15/4/08

Chega a CHAMPIÓNS alevín!!!!

Case sen deixar tempo para dispoñerse, xusto ao remate da competición regular na que o equipo alevín da EF Lalín gañou todos os partidos, procedeuse ao sorteo entre os 32 campións de grupo de toda Galiza. É a emoción da CHAMPIÓNS ALEVÍN. E a sorte está botada.
Partido de ida: sábado,19 de abril:
ORILLARMAR SD-EF LALÍN (resultado 6-1(o equipo notou a falta de Adrián. Marcou Martín, transformando un penalti a Rodrigo))
Campo da Torre, a Coruña. 11.30 horas.
O partido de volta será en Lalín, o sábado 26 ou o domingo 27.
No caso de superar esta ronda, veriámonos as caras o 4 e 11 de maio contra o vencedor do Furia At.-Viveiro. E de superala, xa en cuartos de final, pode que sexa contra o verdugo do ano pasado, todo un Deportivo. Pero haberá que ir ao paso, pois non vai ser doado. MOITA SORTE.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

cando non se da non se pode culpar a ninguen se son mellores os outros so queda felicitalos.

Anónimo dijo...

6-1 O partido de volta será en Lalín, o sábado 26 ou o domingo 27
Xogará Martín e él só darañe a volta o partido .Desexo moita sorte