1/6/08

Xabier Montoto: Coordinador de Fútbol 11

Da Asemblea da EFL celebrada o pasado xoves, ademais da preceptiva análise deportiva 2007-2008 por parte dos Coordinadores (César de xuvenís, Montoto de cadetes, Richi de infantís, Rafa de alevíns e Sueiro de benxamíns), da presentación das contas da tempada por parte do Tesoureiro (David Alvarellos), un ano máis con superávit, a noticia máis destacada foi a que proporcionou o Secretario, Xavier Galego: Xavier Montoto, trala proposta do Corpo Técnico e da Directiva, despois duns días para meditalo, aceptou ser o coordinador de fútbol 11 para a tempada 2008-2009.Así pois, para a vindeira tempada prodúcese un cambio estrutural no funcionamento deportivo da EFL: en fútbol 7, debido á súa complexidade, séguese co sistema de un coordinador por categoría (alí se aventurou a posibilidade de que Sueiro e Richi coordinen o fútbol benxamín e alevín, aínda que falta confirmalo) e en fútbol 11 óptase pola fórmula dun único coordinador (Montoto).
Tamén cómpre informar que, como nas últimas tempadas, que haxa 2º equipo de cadetes dependerá dos matriculados na Escola, polo de agora non chegan a 30, número que se considerou mínimo para manter os dous equipos. Así pois, quen teña pensado inscribirse, que o faga canto antes, sobre todo nesta categoría (nacidos nos anos 93 e 94).

No hay comentarios: