18/4/08

Co Cadete A ata o final

Ninguén agardaba estas dúas derrotas seguidas do Cadete A ante rivais directos. Mellor dito, contábase solucionar o ascenso neses partidos. Pero a realidade é que este grupo 1 da Liga Galega (lembremos: a categoría máis alta na que a EF Lalín ten equipo) está resultando moi forte e competitiva. Deixando á parte ao Depor B, que non pode ascender, a pelexa por dous postos que leven á División de Honra segue aí. Agora téñeno mellor o Xuventú de Aguiño e o Santiago, pois solucionaron o golaverage con nós e xa só dependen deles, pero polo visto tampouco lles resulta doado gañar a outros rivais. Todos frouxean nos momentos clave. Mesmo o Ferrol, estrepitosamente goleado na última xornada, recuou por méritos propios. En fin, que faltan dous partidos e temos menos posibilidades das que tiñamos hai quince días, pero os seareiros da EF Lalín debemos estar máis ca nunca co equipo que dirixe Montoto. O partido contra o Residencia é outra final, e esperemos que contra o Montañeros B aconteza outro tanto. Cheguen onde cheguen, pase o que pase, os xogadores desta magnífica xeración (con cinco tempadas na EFL e moitos campionatos e ascensos no seu haber) deben saber que o papel realizado nesta dura competición está sendo moi importante. Como importantes son todos eles para nós. Por iso, e porque sempre se entregaron ata o límite e nunca tiraron a toalla, estamos cos cadetes ata o final.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

¿E CERTO QUE DIEGO PEÑA,O PORTEIRO DOS CADETES VAI FACER UNHA PROBA CO ATLETICO DE MADRID?

Xabier Quiroga dijo...

Si. Trátase dunhas probas ás que, voluntariamente, pode acudir calquera xogador. Confirmouno o pai, que é quen o levará a Madrid.

Anónimo dijo...

noraboa peña e moita sorte.