7/4/08

A xornada da EFL

Unha vez superada a fin de semana e postos a valorar, hai esquecer a derrota na Liga Galega do equipo Cadete co Santiago e mirar para os partidos que virán, pois o próximo contrario é o Xuventú de Aguiño, que ven de perder co Depor B. Se ademais o Ferrol patinou na casa, todo segue moi parello. Isto non se acaba por perder un partido.
A alegría déronnola os Xuvenís coa súa avultada vitoria, 5-0 ao Noia, que enterra ao Santiago B e consolida aos de César como un dos mellores equipos deste intenso final de liga. Agora só queda o óso duro de Cruces, xa matematicamente libre do descenso.
Outra festa foi a do 3-2 ao Bandeira do Alevín A de Willy. Cun árbitro cabreado en exceso e marcador 2-2, parecía que aí morría o intento de gañar todos os partidos, pois o título de Liga xa estaba no peto. Sería Jorge Vilas, cun espectacular gol co peito a saque de esquina, o encargado de selar a vitoria nos derradeiros instantes. Non o collemos, pero si a enorme celebración.

No hay comentarios: