Aviso, por se algún aínda non se enterou: A cita é este venres 8 de Agosto: todos os nacidos os anos 95 e 96 que fixeron a preinscrición (aínda que tamén haberá algún alevín e outros de proba) deben estar vestidos ás 18.00 horas con tenis ou zapatillas de deporte, isto para evitar evitar as inoportunas bochas e realizar algúns traballos físicos por fóra do campo, pois parece que a ocupación das instalacións vai ser un dos problemas cos que haxa que lidar de aquí en adiante.Na foto da tempada pasada vemos a Juanillo, que se perdeu a Fase de Ascenso por unha lesión da que seica está case restablecido. Estará o venres con todos os seus compañeiros.

No hay comentarios:
Publicar un comentario