19/6/08

Benxamíns campións!!!!

Tarde de fútbol, ambiente e emoción o vivido este xoves no campo de herba artificial. Dous partidos de fútbol 7, tres equipos da Escola de Fútbol Lalín competindo, moita paixón entre os familiares e tradicional baño dos campións e dos seus camaradas na fonte da rotonda de DonRamiro. O día prestábase.
Se o primeiro partido en rematar foi o da vitoria do equipo C de Toño ante o Touro (3-1 final), os minutos que durou o enfrontamento entre os pupilos de Sueiro e os de Pablo (cos seus múltiples manexos de xogadores: ora cativos, ora grandotes), levaron a tensión ás gradas, pois faltaban catro minutos e o equipo B sorprendía con dous goles de vantaxe, o que lle poñía ao equipo A o campionato moi costa arriba. Os dous goles finais fixeron xustiza ao visto no campo e puxeron as cousas no seu sitio: 6-6. De novo, o título queda no peto da EFL.

Noraboa a xogadores, adestradores e pais/nais dunha categoría na que se vive doutro xeito o deporte e no que sempre permanece a ledicia de ver xogar ao fútbol e divertirse aos máis pequenos.
Ademais, puidemos comprobar que, con chupeta e todo, HAI FUTURO!!!!!

3 comentarios:

Unknown dijo...

Nora nora noraboa a todolos nenos benxamins da EFL!!!!!! Da gusto ver as ganas coas que xogades os partidos, e o ben que o pasamos os pais con todo iso.Moitas felicidades e que o ano proximo sexa igual!!

Unknown dijo...

por favor, poñede mais fotos deste xoves, no campo, na fonte...foi moi divertido. Vivan os entrenadores!!

Anónimo dijo...

xa sei q non ven ao caso pero qeria darlle forzas a lucho o porteiro dos xuvenis q hoxe sufriu un accidente no instituto xogando un torneo.recuperate