-RC Deportivo
grupo B
17.30: CD Conxo-Ponte Ourense
18.30: Santiago CF-Ponte Ourense
19.30: Santiago CF- CD Conxo

FASE FINAL: domingo 31 de agosto:
categoría infantil:
10.30: 1º grupo A-1º grupo B
categoría cadete:
12.00: 1º grupo A-1º grupo B

13.15: entrega de trofeos e clausura do Torneo.

NORMATIVA: os partidos da Fase Previa son a dous tempos de 25 minutos, e descanso de cinco. As Finais son a dous tempos de 30 minutos e descanso de 10. Puntuación: Vitoria: 3 puntos, empate: 1 punto, derrota: 0 puntos. Para desfacer empates, ao remate de todos os encontros lanzaranse penaltis a morte súpeta. Na final, de ser preciso, unha quenda de 3.

23/8/08

NOVAS DA CATEGORÍA ALEVÍN


REMATOU A ESPERA
Debido a un pronto inicio da competición ligueira, o conxunto alevín da EFL empezará a adestrar o martes 26 de agosto de 11.00 a 12.45.
O corpo técnico para este ano, no que a Escola contará con 3 equipos estará formado por:

Toño González que sube de benxamíns,Willy Alonso e Xabier Sueiro.

Os adestramentos, mentres no empece o colexio serán pola mañá para facilitar o uso do campo.
A primeira semana adestraremos o martes, o mércores e o venres.
Se alguén ten algunha dúbida contactar con X. Sueiro (676011473 ou xsueiro@edu.xunta.es).
E ¡¡¡ÁNIMO!!! E A ADESTRAR.

22/8/08

LALÍN CUP ´08

O sábado 30 e o domingo 31 de Agosto terá lugar o torneo LALIN CUP de fútbol nas categorías Infantil e Cadete. Estes son os equipos e os grupos finais:
Categoría CADETE:
GRUPO A: RC Deportivo Coruña, CD Lugo, EF Lalín
GRUPO B: RC Sporting Xixón, CD Conxo, Ponte Ourense CF
Categoría INFANTIL:
GRUPO A: RC Deportivo Coruña, CD Lugo, EF Lalín
GRUPO B: Santiago de Compostela CF, CD Conxo, Ponte Ourense CF

Na foto, o equipo infantil que participou na Lalín Cup 2007. Moitos destes xogadores estarán este ano, xa sexa como infantís ou ben como cadetes.
En próximas entradas daremos os horarios de partidos. Agora só dicir que tanto os cadetes (herba artificial) como os infantís (herba natural) da EF Lalín xogarán os seus encontros o sábado 30 pola mañá.

21/8/08

Novas na Categoría Infantil

Despois da frase, tan lapidaria como categórica, pronunciada na reunión do mércores polo Delegado de Fútbol de Santiago, nada menos que "Nosotros desde aquí manejamos información en tiempo real", aclaráronse as cousas na categoría Infantil.
As novas son as seguintes:
1ª: Os dous equipos da EFL (A e B) inician a liga ao mesmo tempo:
sábado 27 de setembro.
2ª: 1º xornada da 1ª autonómica infantil grupo 3º (Santiago):
EF Lalín A- Arcángel C.F. (de Santiago e ascendido)
1º xornada da 2ª autonómica infantil grupo 6º (Santiago):
Cidade de Santiago B - EF Lalín B
(finalmente o Cidade presenta un equipo B)
3ª: Os dous equipos da EFL (A e B) compiten en ligas de 16 equipos (en 1ª o Flavia e o Milladoiro ocupan os postos de Santiago B e CD Artes, e en 2ª anotáronse dous novos, Belvís e La Salle B, polo que pasan de 14 a 16).

14/8/08

Empezan os adestramentos benxamíns e alevíns.


Chegou a hora dos máis cativos. O luns 15 de setembro os benxamíns iniciarán a tempada 2008/09. O horario de adestramentos será o seguinte:
Benxamíns: 17.15 a 19.00
Se hai alguén novo poñédevos en contacto co coordinador:
Richi (benxamíns): 649763121

Recordámosvos que os xogadores en idade benxamín e prebenxamín son os nados nos anos 1999, 2000, 2001 e 2002.

6/8/08

O venres, os Infantís a escena

Vanse queimando etapas de inicio de adestramentos na EFL. Primeiro empezaron os cadetes de Montoto, logo tocoulle a quenda aos xuvenís de César, e os que seguen son os dous equipos infantís que levarán Toño García e Xabier Quiroga.Aviso, por se algún aínda non se enterou: A cita é este venres 8 de Agosto: todos os nacidos os anos 95 e 96 que fixeron a preinscrición (aínda que tamén haberá algún alevín e outros de proba) deben estar vestidos ás 18.00 horas con tenis ou zapatillas de deporte, isto para evitar evitar as inoportunas bochas e realizar algúns traballos físicos por fóra do campo, pois parece que a ocupación das instalacións vai ser un dos problemas cos que haxa que lidar de aquí en adiante.
Na foto da tempada pasada vemos a Juanillo, que se perdeu a Fase de Ascenso por unha lesión da que seica está case restablecido. Estará o venres con todos os seus compañeiros.

5/8/08

Últimas incorporacións ao xuvenil

Parece que César Reboredo segue a recibir boas noticias. Son as novas incorporacións a esta pretempada atípica (polo número de xogadores xuvenís que están adestrando desde o inicio). Aquí temos as fotos dos que faltaban. Roi, Xoel, Dani e Brian Pacheco. E entre eles hai un porteiro.

4/8/08

Iván Parada, adestrador de porteiros

Pasiño a pasiño a Escola de Fútbol Lalín vai cubrindo etapas. Agora tócalle incorporar a un adestrador de porteiros. Non era nova esta aspiración, pois levabamos varias tempadas intentando ter a un especialista dedicado en exclusiva aos cancerbeiros.
A nova fichaxe non é outra que un coñecido dos seareiros lalinenses, Iván Parada, porteiro do CD Lalín.
Aínda que se trata da súa estrea como adestrador do fútbol base (tívoa hoxe mesmo, luns 4 de agosto, cos tres porteiros cadetes que aparecen canda el na fotografía: Diego, Cheroki e Alex), non dubidamos que cumprirá sobradamente o seu cometido.
Desde este blog dámoslle a benvida e desexámoslle o mellor.