26/4/08

Dani Riádigos volve aos adestramentos

Que Dani Riádigos empece a trotar e a realizar exercicios de recuperación e fortalecemento é unha boa noticia, non só para o xogador, tamén para a EF Lalín e para os infantís, a catro semanas do incio da Fase de Ascenso á Liga Galega. A cuestión é se dará chegado a tempo, pois todos sabemos que non é o mesmo deixar as muletas e facer carreira continua ca estar en forma para competir contra os mellores xogadores e equipos galegos da categoría. Aínda que de Dani podemos agardar sempre o máis positivo, pois a ninguén lle pasan desapercibidas as súas enormes facultades físicas, a pregunta que todos nos facemos agora é: estará entre os convocados por Richi para o primeiro partido, o 18 de Maio?

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu penso que si pois Dani e ou foi un dos meus mellores amigos e sei moi ben que el e moi positivo e a verdade non me conmoveu moito velo en muletas polo feito de que estaba moi contento no noso instituto e en fin gustariame que Dani xogara ese partido porque e moi bo e eu penso que o merece. Moitos bicos

Anónimo dijo...

kem eres ?¿?¿?¿?¿?¿?¿?¿