16/4/08

XUVENIL: excelente final

Sirva de homenaxe esta entrada a un equipo que tivo que superar unha Liga moi complicada no grupo 7 da Primeira Autonómica. Non resultaba doado librar dos seis ou sete últimos postos que poden descender (senón que llelo pregunten ao Estradense, ao Santiago, ao Conxo, ao Noia e a outros tres equipos que quedaron no pozo ou que aínda dependen doutros para manterse). Pois eles fixérono. E máis difícil e digno de destacar resulta se contamos coa remodelación que sufriu o equipo nesta xeira, con poucos xogadores da tempada pasada.SOBRESALIENTE, pois, para XOGADORES e ADESTRADOR, un César Reboredo que pelexou contra moitas adversidades e ante o que hai que descubrirse de novo polo seu magnífico traballo.
E se hai un feito que destacar deste equipo, foi o seu espectacular final de Liga, cos sete últimos partidos sen perder. Desde a derrota co At. Melide, o Xuvenil da EF Lalín acadou catro victorias e tres empates, marcando 18 goles a favor e nove en contra, o que fala ben ás claras dunha adecuada planificación e dun comportamento excepcional de todos os xogadores.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Ola que tal?
Ante todo felicitar a todos os xuvenis e a César polo traballo realizado e por lograr a salvación. Pero quero criticar o feito de que este equipo non poida participar na copa do Sar; e sobre todo, polo motivo que existe, xa que ningún dos adestradores da escola quere acompañar a este equipo nos seus partidos os sábados, xa que César non pode.
Creo que merecen seguir competindo coma calquera outro equipo da escola e non ser víctimas dunha discriminación.
Agora os adestramentos non teñen motivación nin fin algún...
En fin, noraboa de novo.