22/7/09

Diego, Xosé Ramón e Javi

Xullo é un mes nos que toca confeccionar os planteis de fútbol 11. Logo virá construír equipos, tarefa de adestradores.
No caso XUVENIL, desde o final da tempada pasada intentamos que se consolide un grupo que recolla boa parte dos xuvenís e dos que pasan de cadetes. Despois dos acordos co CD Lalín (lista de xogadores que interesan a Román, e lista dos nosos inscritos), aínda quedan algúns xogadores cun destino indefinido (Brian, Miguel, Pato, Felipe, etc.). Engadiuse David Currás e decidiu ficar na EFL Diego Mouriño, como informamos. Agora hai que falar de tres puntais que estaban o ano pasado no equipo cadete.
DIEGO: o porteiro de Callobre (que fixera reserva de praza), aínda que tiña unha proposta do Compostela, ven de confirmar que xogará a tempada 2009-10 coa EFL. É o único porteiro xuvenil que temos e a noticia é moi importante para o equipo.
XOSÉ RAMÓN: lesionado de gravidade ao final da tempada anterior e aínda sen recuperar de todo, o de Silleda non fixo reserva de praza na EFL e figura na lista de solicitados polos xuvenís do CD Lalín. Pero ten dúbidas. Desde a Escola queremos o mellor para el (tanto polo seu valor deportivo como polo magnífico comportamento que sempre tivo), e que tome a decisión que crea conveniente. Para iso ofrecémoslle empezar a pretempada cos xuvenis da EFL e realizar un plan de recuperación específico que fortaleza o seu xeonllo. Iso sen ningún compromiso. Logo que el e a súa familia decidan o que consideren oportuno. Agardamos a súa resposta.
JAVI: desde Chapa acaba de confirmar que segue na EFL, o que representa ter unha boa colleita do anterior equipo cadete e asentar un plantel de garantías para a dura liga de 1ª autonómica xuvenil. Benvido tamén.
ULTIMÍSIMA HORA: Xabier Fdez Cabanas, máis coñecido como "Pato", xuvenil procedente dos cadetes e que fixera a reserva de praza, deixa a EFL. Por proximidade á Estrada e outras facilidades, a tempada que ven xogará no Compostela. Desde Lalín desexámoslle o mellor.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

En callobre hay moi boa canteira...

Anónimo dijo...

moita sorte a pato e grazas polos servizos prestados en lalin.
Non te olvidaremos!

Anónimo dijo...

diego rodriguez, si señor, gran porteiro.

Anónimo dijo...

O Callobre sempre tivo grandres xogadores nas xeracións 92/93,boa proba diso Diego e Pato,moita sorte pa eles.

Anónimo dijo...

Mellor que Peña, Pacheco, Mouriño, Alvarellos, Sánchez, Canutas, Manu Lage, Iker, Pablo, Roi, Dani Reboredo, Cambeiro,Mario.....?Mellor que eses?

Anónimo dijo...

a verdade é q a xeración 92/93 da EFL foi ó mellor equipo desta zona por infantiles e cadetes.Moi bos a verdade.

Anónimo dijo...

En ningun momento dixen que a escola de futbol do Callobre fose mellor que a da EFL,so dixen que sempre daban bos xogadores e que non nos viñan mal para reforzar o equipo.Estou de acordo en que a EFL foi o mellor equipo desta zona,pero na Estrada tanto o Callobre como o Sporting dan mois bos xogadores.