27/6/09

Coordinación Deportiva e baixas na EFL

Xa que os siareiros da EFL así nolo piden, a partir de hoxe iremos publicando noticias para a vindeira tempada. Tiñamos pensado comezar coa Directiva, pero aínda estamos recopilando os datos completos de todos os seus compoñentes, así que empezaremos pola Coordinación Deportiva e as baixas dos Adestradores en fútbol 11.
COORDINACIÓN DEPORTIVA:
As 5 persoas nomeadas pola Directiva que están traballando no eido deportivo, actuando sempre de xeito conxunto, son:
Richi Vázquez (coordinador categoría benxamíns)
Xabier Sueiro (coordinador da categoría alevín)
Xabier Quiroga (coordinador das categorías do fútbol 11)
Segundo Vázquez (Vicepresidente da EFL)
Xabier Gavieiro (Secretario da EFL)

baixas nos ADESTRADORES:
Como é sabido desde hai tempo, dous dos iniciadores do proxecto da Escola de Fútbol Lalín son baixa para esta tempada.
Trátase de César Reboredo e Xabier Montoto.
Despois de 6 tempadas de dedicación exhaustiva, os dous toman un merecido descanso como adestradores e coordinadores da EFL, á que teñen entregado tanto esforzo e coñecementos. Aínda que resulte unha obviedade dicilo, a sociedade lalinense, e maiormente a deportiva, estaralles sempre agradecida polo seu enorme labor formativo e organizativo. Que esta entrada sirva de sinxelo homenaxe para dúas persoas que, malia non adestraren na tempada 2009-2010, de seguro que seguirán en contacto coa EFL e aportando ideas.
De parte das xeracións de rapaces, de pais e nais, e de compañeiros da EFL:
MOITAS GRAZAS, AMIGOS!!!!!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola boas a todos son un ex xogador da EFL e quero dicirlle a estes dous grandes adestradores cos que tube a oportunidade de que me adestraran dende que empezou a escola, que sen eles o que fixo a escola seria imposible.un saudo moi grande e sorte pa eles!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Quiero expresar mi mas sincero
agradecimiento a los entrenadores
Xabier Montoto y Cesar Reboredo,
por el esfuerzo , entusiasmo e
ilusion con el que han realizado
una gran labor, tanto en lo
deportivo como en lo humano con
todos los jugadores a los que han
dirigido a lo largo de los ultimos
6 años.
Gracias, de todo corazon por
vuestra dedicacion.

Anónimo dijo...

Montoto. o mellor adestrador que tiven en toda a miña carreira deportiva.Hoxe en día teño 19 anos e pasei por moitos adestradores, pero aínda non houbo ninguén tan boa persona, tan amable e tan profesional como este home.