30/3/08

O alevín A CAMPIÓN de liga!!!

Estaba cantado, pero había que ratificalo coas matemáticas. Por iso o contundente (aínda que pisando o freo) 0-9 ante o Estrada B é clarificador do dominio que o equipo de Willy exerceu nesta tempada sobre os seus rivais. Serviulle para facerse co campionato cando aínda restan 2 xornadas para o remate. E iso que moitos xogadores son de 1º ano e Adrián só xogou os partidos máis complicados.Noraboa, de novo, a todos os alevíns. E agora a preparar a Fase de Campións, onde de seguro non o van ter doado, pero os partidos terán máis emoción.

No hay comentarios: