27/4/08

CHAMPIONS ALEVÍNS: non puido ser

Era complicado superar o 6-1 da ida e non foi posíbel. Con 2-0 (Adrián e Marcos) aos 10 minutos parecía que a eliminatoria cobraba unha nova cor para a EF Lalín, pero o Orillamar non é un equipo calquera. Teñen física e técnica, e en canto viron que debían aplicarse a tope, o partido cambiou para duro e competido, con ocasións para os dous contendentes. Co 2-1 chegou o descanso nunha mañá de calor. Na segunda parte xa foi querer e non poder. Empatou o Orillamar nun remate de cabeza e a súa maior envergadura e idade impuxo o ritmo ante un equipo, o noso, con maioría de xogadores de primeiro ano. 2-2 final e aí acabou para nós a fase de campións alevín.Aplausos ao remate para xogadores e adestradores (Willy Alonso e Rafa Dacosta) que traballaron toda tempada con seriedade e dedicación. Ademais, hai que felicitalos polo seu magnífico comportamento. Agora chegan os Torneos.

No hay comentarios: