26/6/08

E agora, que?

E agora, chaval,
que farás sen nós? Non te preocupes,
sempre terás

un balón a teu lado.

Despedida fútbol 7: Puerto de Gijón

Este sábado 28 de xuño a EF Lalín pecha o "quiosco" por esta tempada nas dúas categorías de fútbol 7 (alevín e benxamín, pois como informamos os prebenxamíns xogan pola tarde a Copa do Futuro en Vigo). E convén despedir a tempada como se merece: con alegría polo ben feito. Hai que coller vacacións (os adestradores precísanas, por simple desgaste ante tanto cativo estrebillante) despois dun duro e exitoso traballo (lembremos que son os campións das súas respectivas ligas) e para iso nada mellor que o xa tradicional enfrontamento contra os nosos amigos do Puerto de Gijón.
Horario de encontros:
12.00: EF Lalín-Puerto de Gijón (alevín, campo 1)
12.00: EF Lalín-Puerto de Gijón (benxamín, campo 2)

Copa do Futuro: 3º clasificado

Parece que si, hai futuro. Tal e como xogan, tal e como o celebran, tal e como o pasan... Con Sueiro á fronte.
Patrocinado pola Deputación de Pontevedra, estase a celebrar en toda a provincia o campionato COPA DO FUTURO de fútbol 7 para Pre-benxamíns. A pasada fin de semana o acontecemento foi no campo de Lalín, onde a Escola de Fútbol Lalín se impuxo con total claridade, clasificándose para as fases finais. As fotos correspóndense aos dous equipos que competiron pola EFL. Este sábado e domingo, 28 e 29, celebráronse en Vigo as finais.
CALENDARIO para os nosos, sábado 28 de xuño:
16.30: Cruceiro B-EF Lalín: 0-8
17.30: Porriño-EF Lalín: 1-1
19.00: Moañesa-EF Lalín: 1-4
20.00: EF Lalín-Col. Santiago Ap.: 2-0
domingo 29:
4º final: Rápido Bouzas-EF Lalín: 1-1
Semifinal: Cruceiro A- EF Lalín: 2-0
3º-4º posto:
EF Lalín-Col. Santiago Ap.: 2-0
Podedes ver a información completa (normas, resultados, fotos, etc) na paxina copadelfuturo.com

19/6/08

Benxamíns campións!!!!

Tarde de fútbol, ambiente e emoción o vivido este xoves no campo de herba artificial. Dous partidos de fútbol 7, tres equipos da Escola de Fútbol Lalín competindo, moita paixón entre os familiares e tradicional baño dos campións e dos seus camaradas na fonte da rotonda de DonRamiro. O día prestábase.
Se o primeiro partido en rematar foi o da vitoria do equipo C de Toño ante o Touro (3-1 final), os minutos que durou o enfrontamento entre os pupilos de Sueiro e os de Pablo (cos seus múltiples manexos de xogadores: ora cativos, ora grandotes), levaron a tensión ás gradas, pois faltaban catro minutos e o equipo B sorprendía con dous goles de vantaxe, o que lle poñía ao equipo A o campionato moi costa arriba. Os dous goles finais fixeron xustiza ao visto no campo e puxeron as cousas no seu sitio: 6-6. De novo, o título queda no peto da EFL.

Noraboa a xogadores, adestradores e pais/nais dunha categoría na que se vive doutro xeito o deporte e no que sempre permanece a ledicia de ver xogar ao fútbol e divertirse aos máis pequenos.
Ademais, puidemos comprobar que, con chupeta e todo, HAI FUTURO!!!!!

11/6/08

Un ano despois...

Un ano despois, si, porque este 1º de xuño cumpríronse exactamente doce meses desde a apertura deste blog da EF Lalín. E hai que proclamalo e celebralo.
Máis de vinte mil entradas, centos de fotos, algúns comentarios (nunca do gusto de todos, loxicamente), toda unha tarefa de Escola e moitas ilusións. Así resumimos a nosa presenza en Internet desde o verán do 2007. Opinións haberá para todos os gustos, pero do que non cabe dúbida é de que eflalin.blogspot.com proporcionou ese algo máis que tamén conta. Moitos xogadores e os seus familiares souberon aprecialo así. O noso agradecemento.Agora é tempo de indicar que todo é mellorábel, pero que dá traballo. E como o compromiso pola miña parte (perdón por falar en 1ª persoa, será a única vez nas entradas) rematou, deberemos replantexarnos como, quen e cando seguir con esta tarefa, pois isto non pode ficar aquí.
E como non sabiamos que foto insertar, vai unha que sintetiza a nosa ilusión.

6/6/08

Adrián, co Villestro e na TVG

O coordinador da categoría alevín, Rafa Dacosta, logo de dar permiso para que o alevín Adrián participe co Villestro (realmente trátase dunha selección de xogadores de Santiago) no Torneo de Futbol 7 Arousa Cup, comunícanos o horario do partido máis agardado:
Sábado 7 de xuño, ás 11.50:
R.Madrid-Villestro
Se poñemos esta noticia é porque seica vai ser retransmitido pola TVG. Así pois, se os seareiros da EFL queren seguir ao noso "matador", que este ano gañou dúas ligas (co alevín A e co infantil B), ese é o día e a hora.

4/6/08

Benxamíns: co título de Liga case no bote

Unha tempada máis a categoría benxamín está a piques de ter un campión. A EF Lalín que coordina Sueiro e adestran Toño González e Pablo. Así pois, o Grupo 6º de fútbol 7 de Santiago, tralas dúbidas iniciais (que, todo hai que dicilo, lle deu salsa á liga), está case resolto tralo empate a uns co Estrada A, e o posterior tropezo deste en Callobre. Quédanlle algúns partidos de trámite ao equipo A, pero todo parece moi complicado para que a Escola non recunque co campionato. Agora dámoslles a todos os benxamíns a noraboa polos últimos resultados. Cando se teña a pel cazada, falaremos de máis. Serán outros "clásicos"

3/6/08

Torneo F-7 Alevín na Estrada

IV TORNEO ACOE FÚTBOL ALEVIN
(3ª posición da EFL)
Data: sábado 14 de xuño do 2008
Hora inicio: 16.00 Lugar: A Estrada
Partidos a 25´a tempo corrido.
GRUPO I: SP.ESTRADA A, SILLEDA, TOURO, EF LALÍN
GRUPO II:
SP.ESTRADA B, CALLOBRE, CRUCES, CUNTISHORARIO e RESULTADOS PARTIDOS da EFL:
16,30
: EF Lalín-Touro: 3-0
17.00: SP.Estrada A- EF Lalín: 2-3
18.30: Silleda- EF Lalín: 4-0
SEMIFINAIS: EF Lalín-Cruces: 0-1
e 4º posto: EF Lalín-Callobre: EFL por penaltis
FINAL:
SP Estrada-Cruces: SP Estrada por penaltis

1/6/08

FIN DE SEMANA

Sábado 28 e Domingo 29 de xuño de 2008
XUVENIL:
CADETE :
INFANTIL A:
INFANTIL B:
ALEVÍN A e B :
BENXAMÍN A: E.F. Lalín- ED. Val do Ulla: 8-6 (Brais 2, Rivas 2, Franchi, Fernando, Martín e Alex)
BENXAMÍN B: Callobre c.f. - EF Lalin B 1 - 2 (Cristian e Santi)
BENXAMÍN C: E.F.Lalín - Sp. Estrada B : 4-4 (Guille, Dani Ramos, Ángel 2)

Xabier Montoto: Coordinador de Fútbol 11

Da Asemblea da EFL celebrada o pasado xoves, ademais da preceptiva análise deportiva 2007-2008 por parte dos Coordinadores (César de xuvenís, Montoto de cadetes, Richi de infantís, Rafa de alevíns e Sueiro de benxamíns), da presentación das contas da tempada por parte do Tesoureiro (David Alvarellos), un ano máis con superávit, a noticia máis destacada foi a que proporcionou o Secretario, Xavier Galego: Xavier Montoto, trala proposta do Corpo Técnico e da Directiva, despois duns días para meditalo, aceptou ser o coordinador de fútbol 11 para a tempada 2008-2009.Así pois, para a vindeira tempada prodúcese un cambio estrutural no funcionamento deportivo da EFL: en fútbol 7, debido á súa complexidade, séguese co sistema de un coordinador por categoría (alí se aventurou a posibilidade de que Sueiro e Richi coordinen o fútbol benxamín e alevín, aínda que falta confirmalo) e en fútbol 11 óptase pola fórmula dun único coordinador (Montoto).
Tamén cómpre informar que, como nas últimas tempadas, que haxa 2º equipo de cadetes dependerá dos matriculados na Escola, polo de agora non chegan a 30, número que se considerou mínimo para manter os dous equipos. Así pois, quen teña pensado inscribirse, que o faga canto antes, sobre todo nesta categoría (nacidos nos anos 93 e 94).