21/8/08

Novas na Categoría Infantil

Despois da frase, tan lapidaria como categórica, pronunciada na reunión do mércores polo Delegado de Fútbol de Santiago, nada menos que "Nosotros desde aquí manejamos información en tiempo real", aclaráronse as cousas na categoría Infantil.
As novas son as seguintes:
1ª: Os dous equipos da EFL (A e B) inician a liga ao mesmo tempo:
sábado 27 de setembro.
2ª: 1º xornada da 1ª autonómica infantil grupo 3º (Santiago):
EF Lalín A- Arcángel C.F. (de Santiago e ascendido)
1º xornada da 2ª autonómica infantil grupo 6º (Santiago):
Cidade de Santiago B - EF Lalín B
(finalmente o Cidade presenta un equipo B)
3ª: Os dous equipos da EFL (A e B) compiten en ligas de 16 equipos (en 1ª o Flavia e o Milladoiro ocupan os postos de Santiago B e CD Artes, e en 2ª anotáronse dous novos, Belvís e La Salle B, polo que pasan de 14 a 16).

No hay comentarios: